O PP de Culleredo reparte gafas homologadas e recomenda tres puntos do municipio para seguir a eclipse

O Partido Popular de Culleredo puxo en marcha unha iniciativa para animar á veciñanza a seguir con seguridade a eclipse solar total prevista para o 12 de agosto. A campaña inclúe o reparto gratuíto de gafas homologadas e a difusión dunha pequena guía con recomendacións para a observación do fenómeno astronómico.
A formación popular sinala tres emprazamentos do municipio como lugares idóneos para contemplar a eclipse: o Castelo, o Monte das Arcas e o Paseo do Burgo. Ademais, anima á cidadanía a propoñer outros puntos desde os que seguir este acontecemento.
As persoas interesadas poden recoller as gafas homologadas de balde na sede local do PP, situada na Avenida Acea de Ama, na rúa Condes de Traba, 2, baixo 1, ata esgotar existencias.
O PP de Culleredo lembra tamén a importancia de utilizar protección homologada para observar o Sol e agradece o asesoramento prestado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e polo seu presidente, Óscar Blanco, na elaboración da guía divulgativa.