Novas de Cambre
A eclipse na comarca da Coruña: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello
A área da Coruña gozará de ata 86 segundos de totalidade nun fenómeno histórico que converterá o día en noite durante uns instantes.
Arrancan as obras para renovar o paseo fluvial do río Mero cun investimento de máis de 870.000 euros
As actuacións mellorarán pasarelas, sinalización, drenaxes e zonas verdes ao longo de 17 quilómetros, con cortes puntuais durante a execución dos traballos
Cinco bandas locais subirán ao escenario do Rock in Cambre tras a primeira Batalla de Bandas
O Concello abre o prazo de inscrición para un novo certame que dará a grupos da contorna a oportunidade de actuar xunto a Medina Azahara, Boikot, Biznaga, Carlangas e Me Fritos and the Gimme Cheetos
A ría do Burgo acollerá unha xornada de limpeza de residuos aberta á participación cidadá
O Grupo Naturalista Hábitat organizará o 28 de xullo unha actividade gratuíta de voluntariado na contorna da ría, ao seu paso por Cambre
A Xunta inviste preto de 100.000 euros na mellora de tres centros educativos de Cambre
As actuacións inclúen obras no CEIP Portofaro, no CEIP Emilio González López e no IES Alfonso X O Sabio para modernizar as instalacións e mellorar a súa conservación
Varias zonas de Cambre sufrirán cortes de luz puntuais este luns por melloras na rede eléctrica
A empresa distribuidora executará tarefas de mantemento na Casilla e Chas que interromperán o servizo durante media hora
A unidade móbil de ADOS recorrerá Cambre para recoller doazóns de sangue urxentes neste mes de xullo
A campaña de solidariedade fará tres paradas de carácter estratéxico na Barcala, o Temple e a capital municipal co fin de garantir as reservas dos hospitais galegos
Máis de 17,7 millóns para conservar a A-6 ao seu paso por Abegondo, Coirós, Aranga, Cambre e Culleredo
O contrato inclúe actuacións de mantemento, seguridade viaria e repintado en 81 quilómetros da Rede de Estradas do Estado na provincia da Coruña
A ciencia toma Casa Arrigada con tres obradoiros gratuítos para a mocidade de Cambre
O programa 'Ciencia no Verán' ofrecerá actividades sobre experimentos, estampación de camisetas e observación dunha eclipse para mozos e mozas de 12 a 15 anos
Cambre abre o prazo para solicitar praza no Programa Mañanceiro do curso 2026-2027
As familias poderán presentar as solicitudes entre o 7 de xullo e o 7 de agosto para acceder ao servizo municipal de atención e almorzo antes do inicio das clases
Máis de 870.000 euros para renovar e conservar a contorna do río Mero en Cambre
As actuacións permitirán rehabilitar pasarelas, mellorar a sinalización e reforzar o mantemento dun dos principais espazos naturais e de lecer do municipio
As sirenas de Cecebre soan hoxe en Cambre nun simulacro de prevención ante inundacións
A proba realizarase arredor das 12.00 horas dentro do plan INUNGAL e non supón ningún risco para a veciñanza
A falta de auga no verán reabre o debate sobre a xestión conxunta en catro concellos das Mariñas
O BNG propón que Bergondo, Cambre, Oleiros e Sada estuden unha fórmula común para o servizo e reclama dous novos depósitos nestes dous últimos concellos
Un corte de tráfico en Cambre acompañará unha noite de San Xoán marcada polo risco de incendio
A rúa Polígono estará pechada desde as 20.00 horas deste martes ata as 4.00 horas do mércores entre o inicio da vía e a confluencia coa rúa Abeleira
O CHUAC pide prudencia en San Xoán ante o aumento de queimaduras durante a noite das fogueiras
A Unidade de Queimados lembra que moitos accidentes están ligados a imprudencias e ao consumo de alcohol, e advirte de que algunhas lesións poden deixar secuelas de por vida
A investigación polos contratos verbais en Cambre queda arquivada de forma provisional
O Concello recorre a decisión xudicial ao entender que existen indicios para continuar co procedemento contra o exalcalde Óscar García Patiño
Javier Rodríguez Moreno revalida o título e convértese en tetracampión de España absoluto
O deportista do Club Halterofilia Cambre logrou o seu cuarto Campionato de España consecutivo na categoría de máis de 110 quilos
A crise das facturas pendentes en Cambre volve ao foco tras as críticas de UxC
A formación asegura que Facenda obriga ao Concello a acollerse a un plan de axuste, nun contexto marcado por anos de pagos atrasados, recoñecementos extraxudiciais e contratos sen regularizar
A despedida de Medina Azahara terá parada única en Galicia no Rock in Cambre
A banda andaluza será cabeza de cartel do festival, que se celebrará os días 25 e 26 de setembro con Boikot, Biznaga, Carlangas e Me Fritos and the Gimme Cheetos
Dous proxectos educativos de Cambre e Oleiros, entre os mellores de Galicia sobre a eclipse
O CEIP Portofaro e o CPR Plurilingüe Hijas de Cristo Rey foron recoñecidos pola Xunta nunha xornada na Cidade da Cultura con preto de 500 estudantes
A escola Sementeira celebra o final de curso sobre o escenario
O alumnado ofrecerá dous concertos os días 11 e 12 de xuño no Auditorio do Parque da Igrexa de Cambre
Unha 'verbena underground' sumarase ao cartel do Rock in Cambre 2026
Me Fritos and the Gimme Cheetos incorporan ao festival a súa mestura de punk-rock melódico, humor e versións convertidas en festa colectiva
O parque infantil de Francisco Rodríguez inicia unha renovación integral no Temple
A actuación conta cun investimento de 121.531 euros e permitirá modernizar os xogos, o pavimento, o mobiliario urbano, o peche perimetral e as zonas verdes
O patinaxe de Cambre e Carral brilla no Campionato de España de parellas de danza
María Bilbao e Iago Cacheiro proclamáronse subcampións estatais, mentres Zaira Sánchez e Fabián Martínez completaron a participación do CP Alquimia cunha destacada quinta posición




