Novas de Coirós
Betanzos lidera un plan de emprego para 100 persoas desempregadas xunto a nove concellos da comarca
A iniciativa combinará formación, orientación e prácticas en empresas durante doce meses
Coirós programa catro actividades polo 25N para combater a violencia machista
O CIM organiza charlas, formación, a lectura do manifesto institucional e a proxección dunha curtametraxe entre o 17 e o 27 de novembro no Centro Social, con entrada gratuíta
O Centro Social de Queirís renova as súas instalacións para mellorar a eficiencia enerxética
As obras incluíron a instalación dun sistema de illamento térmico exterior, novas carpintarías e acristalamentos, aerotermia e ventilación con recuperación de calor
A Xunta reorganiza os buses interurbanos da Coruña entre as críticas pola saturación e a falta de prazas
A nova terminal da intermodal abrirá o 3 de novembro e obrigará a modificar os percorridos de cinco corredores de acceso á cidade, mentres o PSOE de Arteixo, o BNG e varios concellos reclaman melloras no transporte metropolitano
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas busca representante xuvenil para un mandato de catro anos
As candidaturas están abertas ata o 2 de novembro e poden presentarse persoas de entre 18 e 35 anos vinculadas a algún dos concellos do territorio
As familias de Coirós xa poden solicitar as axudas para material escolar e transporte do curso 2026/2027
O Concello reserva 11.500 euros para estas dúas liñas de apoio, con achegas de ata 150 euros para material e de ata 900 euros para transporte
O PSdeG alerta da situación sanitaria en Curtis e denuncia falta de persoal en varios centros da comarca
Silvia Longueira asegura que unha médica tivo que deixar a consulta para trasladar pacientes ao CHUAC e reclama á Xunta medidas para evitar que a situación se repita
Coirós recibe o outono a ritmo de rock cunha noite de catro bandas
O II CoiRock reunirá este sábado no Campo da Festa a Graxa, Bad Whiskey, A Banda do Elías e Samesugas cunha entrada gratuíta
O caos do transporte na Coruña e Ferrolterra reabre o debate sobre como moverse sen coche
ADEGA reclama máis capacidade e planificación nos autobuses, recuperar o tren de proximidade e mellorar as conexións para bicicletas ante o aumento de usuarios e as queixas por atrasos e falta de prazas
A veciñanza de Coirós mobilízase para recuperar o Miradoiro de Espenuca e frear o deterioro da súa contorna
Unha iniciativa veciñal promove unha recollida de sinaturas tras denunciar problemas de conservación, risco de incendios e posibles perigos pola caída de árbores xunto á igrexa e o cemiterio
A Reserva de Biosfera colaborará na recuperación do miradoiro de A Espenuca
O Concello de Coirós avanza na posta en valor dun enclave de gran valor paisaxístico e arqueolóxico tras completar diferentes trámites e actuacións
A música tradicional tomará Queirís cunha nova foliada aberta para todo o público
A VIII Foliada de Queirís celebrarase o sábado 19 de setembro con música e baile tradicional, o concerto de Maghúa Pandereteiros e unha cea baixo carpa
O BNG de Coirós reclama modernizar os espazos culturais e facilitar o traballo das asociacións
A formación levará ao Pleno unha proposta para ampliar o Centro Social, crear locais de ensaio e dotar o novo auditorio da Cortella de equipamento técnico
Os veciños de Coirós reclaman recuperar o Miradoiro de Espenuca ante anos de abandono e deterioro
Unha charla coloquio o 19 de setembro poñerá o foco no estado da contorna e na necesidade de actuar para preservar un dos enclaves paisaxísticos e culturais máis destacados da zona
A alerta pola escaseza de auga mantense en Arteixo e Culleredo e a prealerta chega a outros 16 concellos da comarca das Mariñas
A Xunta mantén os escenarios de escaseza pese ás últimas choivas e sitúa os encoros de abastecemento de Galicia-Costa no 62,5 % da súa capacidade
Un rally sostible percorrerá 35 concellos galegos e chegará ata a 'fin do mundo' en Fisterra
O 10º Repsol EcoRallye A Coruña cubrirá case 587 quilómetros entre as provincias da Coruña e Lugo, con 14 tramos de regularidade e paradas en Vimianzo, Fisterra, Coristanco e As Pontes
Dez anos reclamando unha solución e unha árbore sobre un cable eléctrico: a desesperación duns veciños de Coirós
Unha familia de O Combarro denuncia o crecemento descontrolado de tuias e maleza xunto á súa finca e asegura que pediu axuda a distintas administracións sen obter unha solución
Eventos
OcioenGalicia
Cocido de Porco Celta de Sarria
OcioenGalicia
129 aniversario de Avelino Díaz en Riotorto y Meira
Pura Ferreño será a candidata do BNG á alcaldía de Coirós nas eleccións municipais de 2027
A actual portavoz municipal foi escollida por unanimidade pola Asemblea Local e encabezará un proxecto co que a formación nacionalista aspira a gobernar o Concello
A Xunta activa a alerta por escaseza de auga no Anllóns e na Costa da Coruña e sitúa en prealerta boa parte das Mariñas
Arteixo e Culleredo entran en alerta, mentres outros 16 concellos da comarca e da súa contorna pasan a prealerta por escaseza moderada
O BNG de Coirós reclama a rotonda de Queirís tras un novo accidente na N-VI
A formación nacionalista considera que a sucesión de sinistros neste cruzamento evidencia un problema de seguridade viaria que debe ser abordado con urxencia
A eclipse na comarca da Coruña: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello
A área da Coruña gozará de ata 86 segundos de totalidade nun fenómeno histórico que converterá o día en noite durante uns instantes.
Queirís prepárase para unha Festa de Verán con churrascada, actividades infantís e música en directo
A cita será o 8 de agosto na Antiga Escola e contará con inchables de auga, cea popular e as actuacións de Bafana Bafana e Faíscas da Pontraga
Betanzos, Abegondo, Coirós e Paderne impulsan un programa de emprego para formar a 16 mozos en atención sociosanitaria
A iniciativa, financiada con preto de 484.000 euros, ofrecerá formación e un contrato de traballo durante un ano a persoas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
O BNG de Coirós alerta do risco para o abastecemento de auga e reclama medidas urxentes ao Concello
A formación pide información sobre o estado da captación de Fervencedo e insiste na necesidade de planificar novos investimentos para garantir o subministro







