Novas de Betanzos
Preto de 400 persoas participan na ximnasia de mantemento de Betanzos, que se imparte en oito centros municipais
O programa, de carácter gratuíto, pasou de 120 a 390 participantes dende 2023, mentres o número de grupos se ampliou de 8 a 20 no mesmo período
Betanzos recuperará un pano histórico do teatro Alfonsetti tras décadas gardado nun almacén
A Fundación L. Monteagudo farase cargo do financiamento e execución dos traballos para recuperar esta peza, que permanecía enrolada e en estado de conservación delicado
Educación e sostibilidade danse a man nunha xornada de portas abertas no IES Francisco Aguiar
O centro educativo de Betanzos reunirá o 16 de outubro alumnado, familias, profesorado, empresas e cidadanía para falar de economía circular e responsabilidade ambiental
Betanzos comezará este mes as obras do Centro de Información á Muller, cun investimento de 151.261 euros
O futuro CIM contará cun acceso independente para garantir a privacidade das usuarias e atenderá tamén mulleres doutros concellos da comarca
O Mandeo converterase nun gran escenario do remo coa primeira Regata 'Xoia do Mandeo'
A competición reunirá o 18 de outubro no Pedrido a remeiros infantís, cadetes, xuvenís e absolutos nun percorrido polo río con probas de ata 4.000 metros
O casco histórico de Betanzos limita desde mañá o acceso dos vehículos cun período de proba de tres meses
O novo sistema de cámaras permitirá aos non residentes permanecer ata 30 minutos, mentres o PP cuestiona a falta de información e sinalización antes da súa posta en marcha
O Congreso reclama acelerar a modernización ferroviaria de Ferrol e recuperar máis servizos
A Comisión de Transportes aproba unha iniciativa do BNG que pide resolver este ano o estudo da Variante de Betanzos e avanzar na mellora da conexión ferroviaria con A Coruña
Os coches históricos toman as estradas da provincia cun Rallye Rías Altas que atravesará oito concellos
A proba reunirá 158 pilotos e copilotos e terá tramos cronometrados en Paderne, Irixoa, Aranga e Monfero durante este venres e sábado
Varios concellos de A Coruña extreman as precaucións ante un temporal con refachos de ata 80 km/h
Ordes pecha parques e paseos por seguridade mentres a provincia afronta avisos por vento, choiva e temporal marítimo
O PSdeG reclama máis control sobre o transporte por estrada tras os problemas rexistrados na provincia da Coruña
Besteiro pide á Xunta que revise as liñas, adapte os horarios e reforce a inspección ante as queixas por autobuses cheos, atrasos e usuarios que quedan nas paradas
O PP de Betanzos reclama información sobre as novas restricións de acceso ao casco histórico
Ceci Vázquez critica que, a poucos días da entrada en vigor, a veciñanza descoñeza como se aplicará a normativa e lembra que as sancións non comezarán ata xaneiro
Sete concellos unen forzas para reclamar melloras urxentes no transporte metropolitano
Os municipios denuncian autobuses cheos, atrasos, falta de información e servizos que non pasan polas paradas, e pedirán solucións á Dirección Xeral de Mobilidade
Betanzos reclama á Xunta transparencia sobre o reparto das 25 novas residencias para maiores
María Barral cuestiona os criterios e o procedemento empregados para seleccionar os concellos beneficiarios e lembra que Betanzos non conta con residencia nin Centro de Día públicos
57 equipos e tres campións mundiais: así será o décimo EcoRallye A Coruña
A proba celebrarase do 17 ao 20 de setembro, percorrerá 35 municipios galegos e converterá María Pita nun centro de mobilidade eléctrica
As obras para mellorar o firme das estradas da comarca xa están en marcha con 3,5 millóns de euros
A actuación da Xunta afecta vías de Betanzos, Bergondo, Sada, Oleiros, Oza Cesuras e Ordes, dentro dun programa que permitirá renovar 65 quilómetros na provincia
As danzas do Renacemento e do Barroco chegan este sábado ao Teatro-Cine Alfonsetti de Betanzos
Das Kolorit ofrecerá ás 19.00 horas o concerto 'L'arte di passeggiare', dentro do ciclo Espazos Sonoros, que combina música antiga e patrimonio histórico
A Casa Gótica de Betanzos encara o camiño para volver a mans públicas tras case 20 anos en ruínas
Os informes municipais avalan a súa incorporación ao patrimonio público e a adxudicación podería alcanzar un prezo de arredor de 20.000 euros
Eventos
O BNG reclama ampliar e renovar a área de autocaravanas de Betanzos para atraer máis turismo
A formación nacionalista pide mellorar as instalacións da zona da estación, incorporar conexións eléctricas e crear prazas adaptadas para persoas con mobilidade reducida
O Ineltrón Santo Domingo Betanzos inicia a temporada cun duelo de Copa ante o Culleredo
O conxunto betanceiro afronta este domingo o primeiro partido da Copa Galicia antes de iniciar en outubro a competición de Terceira FEB
A música medieval toma Arteixo este sábado coa apertura do festival Espazos Sonoros
A igrexa de San Tomé de Monteagudo acollerá un concerto de Le Miroir de Musique tras unha visita guiada polo templo
Cinco películas finalistas dos Premios Mestre Mateo poderán verse este mes no Cine Alfonsetti de Betanzos
A programación arrinca o 10 de setembro con dúas sesións de curtametraxes e continuará con tres longametraxes de ficción e documental
O BNG de Betanzos reclama melloras na xestión e salubridade da auga
Antón Tenreiro pide medidas para garantir o subministro ante a situación de prealerta por seca e para evitar futuros cortes de auga
Libros, arte e cultura toman Betanzos cunha nova edición do Festibam
O Museo das Mariñas acollerá os días 12 e 13 de setembro unha fin de semana con propostas para público infantil, familias e amantes da literatura e da creación artística
A alerta pola escaseza de auga mantense en Arteixo e Culleredo e a prealerta chega a outros 16 concellos da comarca das Mariñas
A Xunta mantén os escenarios de escaseza pese ás últimas choivas e sitúa os encoros de abastecemento de Galicia-Costa no 62,5 % da súa capacidade









