O Atlético Arteixo chama á súa afección para unha cita clave en Santiago

ACoruñaXa
O equipo defenderá no Vero Boquete a vantaxe do 2-1 acadada ante a SD Compostela na ida da final autonómica do playoff de ascenso a Segunda Federación
ARTEIXO bus atletico
5 Jun 2026

O Atlético Arteixo afronta este domingo 7 de xuño un dos partidos máis importantes da súa tempada. O conxunto arteixán visitará á SD Compostela no estadio Vero Boquete de San Lázaro, ás 18.30 horas, na volta da final autonómica do playoff de ascenso de Terceira Federación.

O equipo chega á cita con vantaxe tras impoñerse por 2-1 no encontro de ida disputado en Ponte dos Brozos. A eliminatoria, con todo, continúa aberta, xa que o que está en xogo é o pase á fase definitiva polo ascenso a Segunda Federación.

Para acompañar o equipo neste desprazamento decisivo, o club organiza un autobús para a afección por un prezo de 10 euros. A saída está prevista para o domingo ás 16.45 horas e o regreso realizarase ao remate do encontro.

As persoas interesadas poden reservar praza a través de WhatsApp no número 671 72 03 78. O pagamento deberá realizarse na oficina do campo o venres, en horario de 16.00 a 19.00 horas, aínda que o club pide avisar no caso de precisar outro horario.

A saída do autobús estará condicionada a completar o 80% do aforo do vehículo. As primeiras 55 persoas inscritas terán a praza garantida e, no caso de que haxa máis demanda, o club contempla a posibilidade de ampliar o desprazamento con máis buses.

As entradas para o partido están á venda a través da plataforma oficial da SD Compostela. O duelo promete un ambiente de máxima tensión deportiva, cun Atlético Arteixo que buscará facer valer a renda lograda na ida e dar un novo paso no seu camiño cara ao ascenso.

0.12268114089966