Infraestructuras
A Xunta prepara a exposición pública do último tramo da Vía Ártabra, cun investimento de máis de 40 millóns
O trazado de 3,5 quilómetros conectará a infraestrutura coa AP-9 e a N-VI e manterá a alternativa das Gándaras para evitar a zona da braña
A falta de aparcadoiro no CHUAC leva a Xunta de Persoal á rúa para reclamar prazas gratuítas
A representación dos traballadores convoca unha concentración este mércores, ás 11.00 horas, na rotonda do hospital
O Conservatorio de Culleredo acumula varios cursos de demandas sen resolver
A ANPA reclama solucións para os problemas de persoal, as deficiencias nas instalacións e as subvencións pendentes
A ampliación da subestación de Folgoso motiva unha reunión informativa en Abegondo
Os veciños afectados convocan un encontro este xoves 19 de novembro en Montouto para explicar o proxecto e os posibles efectos sobre as vivendas próximas e o medio rural
A estación de auga potable de Buscás ampliará un 34 % a súa capacidade cun investimento de 1,87 millóns
A actuación impulsada pola Xunta e o Concello de Ordes permitirá pasar dos 134 aos 180 metros cúbicos por hora e mellorar o abastecemento a máis de 14.300 habitantes no horizonte de 2045
A ITV agrícola desprazarase a Aranga do 9 ao 16 de decembro
A unidade móbil atenderá no Carballal e en Vilarraso para facilitar a inspección técnica dos vehículos agrícolas, con cita previa a través da web ou por teléfono
O Concello de Barreiros remite á Deputación o proxecto modificado da praza de Dona Águeda
A actuación incorpora máis de 40.000 euros adicionais para corrixir os problemas de impermeabilización detectados ao iniciar os traballos
Os camións deterioran o antigo acceso á estación de Bregua e Alternativa reclama reparacións urxentes
A formación alerta do mal estado do pavimento tanto na estrada principal como no desvío polo antigo trazado ferroviario, utilizado polos vehículos pesados que non poden atravesar o túnel pola súa limitación de altura
O Pazo de Baldomir recuperará os seus xardíns cun investimento de case 200.000 euros
O proxecto permitirá acondicionar 2.830 metros cadrados e protexer o teixo incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras
Dous ascensores mellorarán os accesos peonís ao novo CHUAC e salvarán desniveis de ata 16 metros
A Xunta licita por 1,4 millóns de euros unha actuación que conectará As Xubias de Arriba coa AC-12 e a contorna de consultas externas mediante elevadores, escaleiras e unha rampla accesible
Santiago e A Coruña perden case 30.000 pasaxeiros en outubro mentres Vigo medra un 5,9%
Os tres aeroportos galegos rexistraron 460.145 usuarios no décimo mes do ano, un 4,5% menos que no mesmo período de 2025
A presión veciñal logra a renovación do parque infantil de Chantada tras meses de reivindicacións
A Asociación de Veciños de Souto levaba tempo reclamando melloras nos parques da parroquia
Portos de Galicia prevé iniciar na primavera as dragaxes dos portos de Miño e Pontedeume
A actuación, xunto coa xa rematada en Barallobre, supón un investimento de 940.000 euros e beneficiará a case 300 embarcacións profesionais e náutico-recreativas
A folga xeral deixa hoxe 48 autobuses en circulación na Coruña, o 53,93% do servizo habitual
A liña UDC 2 non prestará servizo, mentres que as conexións coa Universidade e os centros sanitarios contarán cunha maior dotación
O ximnasio municipal de Curtis reabre tras ampliar un 22% a superficie da súa sala principal
A instalación volveu estar operativa este luns despois dun investimento de máis de 50.000 euros
Betanzos gaña dous autobuses directos coa Coruña nas horas punta tras meses de reclamacións
A conexión das 6.50 horas permitirá chegar á cidade en media hora, mentres que a nova saída de volta será ás 15.30 horas durante o curso lectivo
O BNG alerta de que a nova intermodal da Coruña complica os desprazamentos en autobús desde a comarca
Iria Taibo reclama á Xunta que revise as liñas metropolitanas, achegue as paradas aos puntos de maior demanda e mellore a coordinación cos buses urbanos
Eventos
O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña convoca unha folga para o 16 de novembro
UGT, CIG e GTT denuncian a sobrecarga de traballo, a precariedade na contratación e a falta de avances na negociación coa empresa
ADEGA denuncia a falta de coordinación do transporte metropolitano coa estrea da estación intermodal da Coruña
A organización ecoloxista colocou carteis na contorna da nova infraestrutura para reclamar máis frecuencias, prazas e conexións entre autobuses e trens
Curtis reforza a seguridade viaria no acceso ao Vilar coa renovación das súas pistas
Un investimento duns 100.000 euros permitiu gañar anchura na calzada e deixar atrás un pavimento deteriorado, reducindo así os riscos para quen circula pola zona
Vía libre á licenza de obra para o novo supermercado Gadis de Costa Miño
O Concello autoriza a construción dunha superficie comercial de máis de 1.500 metros cadrados, con aparcadoiro para 48 vehículos, nunha parcela situada entre varias rúas do núcleo
Oleiros gañará máis de 30.000 metros de solo público cunha nova urbanización canda a rotonda das Olas
O desenvolvemento urbanístico reservará unha zona verde para ampliar o patio do colexio Rabadeira e creará novas prazas de aparcamento canda o centro de saúde
CASA 47 incorpora 104 vivendas de alugueiro accesible en dez concellos galegos
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 7 ao 26 de novembro e os alugueiros oscilarán entre os 350 e os 681 euros mensuais
Alvedro incorpora cinco novas rutas e amplía a once os destinos directos desde A Coruña
Volotea estrea conexións con Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacante, que sumarán máis de 185.000 prazas anuais e operarán durante todo o ano









