Aberto o prazo para anotarse no Campamento Urbano de Verán 2026

ACoruñaXa
O programa, dirixido a alumnado de infantil, primaria e 1º da ESO, desenvolverase en xullo e agosto no CEIP Wenceslao Fernández Flórez
CAMBRE pista CEIP Wenceslao Fernández Flórez
14 Apr 2026

O Concello de Cambre abriu o prazo de inscrición para o Campamento Urbano de Verán 2026, unha proposta pensada para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares e ofrecer unha alternativa de lecer ao alumnado máis novo do municipio.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de educación infantil, primaria e 1º da ESO, e levarase a cabo durante os meses de xullo e agosto por quendas no CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

O período para presentar as solicitudes permanecerá aberto do 14 ao 30 de abril de 2026, ambos incluídos. As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición a través da sede electrónica do Concello de Cambre ou ben nos rexistros municipais, dentro do prazo establecido.

Desde o departamento organizador lembran que a documentación necesaria para completar o trámite xa está dispoñible. Entre os impresos que se poden descargar figuran a solicitude de inscrición, a información xeral do campamento e a autorización para a consulta dos datos de renda.

Para resolver dúbidas ou solicitar máis información, o Concello pon á disposición das familias o Departamento de Educación, no teléfono 981 613 291 e no correo electrónico educacion@cambre.org.

0.24555492401123