AcorunaXA
Vía libre á querela de Inés Rey tras finalizar sen acordo o acto de conciliación con Miguel Lorenzo
O portavoz do PP ratifícase no xulgado nas súas acusacións de suposto acoso a funcionarias e a alcaldesa mantén a intención de xudicializar o conflito
GaliciaXa
A Deputación da Coruña e o CSIC únense para protexer as plantas máis ameazadas da provincia
O proxecto estudará os solos e os microorganismos asociados a 42 especies en risco de desaparición presentes na Coruña
Oleiros amplía desde o 1 de xullo os horarios da Aula do Mar e da oficina de turismo de Santa Cristina
Os dous servizos reforzan a súa atención durante o verán para facilitar a información aos visitantes do municipio
A vivenda comunitaria de Vilasantar mellorará accesibilidade e confort con preto de 36.000 euros
A Xunta acometerá traballos de mantemento nas instalacións municipais dentro dun plan de mellora dos centros de maiores
Máis dun cento de espectáculos pechan unha tempada cultural de récord en Sada
A Casa da Cultura Pintor Lloréns rexistrou unha asistencia media superior ao 90% entre setembro e xuño
Culleredo e Ordes brillan con sete medallas no Galego Infantil de natación
Martín e Dani lideraron o medalleiro do Club Natación Culleredo, mentres Blanca asinou tres podios para o Club Natación Ordes en Ourense
O Fumega Fest consolídase como un referente internacional do stoner rock e o doom metal tras o seu éxito en Betanzos
O festival incrementou un 30% a asistencia, atraeu público de distintos países e xa prepara unha terceira edición máis ambiciosa
GaliciaXa
As novas axudas para comedores escolares poderán solicitarse entre o 6 de xullo e o 6 de agosto
As bolsas, de 150€, van dirixidas a usuarios de comedores xestionados por anpas, concellos e centros concertados con rendas de ata 6.000€ per cápita
O Fórum Metropolitano acolle a proxección de 'Ese lugar partido' e un coloquio sobre memoria histórica
A cita comeza ás 19.00 horas e inclúe un debate coa participación de representantes da Fundación 26 de Diciembre
Máis de 2.000 persoas pedalean pola Coruña no Día da Bicicleta
A marcha familiar, organizada polo Concello e Agaxorde, promoveu a mobilidade sostible, os hábitos saudables e a solidariedade con Padre Rubinos
A Agrupación Alexandre Bóveda celebra 50 anos de cultura galega cunha gala no Rosalía de Castro
O evento celebra o 1 de xullo os seus 50 anos cunha gala aberta á cidadanía que reunirá música, humor, danza, audiovisual e literatura
Últimos días para solicitar as axudas ao comedor escolar en Oleiros
As familias teñen ata o 30 de xuño para pedir unha subvención municipal que pode cubrir o 100%, o 60% ou o 40% do custo segundo a súa situación económica
Galzheimer Care presenta na Coruña unha ferramenta para preservar a memoria e a identidade
A entidade dará a coñecer o martes 30 'O libro da miña vida', un recurso pensado para persoas coidadoras e familias
A Real Academia Galega de Belas Artes dedicará o Día das Artes Galegas 2027 á soprano coruñesa María Luisa Nache
A institución recoñece a súa traxectoria internacional e o seu labor docente como unha das grandes figuras da lírica galega do século XX
O parque infantil do Pasatempo será renovado cun investimento de 300.000 euros
A Deputación da Coruña aprobou o convenio de financiamento para executar unha actuación que incluirá novos xogos, pavimento de seguridade e un deseño inspirado no histórico recinto betanceiro
Mojinos Escozíos dará un concerto gratuíto en Culleredo xunto ao Mercado Templario
A actuación será o venres 3 de xullo ás 23.00 horas no paseo marítimo do Burgo, nunha semana con mercado, música e o festival BurgoJazz
GaliciaXa
A Xunta concede 129 axudas para mercar vivenda protexida e esgota os 1,5 millóns dispoñibles
A Coruña foi a cidade con máis concesións, cun total de 69, segundo destacou a conselleira María Martínez Allegue nun encontro con persoas beneficiarias.
A folga do metal da Coruña segue no aire á espera dunha nova proposta da patronal
A CIG-Industria asegura que na mediación deste venres houbo avances, pero aínda insuficientes para desconvocar os paros previstos para o 30 de xuño e o 2, 7 e 9 de xullo
Alternativa acusa o alcalde de Carral de evitar respostas no pleno sobre a FP Básica
O grupo denuncia falta de transparencia, ausencia de planificación e que non se permitise votar os acordos propostos na sesión extraordinaria
A sarabia abre o debate en Oza Cesuras sobre a resposta municipal aos danos
Veciñanza afectada reclama medidas como as activadas en Curtis, onde o Concello abriu un inventario oficial para tramitar posibles axudas
A palabra contada toma A Coruña coa nova edición do Festival Atlántica
A XIV edición levará propostas de narración oral á cidade e a numerosos concellos da provincia cunha programación para público adulto e familiar
O PSOE de Carral leva ao próximo pleno o seu apoio ao Hub Educativo de Sésamo
Os socialistas propoñen que o Concello se adhira ao protocolo de intencións impulsado pola asociación O Val de Culleredo e reclame á Xunta un instituto público con ESO, Bacharelato e FP
O Orgullo LGTBI+ tomará este domingo as rúas da Coruña contra os discursos de odio
A manifestación sairá ás 19.30 horas da praza de Ourense e rematará en María Pita coa lectura do manifesto






