Novas de Coirós
Pedro Blanco destaca o centro de reciclaxe de Cortizo en Coirós como exemplo do modelo industrial que impulsa o Goberno
O delegado do Goberno en Galicia subliña os 14,7 millóns de euros de apoio público recibidos pola compañía para proxectos de innovación e sustentabilidade
A preocupación aumenta en Coirós tras aparecer de novo cans soltos xunto ás vivendas
Os animais achegáronse ás portas e ventás de varias casas, obrigando a algúns veciños a refuxiarse no interior mentres continúa a espera dunha solución
Máis de 17,7 millóns para conservar a A-6 ao seu paso por Abegondo, Coirós, Aranga, Cambre e Culleredo
O contrato inclúe actuacións de mantemento, seguridade viaria e repintado en 81 quilómetros da Rede de Estradas do Estado na provincia da Coruña
As Mariñas Coruñesas avanzan na definición de novos proxectos para impulsar a paisaxe e a biodiversidade
Os 17 concellos da Reserva de Biosfera traballan nun mapa de oportunidades ambientais con actuacións específicas para cada municipio
A campaña de doazón de sangue busca sumar novos voluntarios este venres en Coirós
Unha unidade móbil instalarase diante do consistorio en horario de tarde para facilitar a participación de toda a veciñanza
A memoria das mulleres de Conxo chegará a Coirós co ciclo 'As tolas que non o eran'
Carmen V. Valiña impartirá o 8 de setembro unha sesión no Centro Social para recuperar historias silenciadas e reflexionar sobre a disidencia feminina
Coirós abre unha nova bolsa de auxiliares para reforzar o Servizo de Axuda no Fogar
O Concello busca cubrir con urxencia unha praza a xornada completa e outra a tempo parcial para atender a demanda actual do municipio
'Queremos que calquera persoa atope o seu sitio no tatami': a filosofía que impulsa o Club ITF Brigantium
O Club ITF Brigantium, instalado agora en Betanzos tras os seus comezos en Coirós, medra cun proxecto que combina Taekwon-Do ITF, kickboxing e Krav Maga
Praias máis limpas e zonas de baño máis seguras este verán na provincia da Coruña
A Deputación da Coruña destina 1,2 millóns de euros a reforzar a limpeza dos areais e o socorrismo en piscinas municipais, praias fluviais, lagos e outros espazos de baño
Dobre triunfo do ITF Brigantium na velada Guerreiros da Terra de Montes
Brais Freire impúxose en K-1 por decisión unánime e Paula Vázquez resolveu o seu debut en muay thai por KO técnico en Cerdedo-Cotobade
A protección das vítimas de violencia de xénero reforza a coordinación en Coirós
A mesa local reuniu representantes do ámbito xudicial, forzas de seguridade, servizos sociais e igualdade para mellorar a atención no municipio e nos concellos conveniados
Un ciclo recuperará en Coirós a memoria das mulleres internadas no manicomio de Conxo
A Deputación da Coruña impulsa 'As tolas que non o eran', unha iniciativa sobre as mulleres silenciadas polo sistema psiquiátrico entre finais do século XIX e comezos do XX
A música municipal pecha curso este xoves en Coirós
Os grupos de coro e guitarra actuarán ás 19.30 horas no salón de actos do centro social, dentro da programación de clausura das actividades municipais
O voluntariado xuvenil reforzará o programa de conciliación de verán en Coirós
O Concello convoca oito prazas para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, que colaborarán como apoio no 'Concilia Coirós 2026' durante xullo, agosto e os primeiros días de setembro
Un programa de autoestima e empoderamento arrinca en Coirós
María Soto impartirá 'Quérome' no Edificio de Usos Múltiples entre o 19 de maio e o 23 de xuño, nunha actividade organizada polo Centro de Información á Muller
As Letras Galegas terán celebración cultural en Ois cunha homenaxe a Begoña Caamaño
A S.C.R.D. Fillos de Ois prepara unha xornada con exposición de carteis e un aperitivo para conmemorar o 17 de maio
A retirada dos cans de Xora queda pendente dunha orde xudicial
A veciñanza de Coirós asegura que unha intervención recente non puido completarse porque non se permitiu o acceso aos animais, mentres continúa a preocupación polos episodios rexistrados na zona do río
Dezaoito ouros sitúan o ITF Coirós Brigantium no máis alto en Cea
O club betanceiro pechou o I Trofeo Concello de San Cristovo de Cea como primeiro clasificado por puntos tras sumar 26 medallas
Reclaman protexer da chuvia a entrada ao centro de saúde de Figueiras
O BNG leva ao Parlamento a demanda para mellorar a entrada ao ambulatorio de Coirós e pide á Xunta que execute unha actuación que considera sinxela e necesaria
Unha nova base náutica reforza a conexión de Betanzos co Mandeo e coa súa ría
O equipamento da Tolerancia permitirá desenvolver actividades ecoturísticas e complétase coa instalación dun pantalán, cun investimento total de máis de 345.000 euros financiado con fondos europeos
Melloras nos viais de O Castrillón para reforzar a mobilidade rural
O Concello de Coirós iniciará de maneira inminente unha actuación integral financiada pola Xunta con 48.600 euros a través do Plan de Infraestruturas Rurais
Sandra Vázquez suma un bronce para o ITF Coirós Brigantium no Campionato de España
A deportista do club brigantino foi terceira en Point Fight -50 quilos nunha cita estatal na que Galicia colleitou sete medallas
Tarambainas e Xacarandaina dominan o XXVI Concurso de Música Tradicional de Xiradela en Arteixo
O certame reuniu no auditorio do Centro Cívico Cultural a preto de 40 grupos de 20 agrupacións galegas, repartiu case 3.000 euros en premios e congregou arredor de 1.000 persoas ao longo da xornada
Aberto o prazo para solicitar praza no programa municipal de conciliación e corresponsabilidade de Coirós
Coirós manterá aberto ata o 30 de abril o período de preinscrición do 'Concilia Coirós 2026', dirixido a menores nadas e nados entre 2010 e 2023 que estean escolarizadas e escolarizados




