Novas de Arteixo
O núcleo de Oseiro contará cunha área de rehabilitación integral para mellorar vivendas e espazos públicos
A nova ARI de Arteixo inclúe 719 vivendas e abrangue os asentamentos do Igrexario, Oseiro, A Raña e a urbanización Sol y Mar
ADOS chama a doar sangue esta semana na Coruña, Arteixo, Cambre e Oleiros polo festivo do 24 de xuño
As reservas dos grupos A positivo e Cero positivo están en niveis baixos, aínda que a Axencia lembra que son necesarias doazóns de todos os grupos sanguíneos
'O que nos une é a paixón por este deporte': falamos con Carlos Bou, presidente de Autocross Arteixo
O presidente da entidade repasa a historia do Circuíto José Ramón Losada, o traballo do voluntariado e o reto de levar 'A Catedral' ao Campionato de Europa
Máis de 130 persoas subirán ao escenario no Festival de Música e Baile Tradicional de Xiradela
A cita reunirá este sábado no Paseo Fluvial de Arteixo a grupos de baile, pandeireta, canto, gaita e percusión nunha das grandes celebracións da cultura popular galega
A transformación da Travesía de Arteixo estrea un aparcadoiro con 26 prazas
A actuación forma parte da humanización dunha das principais vías do casco urbano, cunha inversión prevista de 3,6 millóns de euros
Arteixo abre a tempada de praia con 38 postos de salvamento e seis bandeiras azuis
O dispositivo municipal contará con socorristas, técnicos de primeiros auxilios, dúas lanchas, unha moto de auga e dous quads nas praias do municipio
A creatividade arredor do mar busca novas obras en Arteixo
O prazo para participar no II Certame de Pintura e Debuxo 'Mar de Sorrizo' remata o 19 de xuño e haberá premios para todas as idades.
A praia de Sabón estrea un aparcadoiro gratuíto de 48 prazas xunto ao Porto Exterior
A Autoridade Portuaria investiu 40.000 euros nunha actuación que mellora o acceso ao areal e conecta coa rede peonil e ciclista do litoral de Arteixo
O Consorcio Provincial de Salvamento de A Coruña reforzará a prevención e a formación nos servizos de emerxencias
O organismo que coordina dez parques de bombeiros aprobou novos acordos para mellorar a preparación ante riscos, facilitar prácticas profesionais e modernizar a súa xestión
Os impagos sacoden o final de tempada do Atlético Arteixo
Plantel, corpo técnico e traballadores denuncian atrasos salariais tras rozar o ascenso a Segunda RFEF
As obras no Balneario de Arteixo obrigan a trasladar servizos municipais á Baiuca
O Centro de Maiores e o programa Concilia manterán a atención no Centro de Maiores A Baiuca mentres duren os traballos no edificio
O Atlético Arteixo chama á súa afección para unha cita clave en Santiago
O equipo defenderá no Vero Boquete a vantaxe do 2-1 acadada ante a SD Compostela na ida da final autonómica do playoff de ascenso a Segunda Federación
Un novo parque infantil e unha zona biosaudable completarán a urbanización de Candame, en Arteixo
O Concello de Arteixo adxudicou por 338.000 euros a actuación, que se desenvolverá nunha parcela de máis de 16.000 metros cadrados entre as rúas Aurelio Aguirre e Pastor Díaz
O PSOE pide mellorar a iluminación e os accesos do novo aparcadoiro de Sinforiano López
Os socialistas de Arteixo celebran a apertura do estacionamento, pero reclaman corrixir deficiencias de seguridade e evitar a acumulación de lama na avenida de Fisterra
O teatro afeccionado despide o certame amArte cun drama histórico e unha gala con humor
'El Legado', da compañía segoviana El Telón Negro, representarase este venres no Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía, antes da entrega de premios do sábado
A Festa da Música 2026 celebrarase na provincia da Coruña con quince concertos noutros tantos concellos
Arteixo, Carballo, Cedeira, Cee, Cerceda, Malpica, Melide, Muros, Ortigueira, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Santiso e Vimianzo acollerán as distintas actuacións
As Escolas Deportivas Municipais de Arteixo abren a renovación de prazas para o novo curso
As persoas xa inscritas poderán manter grupo se non superaron o 30% de faltas de asistencia durante o curso 2025/2026
A chave electrónica do contedor orgánico chega a máis núcleos urbanos de Arteixo
O sistema esténdese a Oseiro, Sol y Mar, Vilarrodís, A Pastoriza e Meicende, cunha bonificación do 15% no recibo para os fogares inscritos
A gran noite do deporte coruñés premia éxitos, traxectorias e compromiso de club
A Cea do Deporte reuniu en ExpoCoruña arredor dun milleiro de persoas e recoñeceu a 15 deportistas, clubs e entidades polo seu papel na temporada 2025/2026




