A Coruña pedaleará este domingo nun Día da Bicicleta solidario e familiar

ACoruñaXa
A marcha sairá ás 10.30 horas de María Pita e permitirá colaborar con Padre Rubinos mediante a entrega de alimentos non perecedoiros
A CORUÑA bicicleta
27 Jun 2026

A Coruña celebrará este domingo 28 de xuño unha nova edición do Día da Bicicleta, unha marcha familiar, sostible e solidaria organizada coa colaboración do Concello e da Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde).

A saída será ás 10.30 horas desde a praza de María Pita. O percorrido avanzará polo paseo marítimo ata a rotonda das Escravas e regresará de novo ao punto de partida, utilizando parte da rede ciclable da cidade, que xa supera os 50 quilómetros.

A inscrición é gratuíta e as persoas participantes poderán colaborar coa Institución Benéfico Social Padre Rubinos achegando alimentos non perecedoiros, como aceite, arroz, pasta, legumes, cacao ou café soluble.

A recollida de acreditacións e alimentos realizarase no Centro Comercial Cuatro Caminos este venres 26 de xuño, de 17.00 a 20.00 horas, e o sábado 27, de 10.00 a 20.00 horas.

Tras a marcha, María Pita acollerá actividades para todos os públicos, con clases de zumba, deportes alternativos e inclusivos, xogos tradicionais, sorteos e agasallos.

Como novidade, o sábado 27 ás 19.00 horas celebrarase un percorrido guiado limitado a 25 persoas no que o guía turístico Suso Martínez explicará detalles históricos dalgúns puntos do trazado.

0.121426820755