Novas de Sada
A ARMH pide suspender a poxa de obxectos vinculados ao Pazo de Meirás ata que se acredite a súa propiedade
A asociación rexistrou unha petición ante a Presidencia do Goberno para que a Fiscalía Xeral do Estado promova a suspensión cautelar da venda, prevista para os días 27 e 28 de outubro en Madrid
Dez unidades móbiles de doazón de sangue percorren A Coruña e a súa área esta semana
Carballo, Ortigueira, Cambre, Negreira ou Betanzos son algúns dos puntos polos que pasarán esta semana as furgonetas de recollida, que precisan máis de 400 doazóns diarias para abastecer os hospitais galegos
O BNG reclama que Meirás conte a historia da represión franquista e das vítimas
Néstor Rego pide revisar a declaración como Lugar de Memoria Democrática para dar protagonismo ao espolio, á represión e ao movemento que reclamou a devolución do pazo
Os obxectos privados dos Franco que saíron de Meirás xa están á venda nunha poxa en Madrid
Preto de 700 lotes, entre mobiliario, cadros, porcelanas, fotografías e pezas decorativas, serán ofrecidos os días 26 e 27 de outubro despois de que a familia retirase os seus bens do pazo de Sada
ASPACE Coruña adianta o Nadal para reclamar máis apoio ás familias das persoas con parálise cerebral
A entidade celebrou en Sada o Día Mundial da Parálise Cerebral cunha campaña que reivindica máis recursos, conciliación e apoios para quen coida
Varios concellos de A Coruña extreman as precaucións ante un temporal con refachos de ata 80 km/h
Ordes pecha parques e paseos por seguridade mentres a provincia afronta avisos por vento, choiva e temporal marítimo
O Curruncho recupera a súa escollera e o paseo tras completar as obras contra a erosión
A actuación permitiu reforzar a base da estrutura, repoñer as escaleiras e recuperar a zona axardinada afectada pola perda de area
O río Maior cambiará a súa cara en Sada cunha obra de máis de 7 millóns para reducir as inundacións
O proxecto prevé abrir tramos agora canalizados, crear canles de alivio e transformar o contorno con novas zonas verdes e espazos de lecer
Unha incidencia documental frea de novo a inscrición do Pazo de Meirás a nome do Estado
O Rexistro dá prazo á Avogacía do Estado para acreditar que todos os herdeiros de Franco estiveron personados no procedemento xudicial
Sada organiza unha nova 'Limpadura de Outono' para dar unha segunda vida a moitos obxectos
A iniciativa permitirá levar ou recoller libros, xoguetes, pequenos mobles e outros artigos que aínda poidan ser reutilizados
57 equipos e tres campións mundiais: así será o décimo EcoRallye A Coruña
A proba celebrarase do 17 ao 20 de setembro, percorrerá 35 municipios galegos e converterá María Pita nun centro de mobilidade eléctrica
A memoria das vítimas, no centro do recurso contra a declaración de Meirás como Lugar de Memoria
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña pide revisar a resolución estatal cunha proposta avalada por entidades memorialistas, investigadores e expertos
A memoria das vítimas do franquismo, no centro do recurso contra a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña cuestiona o papel atribuído a Emilia Pardo Bazán e reclama recuperar a denominación oficial de 'Pazo de Meirás'
Andrea Boedo volve facer historia e suma dous metais no Campionato de España
A patinadora de Sada revalida por terceiro ano consecutivo o título estatal nos 100 metros sprint e consegue ademais un bronce nos 300 metros
Sada prepara un curso cheo de actividades con deporte, excursións e propostas para maiores de 55 anos
A programación municipal 2026-2027 inclúe actividades nas parroquias, rutas de sendeirismo e tres saídas para descubrir diferentes recunchos de Galicia
Sada mellora os tres colexios públicos durante o verán con novas actuacións nas súas instalacións
Mentres, a comunidade educativa mantén as súas demandas de máis horas de Educación Física e de pistas deportivas cubertas, pendentes de resposta por parte da Xunta
O mar obriga a reparar a escollera e as escaleiras do Curruncho
Os temporais e a erosión provocaron a perda progresiva de area e afectaron á estabilidade da estrutura situada xunto á zona verde
Eventos
Un drakkar de inspiración vikinga fará escala en Sada esta fin de semana
O Orkan chegará á localidade o sábado 29 de agosto dentro dunha expedición de seis semanas polas costas de Portugal e Galicia
Sada busca ás súas veciñas e veciños centenarios para renderlles homenaxe na Festa dos Maiores
O Concello organiza un recoñecemento o 12 de setembro e pide ás familias que inscriban ás persoas que xa alcanzaron os 100 anos
Unha tarde de merenda, baile e música reunirá os maiores o 12 de setembro
A Festa dos Maiores ofrecerá 450 prazas no Pavillón Municipal, con inscrición previa e acceso por rigorosa orde de chegada
A LXV Sardiñada de Agosto reúne centos de persoas en Sada con 850 quilos de sardiñas
A celebración volveu encher O Curruncho nunha das citas gastronómicas máis tradicionais das festas patronais
Unha explosión de cor, música e diversión toma hoxe o Paseo Marítimo de Sada coa Festa Holi
A celebración comezará ás 19.00 horas nos Xardíns do Paseo Marítimo e volverá reunir centos de persoas nas Festas 2026
A eclipse total de Sol xa está aquí: así se verá nos concellos da comarca da Coruña
O fenómeno astronómico do 12 de agosto deixará máis dun minuto de totalidade en toda a comarca, aínda que haberá pequenas diferenzas segundo o municipio
A Xunta activa a alerta por escaseza de auga no Anllóns e na Costa da Coruña e sitúa en prealerta boa parte das Mariñas
Arteixo e Culleredo entran en alerta, mentres outros 16 concellos da comarca e da súa contorna pasan a prealerta por escaseza moderada










