Infraestructuras
A Autoridade Portuaria da Coruña estuda como frear a presenza de moluscos no Parrote
A acumulación de algas e organismos mariños afecta a diferentes puntos da plataforma náutica, que este verán está a rexistrar unha elevada actividade deportiva e de lecer
As antigas naves da Opel en Perillo encaran o seu derrubamento tras anos de abandono
A propiedade ten ata o 15 de setembro para executar a demolición e, se non o fai, o Concello de Oleiros asumirá os traballos e reclamará despois o custo
390.000 euros para transformar a Estrada da Praia de Miño con novas beirarrúas, zonas verdes e máis accesibilidade
A actuación permitirá renovar 2.265 metros cadrados de espazo peonil e eliminar barreiras arquitectónicas nunha vía de uso diario para familias, estudantes e deportistas
O Balneario de Arteixo encara a recta final para abrir en 2027 cun novo investimento de 133.055 euros
A reconfiguración da rede eléctrica permitirá dar servizo á Casa de Baños, ás instalacións termais e á piscina e eleva a máis de 3,2 millóns de euros o investimento acumulado no complexo
Betanzos avanza cara á regulación das vivendas turísticas tras case dous anos de espera
O PP reclama unha comisión informativa para abordar o anteproxecto da ordenanza e critica a falta de difusión da consulta previa entre propietarios e veciñanza
A Torre de Hércules renova a súa iluminación e mellora os accesos peonís da súa contorna
A intervención actúa sobre un dos espazos máis visitados da cidade e busca combinar unha maior eficiencia coa mellora da accesibilidade e da integración coa paisaxe
O BNG de Coirós reclama a rotonda de Queirís tras un novo accidente na N-VI
A formación nacionalista considera que a sucesión de sinistros neste cruzamento evidencia un problema de seguridade viaria que debe ser abordado con urxencia
Os Museos Científicos da Coruña adiantarán o peche o 12 de agosto pola eclipse solar
O Aquarium Finisterrae, a Casa das Ciencias e a Domus pecharán ás 18.00 horas para facilitar o operativo previsto durante un dos grandes acontecementos astronómicos do ano
A recuperación do convento das Donas entra na súa fase definitiva cun investimento de máis de 500.000 euros
O Concello de Betanzos licita a segunda fase das obras, que permitirá completar a rehabilitación do edificio e transformar a súa contorna para facela máis accesible
A repotenciación do parque eólico Serra da Loba inicia a exposición pública con cinco aeroxeradores de maior potencia
O proxecto, que afecta aos concellos de Aranga, Monfero, Guitiriz e Xermade, prevé unha potencia total de 36 MW e poderá recibir alegacións durante 30 días
Máis dun quilómetro de nova senda conectará Arteixo e Lañas cun investimento de 868.000 euros
A Xunta inicia as obras dun itinerario peonil e ciclista que mellorará a mobilidade, incorporará novo alumeado e renovará unha parada de autobús
As alternativas para recuperar o paso sobre a vía do tren presentaranse este xoves á veciñanza de Teixeiro
O Concello de Curtis explicará as catro propostas formuladas por Adif para substituír o paso a nivel da estación, pechado hai meses
A Coruña licita cinco novas rutas aéreas desde Alvedro para reforzar a conexión con grandes cidades españolas
O contrato, valorado en máis de 6,5 millóns de euros, inclúe voos a Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacante, ademais dun plan de promoción turística da cidade
A Xunta sorteará en setembro 50 vivendas públicas de alugueiro accesible en Xuxán
O 40 % das vivendas estarán reservadas para menores de 36 anos e a adxudicación realizarase entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Coruña
A Deputación da Coruña reparte preto dun millón de euros entre 52 concellos para impulsar a economía local
Feiras de emprego, campañas comerciais, festas gastronómicas e eventos turísticos recibirán 962.953 euros para fomentar a actividade económica nos municipios
Chegan melloras para dúas estradas de Fontemaior cun investimento de case 87.000 euros
Culleredo licita as obras de renovación do firme nas rúas Canceán e Río Chan para reforzar a seguridade viaria e o confort da veciñanza
Betanzos investirá máis de 102.000 euros na humanización e renaturalización da urbanización da Condesa
O proxecto transformará a zona central do barrio coa creación de rúas xardín, novas áreas verdes e espazos de descanso para a veciñanza
A Xunta adxudica por case 48 millóns de euros a construción de 250 vivendas públicas en Xuxán
A promoción levantarase nunha parcela da Xunta na Coruña mediante técnicas industrializadas e incluirá a redacción do proxecto e a dirección das obras
O ascensor panorámico do Monte de San Pedro non volverá funcionar e converterase nun miradoiro
O Concello da Coruña descarta a súa reparación ao considerar que chegou ao final da súa vida útil e que a normativa actual impide poñelo de novo en servizo




