Os baixos sen actividade de A Barcala poderán transformarse en vivendas

O Concello de Cambre poderá autorizar o cambio de uso de locais comerciais a vivendas na urbanización de A Barcala, unha medida que abre a porta a recuperar baixos actualmente sen actividade e convertelos en novos espazos residenciais.
A alcaldesa, Diana Piñeiro, destacou que esta resolución permitirá 'dar saída a numerosos baixos comerciais actualmente baleiros e facilitar novas alternativas residenciais nun contexto marcado pola falta de vivenda e polos elevados prezos do alugueiro'.
Desde o goberno local explican que a transformación dos locais non será automática. Cada propietario deberá presentar un proxecto técnico redactado por un arquitecto e solicitar a correspondente licenza municipal, de maneira que cada caso será analizado de forma individual.
Piñeiro insistiu en que todas as actuacións deberán realizarse dentro da legalidade e cumprir estritamente os requisitos técnicos, urbanísticos e de habitabilidade. O obxectivo, segundo subliña o Concello, é garantir que os futuros inmobles sexan vivendas dignas, seguras e adaptadas á normativa vixente.
A decisión foi ben acollida polos propietarios dos baixos, que ven nesta posibilidade unha oportunidade para recuperar espazos sen actividade e darlles un novo uso residencial. A partir de agora, cada proposta deberá tramitarse de maneira individual e cumprir cos requisitos técnicos esixidos.
Los propietarios, que mantuvieron esta semana una reunión informativa, recibieron la medida como un avance después de meses de gestiones para desbloquear la situación de los locales vacíos. El colectivo valora que ahora se abra una vía de diálogo con el Ayuntamiento para estudiar una solución que permita transformar estos espacios en viviendas siempre dentro de la legalidad.
O cambio de uso dos baixos chega nun momento no que diferentes municipios da área coruñesa estudan fórmulas para ampliar a oferta residencial ante a escaseza de vivenda dispoñible e o incremento dos prezos do alugueiro. En Cambre, a medida céntrase polo momento na urbanización de A Barcala, onde existen locais comerciais sen actividade que poderían adaptarse a uso residencial sempre que reúnan as condicións esixidas.