AcorunaXA
A despedida de Medina Azahara terá parada única en Galicia no Rock in Cambre
A banda andaluza será cabeza de cartel do festival, que se celebrará os días 25 e 26 de setembro con Boikot, Biznaga, Carlangas e Me Fritos and the Gimme Cheetos
Unha fábrica de chocolate e fantasía enche de danza o Teatro Colón
O alumnado do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación protagoniza 'Chocolatia', unha gala de fin de curso inspirada no universo da repostaría
Curtis pecha a tempada de atletismo cunha xornada aberta para a mocidade no Polígono de Teixeiro
A clausura das escolas deportivas municipais celebrarase este venres con probas de fondo, velocidade, relevos, lanzamentos e saltos para nenos e nenas de entre 7 e 12 anos
A identidade mariñeira entra nas aulas a través da fotografía no IES O Mosteirón
O alumnado de 3º e 4º da ESO inaugura a mostra 'Entre bateas e mareas', creada dentro do programa Fotografía en Curso
As escolas infantís municipais levan ao Concello da Coruña unha nova protesta polas condicións laborais
As traballadoras concentraranse este xoves ás 18.00 horas contra uns pregos que, denuncian, non inclúen melloras e abren a porta a traballar en fins de semana
O María Casares de Oleiros gaña un premio galego cun estudo sobre a guerra de Ucraína
O IES Agra do Orzán da Coruña tamén chegou á final do StemBach con dous proxectos sobre intelixencia artificial aplicada ás cidades e resistencia aos antibióticos
A folga do metal forza á patronal a pedir unha mediación no conflito do convenio
Miles de traballadores secundaron a oitava xornada de paro na provincia da Coruña, con mobilizacións na Coruña, Ferrol e Compostela. Se non hai avances, haberá novas folgas o 30 de xuño e os días 2, 7 e 9 de xullo
Novas axudas impulsan o deporte local con apoio a deportistas e clubs de Oleiros
O Concello destina 12.000 euros a deportistas que compiten en probas estatais ou internacionais e abre outra liña para que as entidades deportivas poidan adquirir equipamento
Un obradoiro en Abegondo formará a 20 persoas en emprego verde e mellora de espazos públicos
O programa 'Reserva da Biosfera: Emprego Verde V' terá nove meses de duración e incluirá traballos forestais, actuacións en locais sociais e intervencións en zonas de uso público
O alumnado do CEIP Sada e os seus Contornos converte a vila nun gran mercado mariñeiro solidario
O proxecto MareSada culmina cunha iniciativa que achegou aos escolares ao patrimonio marítimo local e que destinará a súa recadación a unha entidade sen ánimo de lucro
A embaixadora de Ucraína recoñece na Coruña o apoio humanitario da Deputación durante a guerra
Yulia Sokolovska destaca que os equipos médicos enviados desde a provincia 'salvan vidas ucraínas' e agradece a solidariedade mantida desde o inicio da invasión rusa
As praias de Sada prepáranse para un San Xoán con madeira, sardiñas e normas de seguridade
O Concello autoriza as cacharelas previa comunicación ata o 19 de xuño, repartirá 10 toneladas de madeira na Praia das Delicias e celebrará a tradicional sardiñada popular no Curruncho
Veciños alertan do abandono do tramo do río Mendo entre Ponte Taibo e Ponte de Ermida en Oza Cesuras
Denuncian zonas practicamente intransitables, árbores caídas, maleza acumulada, pontes deterioradas e accesos en mal estado nun percorrido que forma parte da contorna da Reserva das Mariñas
O cartel de San Xoán da Coruña xa se pode recoller de balde en tres espazos municipais
A obra, deseñada por Alberto Vázquez, está dispoñible desde hoxe na Oficina de Turismo, Casa Paredes e o Centro Xuvenil O Remanso
Un pleno urxente decidirá a postura municipal sobre a FP Básica no IES de Carral
Alternativa dos Veciños forza unha sesión extraordinaria para reclamar información, participación da comunidade educativa e garantías sobre o novo ciclo de Mantemento de Vehículos
A Praia Grande de Miño recupera area tras os temporais cunha actuación clave para frear a erosión
Costas mobiliza arredor de 2.500 metros cúbicos de area para reforzar unha das zonas máis castigadas do areal antes do inicio da tempada estival
Un simulacro de incendio e rescate mobilizará persoal de emerxencias no parque eólico de Touriñán
A actividade desenvolverase este mércores e poderá implicar a presenza de vehículos especializados, efectivos de intervención e ruídos na contorna
Música, polbo e solidariedade únense en O Burgo para apoiar ás persoas con ELA
A comida popular organizada por AGAELA celebrarase este domingo en Culleredo con actuacións en directo, sorteo solidario e recadación a favor da asociación
Galiza sen Gas denuncia un retroceso na descarbonización tras aumentar o consumo de gas fósil
Durante 2025 descargáronse en Mugardos un total de 26 buques gaseiros. Deles, 14 procedían dos Estados Unidos, 11 de Rusia e un de Angola
Arteixo abre a tempada de praia con 38 postos de salvamento e seis bandeiras azuis
O dispositivo municipal contará con socorristas, técnicos de primeiros auxilios, dúas lanchas, unha moto de auga e dous quads nas praias do municipio
A folga do metal paraliza de novo a actividade na provincia e eleva a presión sobre a patronal
A CIG denuncia o bloqueo do convenio e advirte de que o conflito continuará con novas mobilizacións este mércores, o 30 de xuño e o 1 de xullo
A conta atrás para acceder a unha vivenda pública en Xuxán: a Xunta sorteará 14 pisos en xullo
As novas vivendas de alugueiro accesible na Coruña estarán listas antes de rematar o ano e terán rendas de entre 130 e 190 euros mensuais
Os populares advirten dun posible risco financeiro no Concello da Coruña
Os populares denuncian un déficit de ata 12 millóns en 2025 e cuestionan as previsións económicas do Executivo municipal e do BNG
Veciñanza de Laxe pide revisar a ubicación dunha praza de mobilidade reducida por problemas de accesibilidade
Alternativa traslada ao Concello as queixas pola situación dunha praza reservada que podería dificultar o paso de vehículos de emerxencia




