Oleiros estrea a súa carreira popular cun percorrido de 8,5 quilómetros por Iñás e Nós

ACoruñaXa
A proba partirá ás 12.00 horas da Casa do Pobo de Iñás e combinará tramos urbanos con camiños e sendeiros, incluído o paseo fluvial
I-CARREIRA-POPULAR-CONCELLO-DE-OLEIROS-2026
14 Oct 2026

Oleiros incorporará unha nova cita ao seu calendario deportivo coa celebración da primeira edición da Carreira Concello de Oleiros, prevista para o vindeiro domingo 18 de outubro. A competición terá unha distancia aproximada de 8,5 quilómetros e discorrerá por vías urbanas, camiños e sendeiros das parroquias de Iñás e Nós.

A saída e a meta estarán situadas fronte á Casa do Pobo de Iñás. A carreira comezará ás 12.00 horas e as persoas participantes disporán dun máximo dunha hora e media para completar o percorrido.

A proba está aberta a maiores de 13 anos e non será necesario contar con licenza federativa para participar. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata mañá, martes, cunha cota de cinco euros por persoa.

Con esta primeira convocatoria, o Concello busca ampliar a oferta de actividades deportivas e ofrecer unha oportunidade para combinar o exercicio físico co descubrimento dalgúns dos espazos naturais máis destacados do municipio, entre eles o paseo fluvial.

0.14794015884399