Novas de Cambre
Luz verde a uns orzamentos de 19,1 millóns mentres o Consorcio As Mariñas encara a nova recollida
A entidade supramunicipal prevé licitar de maneira inminente o servizo e segue á espera de que A Coruña lle remita os pregos do tratamento en Nostián
Un calendario para correr a provincia de punta a punta
O XII Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña suma 36 probas ao longo de 2026 e deixa dúas citas destacadas en Ordes e Cambre
Cinco medallas impulsan o gran momento do Judo Club Cambre no campionato escolar galego
O equipo sumou un ouro, unha prata e tres bronces en Marín e contará con representación no Campionato de España que se disputará en Palma de Mallorca
Alternativa move ficha para abrir os locais sociais ao uso veciñal en Cambre
O grupo presenta un borrador para reformar a ordenanza e pide actualizar as concesións anuais tras catro meses de espera desde o acordo plenario
O PSOE de Cambre acusa ao goberno local de vetar no pleno o debate sobre as axudas ás asociacións
Os socialistas de Cambre aseguran que a alcaldesa impediu abordar unha moción para desbloquear as subvencións pendentes desde 2022 e reclamar medidas urxentes de apoio ao tecido asociativo
Brais Pazo leva para Cambre o triunfo júnior do XV Circuíto Teense
A cita disputada en Teo reuniu categorías júnior e máster, contou con 64 inscritos e desenvolveuse sobre un trazado de seis voltas con saída e meta en Sestelo
Cambre revive a súa crise política
O grupo veciñal Alternativa dos Veciños rexeita participar nun cambio de goberno e o Concello volve quedar atrapado nun escenario de inestabilidade que vén de atrás, con dous alcaldes dimitidos, un executivo do PP en minoría e anos de bloqueo institucional
As Mariñas abre a renovación do seu comité de ética para reforzar a intervención social
O Consorcio activa a convocatoria para incorporar novas vogalías ao CEIS, un órgano que asesora sobre os dilemas éticos nos servizos sociais e busca mellorar a atención á veciñanza
O CEIS As Mariñas reforza o seu papel como referencia ética nos servizos sociais coa Memoria 2025
O documento recolle un ano de formación, traballo interdisciplinar e presenza en foros estatais, ademais da creación dun grupo de proximidade orientado ao Servizo de Axuda no Fogar
ADEGA leva a Culleredo e á Xunta a denuncia por verteduras recorrentes no río Valiñas
A asociación ecoloxista fala dun ‘risco real’ para a saúde pública e para o ecosistema, e sinala dous puntos de alivio de fecais, un en Culleredo e outro en Cambre, que se activarían con episodios de choiva intensa
Morás terá listo o novo parque comarcal de bombeiros para substituír o de Sabón
O Concello de Arteixo recepcionará o edificio o vindeiro día 9, unha infraestrutura de 1.300 metros cadrados e un investimento superior a 1,2 millóns de euros que dará servizo tamén a Cambre, Carral, Culleredo e Oleiros
María Pan declara como investigada polo caso das horas extra da Policía Local
A exalcaldesa, que era responsable de Economía e Facenda cando se fixeron os abonos baixo sospeita, compareceu no Xulgado de Instrución número 5 da Coruña nun procedemento que analiza pagos por uns 565.000 euros e que tamén salpica ao seu antecesor, Óscar García Patiño
Tres horas para aprender defensa persoal feminina nun curso gratuíto en Cambre
A cita será o sábado 28 de febreiro, de 10.00 a 13.00 h, no Centro Judo Club Cambre e forma parte do programa provincial da Deputación para mellorar a seguridade e a confianza das participantes
Dous detidos tras atribuírlles unha vaga de roubos en garaxes e rochos da contorna coruñesa
A operación 'Currelos' da Garda Civil sitúa os arrestados (veciños de A Laracha e Arteixo) detrás dunha trintena de asaltos en Arteixo, Carral, Cambre, Cerceda, Culleredo e Oleiros
O Graxal acolle este sábado o festival polo X aniversario de Musicambre
A cita, con entrada libre, arrinca ás 18.00 horas no centro sociocultural do Temple e contará con actuacións corais e bandas como Surfatas, Purple Nite e Malasömbra
A Deputación leva a Navartur a súa aposta por un turismo con territorio, sostibilidade e identidade
A institución provincial estrearase na feira de Pamplona coa CMAT, o xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo e catro Plans de Sostibilidade
O qigong chega a Cambre cun obradoiro aberto á veciñanza
Cambre acolle o sábado 21 de febreiro un obradoiro de 17.00 a 20.00 no Local Social da Terceira Idade, con inscrición aberta e prazas limitadas
Unanimidade no Parlamento para urxir medidas que reactiven a produtividade marisqueira na ría do Burgo
O BNG impulsou unha iniciativa que pide actuacións inmediatas, melloras básicas para as mariscadoras e un compromiso para chegar con garantías á próxima campaña de Nadal
Lara Fernández acada o ouro galego en parellas cadetes na resistencia de Vilagarcía
A ciclista de Cambre proclamouse campioa autonómica xunto a Carla Hermida no Campionato de Galicia de BTT Resistencia, unha cita que reuniu preto de 300 participantes no circuíto do monte Xiabre
Sen tren entre Ferrol e A Coruña: Renfe mantén cortada a liña tras o accidente dun mercadorías en Cambre
A previsión é recuperar as frecuencias o 18 de febreiro
Tres triunfos cadetes do Club Ciclista Cambre na 3H de Camariñas e liderado na Copa Galicia
Lara Fernández e María Vázquez con Ramón Iglesias gañaron na cita do Ariño, penúltima xornada do circuíto autonómico
A Deputación abre 225.000 euros en axudas para asociacións veciñais e de mulleres co foco no rural
O prazo para pedir as subvencións remata o luns 16 de febreiro, ás 14.00 horas, e a tramitación faise por vía telemática a través de SUBTEL
Vento forte e medidas preventivas polos avisos laranxas na comarca coruñesa
A Xunta suspende as actividades escolares no exterior e a práctica deportiva federada ao aire libre desde as 12.00 horas do mércores 11 ata as 0.00 do xoves 12, e varios concellos activan peches en instalacións municipais
Máis horas de axuda no fogar e reforzo dos equipos sociais en 2026 na provincia da Coruña
A Deputación investirá 8.855.329 euros para financiar 377.991 horas do SAF e a contratación de 177 profesionais en concellos de menos de 20.000 habitantes




