AcorunaXA
Gandarío e Mariña Española encaran o verán con preto de 1.700 prazas para campamentos xuvenís
A Xunta ultima a posta a punto dos dous complexos de Bergondo e Sada, que acollerán actividades náuticas, tecnolóxicas e de lecer a partir do 1 de xullo
A transformación da Travesía de Arteixo estrea un aparcadoiro con 26 prazas
A actuación forma parte da humanización dunha das principais vías do casco urbano, cunha inversión prevista de 3,6 millóns de euros
As traballadoras das escolas infantís municipais da Coruña protestan contra uns pregos que consideran un paso atrás
O persoal denuncia que non se incorporan melloras laborais nin educativas e critica que se premie ás empresas que ofrezan ata 50 horas de traballo en fins de semana
Un TFG da UDC sobre violencia na pornografía recibe o Premio Valedora do Pobo
Jimena Cardona Felipe foi recoñecida polo seu estudo sobre o impacto destes contidos nas prácticas sexuais da mocidade universitaria
A crise das facturas pendentes en Cambre volve ao foco tras as críticas de UxC
A formación asegura que Facenda obriga ao Concello a acollerse a un plan de axuste, nun contexto marcado por anos de pagos atrasados, recoñecementos extraxudiciais e contratos sen regularizar
Curtis rende homenaxe ao Tío Benito do Santo cunha rúa que levará o seu nome
O municipio recoñece a figura de Benito Seoane Paredes, un dos veciños que contribuíu coas súas doazóns ao desenvolvemento da vila durante o século XX
O PSdeG leva ao Parlamento a falta dun comedor axeitado no CEIP Emilio González López de Cambre
Os socialistas denuncian que 80 escolares comen nun módulo provisional pensado para 40 e reclaman á Xunta unha reforma integral do centro
Besteiro reivindica o acordo UE-Mercosur como unha oportunidade para a industria e o emprego en Galicia
O líder do PSdeG defende en Oleiros a apertura de novos mercados para as empresas galegas e aposta pola regularización da inmigración para facer fronte á falta de man de obra
O PSOE de Oleiros acusa a García Seoane de facer 'propaganda' co bus á Universidade
Os socialistas critican a instalación dun autobús vello en Santa Cristina e aseguran que Alternativa non incluía esta conexión no seu programa electoral
O BNG de Irixoa pide manter este verán o autobús gratuíto a Betanzos
A formación reclama ao goberno municipal que recupere o servizo para evitar que a veciñanza sen vehículo quede sen alternativa de transporte
O conflito do metal da Coruña entra en mediación coa primeira reunión convocada para o luns 22
A CIG pide á patronal que acuda con vontade de acordo mentres se manteñen convocadas novas xornadas de folga para finais de xuño e principios de xullo
O pensamento crítico gaña protagonismo nos Premios Isabel Zendal da UDC
A Universidade da Coruña recoñece os mellores traballos de alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional na súa oitava edición
Un autobús avariado en Santa Cristina eleva a presión para conectar Oleiros coa Universidade
O Concello reclama á Xunta unha liña directa desde Perillo aos campus e denuncia que máis de 800 persoas seguen sen unha alternativa eficaz ao coche
A vivenda centra a batalla política na Coruña entre BNG e PP
Mentres os nacionalistas propoñen mobilizar todas as vivendas municipais baleiras, os populares acusan ao Goberno local de bloquear promocións e atrasar axudas á rehabilitación
O Orgullo LGTBI+ volverá encher as rúas da Coruña o 28 de xuño
ALAS A Coruña convoca a manifestación baixo o lema 'Ás rúas con Orgullo! Disidencia e resistencia', con saída ás 19.30 horas desde a praza de Ourense
A Consellería defende o novo ciclo de FP en Carral e pide reconducir a situación
Educación chama a 'reconducir a situación' mentres a comunidade educativa mantén as protestas pola implantación do ciclo de Mantemento de Vehículos
A Xunta destina máis de 276.000 euros a recuperar bancos marisqueiros en Miño
O convenio coa confraría permitirá actuar en máis de 691.000 metros cadrados e sementar un millón de unidades de ameixa fina en Bañobre
A axuda a domicilio reforzarase cun contrato histórico en Arteixo de case 12 millóns de euros
O Concello licitará en xullo o novo servizo, que incrementa o orzamento nun 32% e atenderá actualmente a 218 persoas dependentes
A creatividade de A Escada enche de cor a súa primeira Mostra de Arte
O alumnado do centro ocupacional municipal presenta as obras realizadas nos últimos meses no obradoiro artístico
O hockey base galego vive en Ordes unha final chea de emoción e cun podio local
O Club Patín Zendal Ordes logrou o terceiro posto prebenxamín no seu primeiro ano de vida
Curtis pecha a tempada de atletismo cunha xornada aberta para a mocidade no Polígono de Teixeiro
A clausura das escolas deportivas municipais celebrarase este venres con probas de fondo, velocidade, relevos, lanzamentos e saltos para nenos e nenas de entre 7 e 12 anos
A identidade mariñeira entra nas aulas a través da fotografía no IES O Mosteirón
O alumnado de 3º e 4º da ESO inaugura a mostra 'Entre bateas e mareas', creada dentro do programa Fotografía en Curso
O Santo Domingo Betanzos fai historia co ascenso das infantís a Primeira División galega
O equipo feminino supera a Compañía de María por 67-45 no partido decisivo e culmina unha brillante tempada cun logro inédito para o club
GaliciaXa
Natalia Botana Rey tomou posesión como presidenta de Portos de Galicia
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu o acto celebrado en Santiago




