Política
O PP denuncia o mal estado do carril bici que une Mesoiro coa Universidade e reclama unha limpeza urxente
Miguel Lorenzo asegura que a maleza invadiu tanto o itinerario ciclista como a zona peonil e reclama máis mantemento nos barrios da Coruña
Os socialistas de Oleiros levan ao TACGAL a subida de 81.152 euros no contrato de limpeza viaria
O PSdeG-PSOE reclama a nulidade do incremento aprobado polo Goberno local e cuestiona que se pague máis por limpar as mesmas rúas
O PSdeG pide ao Ministerio de Pesca revisar o reparto da cota de sardiña para evitar que barcos galegos deixen de faenar
O secretario de Pesca do PSdeG Provincial da Coruña traslada ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, a preocupación pola situación da frota do cerco e reclama un sistema máis flexible
Pura Ferreño será a candidata do BNG á alcaldía de Coirós nas eleccións municipais de 2027
A actual portavoz municipal foi escollida por unanimidade pola Asemblea Local e encabezará un proxecto co que a formación nacionalista aspira a gobernar o Concello
O Goberno de Culleredo reprocha ao PP que critique a falta de investimentos en Fonteculler tras non apoiar o seu financiamento
O Goberno municipal defende que a licitación da transformación integral da avenida, por preto de 827.000 euros, evidencia a diferenza entre as críticas do Partido Popular e a súa posición no pleno
O futuro do CEIDA volve quedar pendente da renovación do convenio e da dirección
O Concello de Oleiros denuncia que os trámites levan meses sen avanzar, mentres a Xunta defendeu en maio a continuidade e o funcionamento do centro ambiental
O BNG de Coirós reclama a rotonda de Queirís tras un novo accidente na N-VI
A formación nacionalista considera que a sucesión de sinistros neste cruzamento evidencia un problema de seguridade viaria que debe ser abordado con urxencia
O PSOE de Oleiros recorre a modificación do contrato da limpeza viaria e pide a súa anulación
Os socialistas denuncian un sobrecusto de máis de 81.000 euros e cuestionan tanto o procedemento seguido polo Goberno local como a legalidade do acordo
O PP de Culleredo reparte gafas homologadas e recomenda tres puntos do municipio para seguir a eclipse
A formación popular distribúe lentes de protección gratuítas na súa sede e difunde unha guía con consellos para observar o fenómeno con seguridade
O BNG propón axudas para as vivendas de Bergondo que aínda carecen de saneamento
A formación nacionalista plantea bonificar o baleirado das fosas sépticas mentres non se complete a rede municipal e reclama que a medida se leve á práctica tras ser aprobada no pleno
O PSOE insiste en reclamar a recuperación do Torneo de Chave das festas de Arteixo tras a súa cancelación
Os socialistas critican as explicacións ofrecidas polo Goberno local no pleno e piden que a competición tradicional regrese á programación do Apóstolo en 2027
O PSOE reclama recuperar a programación cultural e deportiva nas festas do Apóstolo en Arteixo
Os socialistas consideran que os festexos perderon contido e acusan ao goberno local de limitarse á contratación de orquestras
O Consorcio As Mariñas pedirá unha reunión urxente con Inés Rey tras a xuntanza sobre a área metropolitana
José Antonio Santiso critica a exclusión da maioría dos concellos da entidade e reclama que calquera proceso se desenvolva desde o consenso e a participación de todos os municipios
O BNG de Ordes denuncia un aumento das irregularidades na xestión municipal e reclama actuacións
Os nacionalistas critican o incremento de contratos vencidos e reparos da intervención e urxen solucións para a depuradora e a calidade da auga no Mesón do Vento
O PSOE de Carral acusa ao PP e aos concelleiros non adscritos de impedir o debate de tres mocións no pleno
Os socialistas critican a falta de acordos na sesión e alertan da incerteza sobre o futuro da FP Básica e do acceso á vivenda no municipio
O BNG pide ao Goberno local que informe das negociacións para recuperar as atraccións nas festas de San Roque
A formación nacionalista reclama alternativas de lecer para a mocidade e solicita coñecer o estado das conversas cos feirantes ante a incerteza sobre a instalación das atraccións
O PSOE de Arteixo reclama á Xunta unha reforma urxente da Atención Primaria
Os socialistas levan ao pleno unha moción na que denuncian a falta de profesionais, as longas esperas para conseguir cita e propoñen medidas para reforzar o sistema sanitario público
O BNG acusa ao Goberno local de manter paralizada a Fundación Luís Seoane
Mercedes Queixas denuncia a falta de avances na elección da dirección definitiva e reclama a convocatoria do Padroado para aprobar as contas, o orzamento e o plan de traballo da entidade
O BNG de Coirós alerta do risco para o abastecemento de auga e reclama medidas urxentes ao Concello
A formación pide información sobre o estado da captación de Fervencedo e insiste na necesidade de planificar novos investimentos para garantir o subministro




