O PSOE de Arteixo denuncia atrasos na aprobación da ordenanza de taxis

ACoruñaXa
Piden a apertura inmediata de negociacións que permitan desbloquear a situación e proceder posteriormente a tramitar outras ordenanzas como regular o control de ruídos e os horarios das terrazas
TAXI ARTEIXO
13 Jun 2026

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo acusa ao Goberno do Partido Popular de evitar a regulación de servizos públicos e normativas clave de convivencia, mantendo “totalmente conxelada” a tramitación da nova ordenanza do taxi ao negarse, din, “a abrir canles de diálogo co sector e coa oposición”.

Os socialistas lembran que o mes pasado esixiron explicacións polo que consideran un “incumprimento sistemático” da  palabra do Goberno local para regular o control de ruídos e os horarios das terrazas, dous textos que, segundo Martín Seco, “levan meses, e mesmo anos, metidos nun caixón”.

Neste contexto, O PSOE acusa ao Goberno local de dar prioridade á ordenanza do taxi para continuar coas outras dúas normativas pendentes. Porén, sinalan, aínda non se iniciou ningunha conversación para estudar as alegacións presentadas polos socialistas nin e contactou, aseguran, coa asociación de profesionais do taxi de Arteixo

Seco pide ao executivo “que se sente a escoitar as demandas de mellora do servizo e dea garantías tanto aos usuarios como aos traballadores do sector”, e esixe a apertura inmediata de negociacións,  as conversacións cos grupos da oposición e, de forma prioritaria, co colectivo de taxistas para consensuar unha ordenanza reguladora que modernice o servizo e mellore as condicións laborais dos profesionais.

0.12960696220398