‘NGOMA’ leva a danza contemporánea ao auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros

ACoruñaXa
A proba partirá ás 12.00 horas da Casa do Pobo de Iñás e combinará tramos urbanos con camiños e sendeiros, incluído o paseo fluvial. As inscricións rematan este martes
Imaxe do auditorio Gabriel García Márquez en Oleiros
15 Oct 2026

O auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros acollerá este sábado 17 de outubro, ás 20.30 horas, a representación de ‘NGOMA’, un espectáculo de danza contemporánea que combina o movemento con novas linguaxes escénicas para explorar a memoria e a identidade afrodescendente.

A obra parte da memoria corporal e da enerxía vital do entroido de Santiago de Cuba para construír unha viaxe física e simbólica na que o corpo se converte nun vehículo de expresión cultural. A través da relación entre un pai e unha filla, a proposta afonda na transmisión interxeracional e na maneira en que o ritmo e as experiencias compartidas contribúen a construír a identidade.

‘NGOMA’ reivindica así a conexión coas raíces ancestrais desde unha perspectiva contemporánea. O propio concepto que dá nome á peza remite ao tambor, pero tamén ao rito e ao corpo, elementos que se entrelazan nunha cerimonia danzada que mira cara ás orixes para reencontrarse co presente.

O espectáculo está dirixido a persoas maiores de 12 anos e ten un prezo de catro euros por entrada. A venda anticipada comezará o domingo 11 de outubro, ás 12.00 horas, a través da plataforma www.giglon.com.

As localidades tamén se poderán adquirir na billeteira do auditorio desde unha hora antes do inicio da función. Neste caso, o pagamento só estará dispoñible mediante tarxeta bancaria.

0.15609979629517