Oleiros acollerá unha nova xornada de música na rúa este sábado

ACoruñaXa
O programa levará actuacións en directo a Santa Cristina e Santa Cruz co obxectivo de dinamizar o lecer estival e apoiar a actividade da hostalaría
musica-na-rua-oleiros
24 Jul 2026

O Concello de Oleiros celebrará este sábado 25 de xullo unha nova edición do programa de música na rúa en Santa Cristina e Santa Cruz, unha iniciativa coa que busca promover o lecer durante o verán, impulsar o turismo e dinamizar a actividade dos establecementos hostaleiros.

As actuacións desenvolveranse entre as 20.30 e as 22.30 horas en tres localizacións. Na Praza Afundida de Santa Cristina actuará Nunzia Giannotta, cun repertorio de blues, rock'n roll e soul. Na zona das terrazas da avenida de Santa Cristina será a quenda de Red Planet, que ofrecerá versións de temas pop e rock. Pola súa banda, a Praza do Castelo de Santa Cruz acollerá o concerto de 13 B, cunha proposta centrada no pop, o rock e o blues.

Segundo sinala o Concello, esta programación contribúe a consolidar a imaxe de Oleiros como un destino atractivo e de calidade para desfrutar do verán, ao tempo que favorece a chegada de clientela ás terrazas e impulsa a actividade da hostalaría local.

0.12323689460754