Emprego
Todas as noticias sobre emprego
A plantilla de Losán intensifica a presión polo impago de nóminas e a falta de garantías de futuro
Concentración diante das oficinas do grupo na Coruña para reclamar o cobro inmediato e un plan de viabilidade para as plantas de Curtis e Vilasantar
O Congreso move ficha pola madeireira Losán, con nóminas pendentes e as plantas de Curtis e Vilasantar no aire
A iniciativa do BNG obriga o Goberno do Estado a implicar á SEPI no deseño dun plan de viabilidade e a estudar medidas para evitar que empresas con axudas públicas poidan pechar ou deslocalizar actividade
CCOO move ficha para reactivar o convenio do bus interurbano na provincia da Coruña
O sindicato presenta sete cambios sobre o preacordo rexeitado pola plantilla e agarda pola resposta da patronal e pola convocatoria dunha nova xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais
A CIG encérrase na sede da CEC na Coruña para forzar o desbloqueo do convenio do bus interurbano
Unha vintena de delegados, co secretario xeral Paulo Carril, denuncia que a patronal segue sen responder á última proposta na mediación e advirte dunha negociación 'paralizada'
Losán entra nunha fase decisiva: presión política e xudicial mentres continúan os impagos nas plantas de Curtis e Vilasantar
A Deputación da Coruña aprobou unha declaración institucional que pide condicionar calquera apoio público ao emprego, e o BNG levará o caso ao Congreso nun momento no que a reestruturación do grupo segue condicionada por frontes nos tribunais
O indicador de emprego do IGE deixa Ordes á cola da comarca
O PSdeG denuncia no pleno falta de respostas do goberno local mentres o paro rexistrado en decembro foi de 450 persoas
Os comités de Losán reclaman á SEPI un plan industrial ‘real e vinculante’ para garantir emprego e produción
A representación social advirte de que a incerteza afecta a preto de 800 persoas e lembra o peso das plantas de Curtis e Vilasantar, con máis de 200 traballadores, polo que convocan mobilizacións o 5 e o 12 de febreiro
As urnas deciden hoxe, 4 de febreiro, se se desconvoca a folga indefinida do autobús na provincia da Coruña
O preacordo entre patronal, UGT e CCOO sométese este mércores ao voto duns 2.500 traballadores mentres a CIG mantén o seu rexeitamento e advirte de que, se non se ratifica, os paros poderían reactivarse de novo
Aprazado o inicio da folga indefinida dos buses na Coruña á espera dunha nova negociación coa patronal
Os vehículos circularán o luns e sindicatos e empresarios volverán reunirse, aínda que o paro segue previsto para o martes se non hai avances
O BNG pide á SEPI que garanta o mantemento do emprego no Grupo Losán
Néstor Rego reclama ao Goberno do Estado canles de comunicación coa empresa, o comité e a Xunta e un plan de viabilidade para asegurar a actividade en Curtis e Vilasantar
ForGA impulsa en Oleiros catro cursos gratuítos con prácticas para mellorar a inserción laboral de 60 persoas desempregadas
A oferta inclúe soldadura MIG/MAG, atención sociosanitaria, operacións administrativas e habilitación para a docencia na FP, con 15 prazas por acción formativa
Continúan as folgas no transporte en autobús da Coruña na novena xornada sen avances no convenio
O paro do 23 de xaneiro mantense e, se non hai acordo, a folga pasará a ser indefinida o 2 de febreiro
A Xunta pon en valor o Centro Especial de Emprego de Fundación Hospitalarias Betanzos, especializado en lavandería sociosanitaria
O recurso dá traballo a arredor dunha vintena de persoas con discapacidade e encaixa no impulso autonómico ao emprego inclusivo, que en 2025 contou con 33,7 millóns de euros para centros especiais e empresas de inserción
A folga do autobús na provincia da Coruña chega á oitava xornada sen achegamento entre as partes
A CIG afirma que a patronal condiciona a mediación á suspensión do paro e lembra que hai novas xornadas o 20 e o 23 de xaneiro, antes de que a convocatoria poida pasar a indefinida o 2 de febreiro
Vilasantar e os concellos da contorna súmanse ás protestas por Losán e esixe o pago inmediato das nóminas pendentes
Representantes municipais participaron na mobilización entre Vilasantar e Curtis e reclaman un plan que garanta a continuidade produtiva do grupo
O persoal de Losán e Aserpal enche as rúas entre Vilasantar e Curtis: ‘Queremos traballar, non mendigar’
A plantilla denuncia tres nóminas pendentes e a falta dun plan industrial mentras CCOO advirte da incerteza de arredor de 200 familias e lembra a retirada do investidor en decembro
A Coruña saca a licitación 21 postos baleiros nos mercados de Monte Alto e San Agustín
O prazo para presentar ofertas abre o 15 de xaneiro e remata o 26, cunha concesión inicial de 15 anos e opción de prórroga por outros 10
Oito alcaldías da comarca reclaman un plan de rescate inmediato para Losán e Aserpal
Un manifesto conxunto esixe á empresa un plan de reactivación ‘sen parches’ e pide ao Goberno central, coa colaboración da Xunta, unha intervención coordinada da SEPI e do Igape para recuperar a produción ao 100 %
Curtis e o comité de empresa de Losán aliñan posicións e reclaman unha intervención urxente para salvar a actividade industrial
O alcalde Javier Caínzos reuniuse cos representantes de Losán e Aserpal tras o acordo plenario unánime de apoio ao persoal, nun contexto de impagos e parálise produtiva que cualifican de 'insostible'
Inaugurado en Irixoa o obradoiro de emprego Forestal Lambre-Mandeo 2024
O programa, que conta cun investimento de case 412.000 euros, formará 20 persoas durante nove meses nos concellos de Irixoa, Vilarmaior, Aranga e Monfero
Culleredo reforza a inserción laboral coa terceira edición de ‘Culleredo Activo’
O obradoiro dual formará a 20 persoas desempregadas en construción, carpintaría e sector téxtil para mellorar as súas oportunidades laborais
Culleredo impulsa a contratación do alumnado do Obradoiro de Emprego cunha axuda de 30.000 euros
As empresas interesadas poderán recibir 1.500 euros por contratos de 3 meses a xornada completa
Os socialistas de Arteixo esixen aclaracións sobre as condicións laborais do servizo municipal de recollida de lixo
Denuncian posibles incumprimentos no convenio colectivo, risco laboral e persecución sindical
A Xunta reforza os empregos verdes na Reserva da Biosfera cun investimento de 531.000 euros
O obradoiro implicou os concellos de Abegondo, Bergondo, Carral, Oza-Cesuras, Paderne e Sada, beneficiando a 20 persoas e terá continuidade en 2025


