Emprego
Todas as noticias sobre emprego
A folga do metal forza á patronal a pedir unha mediación no conflito do convenio
Miles de traballadores secundaron a oitava xornada de paro na provincia da Coruña, con mobilizacións na Coruña, Ferrol e Compostela. Se non hai avances, haberá novas folgas o 30 de xuño e os días 2, 7 e 9 de xullo
Coirós abre unha nova bolsa de auxiliares para reforzar o Servizo de Axuda no Fogar
O Concello busca cubrir con urxencia unha praza a xornada completa e outra a tempo parcial para atender a demanda actual do municipio
O conflito do metal da Coruña entra nunha semana decisiva coa ameaza de novas folgas
Os sindicatos acusan a patronal de bloquear a negociación do convenio e advirten de que non aceptarán máis atrasos nun sector que emprega a preto de 18.000 persoas
O metal leva á rúa a presión por un novo convenio cunha marcha multitudinaria ata A Coruña
Os sindicatos cifran en 8.000 as persoas participantes na sexta xornada de folga e advirten á patronal de que as mobilizacións continuarán se non hai avances na negociación
Buscan socorristas para cubrir o servizo da piscina municipal de Vilarmaior
O Concello abriu unha chamada para localizar persoal de cara á tempada estival e pide ás persoas interesadas que contacten por teléfono
Un obradoiro de emprego formará vinte persoas en construción e labores forestais
A iniciativa 'Reserva de Biosfera: Emprego Verde V' desenvolverase durante nove meses nos concellos de Paderne, Abegondo, Bergondo, Carral, Oza Cesuras e Sada
O comercio volve á folga este martes en defensa dos convenios provinciais
A xornada incluirá unha concentración ás 12.00 horas diante da CEC, na Coruña, e unha manifestación en Vigo contra a aplicación do convenio estatal de ARTE
O futuro das plantas de Losán en Curtis e Vilasantar queda pendente da decisión xudicial
A compañía asegura apoio suficiente ao seu plan de reestruturación, que prevé pagar os salarios pendentes, reordenar a débeda e recuperar actividade industrial de forma progresiva
O persoal do comercio acampa na Coruña contra o convenio estatal de grandes cadeas
Traballadoras e traballadores do sector reclaman diante da patronal coruñesa un acordo galego que protexa os convenios provinciais fronte ao marco de 'ARTE'
Aberto o proceso para reforzar a seguridade nas praias de Miño durante o verán
O Concello de Miño contratará catorce socorristas, sete con financiamento da Xunta de Galicia e outros sete con fondos municipais
Máis de 800 horas de formación gratuíta para mellorar a empregabilidade en A Coruña
O Concello mantén aberto o prazo de inscrición en catro itinerarios do programa Éfeso, dirixidos a persoas desempregadas e cofinanciados polo Fondo Social Europeo Plus
A conta atrás de Losán deixa en vilo os empregos de Curtis e Vilasantar
O grupo pagou a nómina de decembro, pero aínda debe catro mensualidades e media mentres gaña 30 días para presentar un plan de viabilidade que evite o concurso
O Congreso pide acompañar o plan de viabilidade de Losán nun momento decisivo para Curtis e Vilasantar
A iniciativa aprobada na Comisión de Industria e Turismo reclama que o Ministerio de Industria e a SEPI se impliquen nunha saída que preserve a actividade da maderera galega e o emprego nas súas plantas
Losán gaña tempo para presentar o seu plan de viabilidade nun momento clave para as plantas de Curtis e Vilasantar
O grupo obtén unha ampliación de prazo tras rematar o período de preconcurso, mentres a plantilla segue pendente de solucións e reclama información sobre o futuro da compañía
Aberta a inscrición para un novo obradoiro dual de emprego na comarca de Ordes
A Mancomunidade porá en marcha o programa 'Mancomunidade Ordes V', con formación en pintura industrial en construción e instalación de elementos de carpintería
Un novo obradoiro dual abrirá oportunidades laborais e deixará melloras en varios concellos da comarca
Abegondo lidera xunto con Bergondo, Carral, Oza Cesuras, Paderne e Sada a quinta edición de 'Reserva de Biosfera: Emprego Verde', un programa que formará a 20 persoas desempregadas e permitirá actuar en espazos públicos e edificios municipais
Dúas prazas fixas para reforzar a atención no fogar en Vilasantar
O Concello mantén aberto ata o 23 de abril o prazo para optar a dous postos estables de auxiliar dun servizo clave para o coidado diario de persoas dependentes e maiores
ACoruñaXa
Os Premios PEL baten o seu récord cunha convocatoria de 80.000 euros para impulsar o tecido empresarial
A Deputación da Coruña abre a oitava edición destes galardóns con catro categorías, unha mención honorífica e un formato máis accesible para autónomos, microempresas e pemes da provincia
O reloxo de Losán aperta con sete días de marxe para Curtis e Vilasantar
A crise da madeireira entra na súa semana decisiva cun preconcurso que remata o 29 de abril, sen que transcendese por agora unha saída industrial pechada e coa presión medrando sobre a SEPI, a Xunta e a dirección da compañía
O PPdeG leva ao Senado a demanda dun plan 'sólido' para reactivar Losán
A formación insta ao Goberno central e á SEPI a validar unha saída para o grupo antes de que remate o prazo do preconcurso, nun contexto de crecente preocupación polo emprego en Curtis e na contorna
O conflito de Losán chegará ao pleno de A Coruña cunha petición de apoio institucional
Miguel Lorenzo anuncia unha iniciativa para que o Concello da Coruña se adhira ao acordo impulsado polos 12 municipios máis afectados pola crise do grupo, que tamén mantén 40 traballadores na cidade
A conta atrás para salvar Losán eleva a presión política sobre o Goberno central
Paula Prado reclama unha actuación urxente para frear a crise do grupo e protexer 800 empregos en Galicia, mentres traballadores e administracións apuran unha saída antes do 29 de abril
Oleiros reforzará a vixilancia do litoral coa contratación de 47 profesionais para o verán
O dispositivo municipal de salvamento e socorrismo abrirá o prazo de solicitudes este 25 de marzo para cubrir postos de socorristas, patróns de embarcación, auxiliares, supervisor e xefatura de equipo
A protesta de Losán toma Teixeiro para esixir salarios, garantías e futuro para as plantas
O persoal de Curtis e Vilasantar reclama un plan de viabilidade e unha mesa institucional coas administracións mentres se achega o remate da prórroga previa ao concurso de acredores




