Infraestructuras
A Vía Verde que pasa por Ordes chegará ata Santiago en marzo de 2027 e converterase na máis longa de Galicia
A finalización dos traballos no termo municipal compostelán permitirá completar os 36 quilómetros do itinerario que xa conecta Cerceda, Tordoia, Ordes e Oroso
Dúas plantas de baterías proxectadas xunto a Marineda obteñen o visto e prace ambiental da Xunta
As instalacións situaranse na contorna de As Rañas, preto da Terceira Rolda, e sumarán case dez megawatts de potencia
O antigo almacén da estación de Teixeiro podería desaparecer para crear un itinerario peonil máis seguro
O Concello solicitará a Adif a cesión do inmoble, que obriga os peóns a baixar á calzada na avenida Doctor Luis Novo
A Xunta forma o seu persoal para desenvolver os PIA mentres os afectados seguen reclamando a súa paralización
O Goberno galego asegura que xa ten catorce proxectos en marcha, mentres centos de persoas se manifestaron en Santiago contra un modelo que ameaza vivendas e núcleos habitados como o de Monte Mero, na Coruña
O paseo do río Mero renova cinco pasarelas cun investimento de máis de 870.000 euros
As obras esténdense ao longo de 17 quilómetros e inclúen melloras na sinalización, nas drenaxes e nos valados para recuperar un dos principais espazos naturais e de lecer de Cambre
Case seis millóns de euros para rehabilitar o casco histórico de Betanzos con fondos do Goberno central
O PSdeG destaca tamén o investimento de máis dun millón de euros para reducir as inundacións no barrio da Ribeira e as obras de recuperación do Parque do Pasatempo
A nova estación de autobuses da Coruña abre con críticas pola falta de información e servizos pendentes
O traslado desde a terminal da rúa Cabaleiros modifica os percorridos de cinco corredores metropolitanos e elimina varias paradas, ademáis de que comeza a funcionar sen o aparcadoiro de 600 prazas nin a conexión peonil directa cos trens
Carral e Cerceda dan o primeiro paso para regularizar a urbanización Monte Xalo e levar servizos públicos
Os dous concellos asinaron a primeira acta do deslinde, un trámite que tamén afecta a Culleredo e resulta imprescindible para modificar o planeamento urbanístico e avanzar no abastecemento de auga
Betanzos liberará o acceso a Infesta durante o corte ferroviario con destino á Coruña
A prohibición de estacionamento estará vixente as 24 horas entre o 4 e o 12 de novembro para facilitar as manobras dos autobuses que substituirán os trens de Media Distancia
O pleno de Curtis abordará o luns a construción dun novo paso peonil sobre a vía do tren en Teixeiro
A corporación municipal celebrará unha sesión extraordinaria na que debaterá a proposta para que Adif execute unha conexión a distinto nivel, unha actuación reclamada pola veciñanza desde o peche do antigo paso peonil da estación
Culleredo renovará a iluminación do campo de fútbol da Lavandeira cun investimento de 48.365 euros
A actuación inclúe a instalación de 16 proxectores LED e a mellora das instalacións eléctricas, mentres que o plan municipal tamén contempla reformar os vestiarios e outras dotacións deportivas
A Coruña reorganiza o transporte urbano con cambios na liña 11 e reforzos por Todos os Santos
O Concello recupera o paso dos autobuses pola avenida da Sardiñeira con catro novas paradas e establece servizos especiais para facilitar os desprazamentos aos cemiterios municipais
O BNG logra o compromiso do PP para implicar a Xunta no soterramento da liña eléctrica de Bergondo
Mercedes Queixas reclama unha solución para protexer o Mosteiro de San Salvador, que celebra o seu 900 aniversario, e denuncia que a compañía substituíu as antigas torres por outras máis altas
O camiño entre Viadeiro e Bañobre ampliarase e mellorarase cun investimento de 54.000 euros
A actuación permitirá ensanchar unha vía de 3,5 metros de ancho medio e mellorar a drenaxe, a sinalización e a seguridade viaria en Miño
A CRMH da Coruña denuncia que a poxa de bens do Pazo de Meirás beneficia os herdeiros de Franco
A entidade considera 'lamentable e inmoral' a venda e cuestiona a actuación das administracións por non defenderen o patrimonio que podería ser de dominio público
Outras 80 vivendas protexidas proxéctanse nas novas urbanizacións de Mera e Oleiros
O Concello abrirá nos primeiros meses de 2027 unha convocatoria pública para participar nas novas promocións, que se desenvolverán mediante cooperativas e terán os prezos de venda fixados pola Xunta
Un investimento de 72.000 euros permitirá renovar a rúa A Igrexa e mellorar o saneamento da zona en Miño
O proxecto permitirá mellorar a drenaxe e repavimentar os 190 metros da vía, cun prazo de execución de dous meses
O PSOE de Oleiros reclama un cambio no modelo urbanístico para frear a saturación e revisar o PXOM
A moción presentada polos socialistas aposta por adaptar o planeamento á capacidade das infraestruturas, manter as licenzas para vivendas unifamiliares e protexidas e buscar unha solución para edificacións anteriores ao actual plan
Tres rúas estarán en obras durante cinco días por unha renovación do firme
Os traballos de asfaltado de A Barrosa, A Carreira e Raxel comezarán o luns 26 de outubro e obrigarán a cortar ao tráfico un tramo entre as 9.15 e as 19.15 horas
O BNG de Culleredo pide unha auditoría pola explotación privada de bens municipais no CLT
Os nacionalistas reclaman un informe da Intervención Municipal para cuantificar os ingresos que deixa de percibir o Concello polo aparcadoiro de camións, a báscula e dous edificios do Centro Loxístico de Transportes
O PSdeG levará ao Parlamento as deficiencias dos centros educativos de Cambre
Silvia Longueira denuncia problemas nos comedores, filtracións de auga e patios deteriorados nos sete colexios e institutos do municipio, onde as ANPA levan anos reclamando melloras
Cinco novos murais enchen de arte e historia o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía
A terceira edición de 'Arte no Camiño' incorpora obras en Mazaricos, Oroso, Mesía, Abegondo e Ordes. A iniciativa da Deputación da Coruña suma xa 14 creacións que mesturan paisaxe, memoria local e experiencias dos peregrinos
O campo de fútbol de O Redondo estreará gradas cubertas e novos vestiarios cun investimento de 1,58 millóns
A Deputación da Coruña achegará 400.000 euros para renovar as instalacións de Montrove, que contarán con sete vestiarios, aseos accesibles e unha zona de hostalaría
O pavillón do IES de Viós estreará novo pavimento deportivo tras un investimento de case 97.000 euros
A renovación da pista polideportiva de Abegondo entra na súa fase final e permitirá practicar baloncesto, fútbol sala e balonmán nunha superficie máis axeitada e segura




