Coirós ensinará a elaborar un bálsamo artesanal con ingredientes naturais

ACoruñaXa
O obradoiro de cosmética ecolóxica celebrarase o mércores 2 de setembro na Biblioteca Municipal, con prazas limitadas
COIRÓS cosmetica natural
22 Aug 2026

A Biblioteca Municipal de Coirós acollerá o próximo mércores 2 de setembro un obradoiro de cosmética ecolóxica no que as persoas participantes poderán coñecer as diferenzas entre a cosmética convencional e a natural e aprender a elaborar o seu propio bálsamo artesanal.

A actividade desenvolverase entre as 17.00 e as 19.00 horas e estará impartida por Biophilia Axencia Ambiental, que achegará ás persoas asistentes ao uso de ingredientes naturais e ás posibilidades que ofrece este tipo de cosmética.

Durante a sesión, ademais de coñecer as principais diferenzas entre os produtos convencionais e as alternativas naturais, os participantes poderán experimentar coa elaboración dun bálsamo artesanal, adquirindo coñecementos que posteriormente poderán aplicar na casa.

O obradoiro está pensado como unha actividade práctica e divulgativa, ligada tamén ao consumo responsable e ao coñecemento dos recursos naturais.

As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición a través do teléfono 981 796 088, extensión 5, ou mediante o correo electrónico biblio@coiros.es.

A actividade está organizada no marco da programación da Biblioteca Municipal de Coirós, coa colaboración do Concello e da Rede de Bibliotecas de Galicia.

0.089437961578369