Educación
A Xunta premia a seis estudantes galegos pola súa excelencia nas ensinanzas artísticas profesionais
Os galardoados, procedentes de cinco centros educativos da Coruña, Lugo e Vigo, recibirán 1.000 euros e un diploma acreditativo polos seus resultados académicos no curso 2025/26
GaliciaXa
A Fiscalía abre unha investigación de oficio polas ameazas de bomba en centros escolares galegos
As dilixencias buscan agora reunir toda a información dispoñible sobre estes episodios e esclarecer a autoría das ameazas
O PP esixe a Rioboo solucións para as deficiencias do Conservatorio de Culleredo
Izaskun García respalda as reclamacións da ANPA O Burgo e cuestiona que continúen sen cubrirse a media xornada de piano, as reparacións das filtracións e as axudas municipais
Seis alumnos do CEIP Vicente Otero Valcárcel levarán a Carral á final internacional de xadrez escolar en León
O colexio carralés será un dos tres centros da provincia da Coruña que representarán a Galicia no torneo 'Pequeños Gigantes', que reunirá arredor de 300 escolares de distintos puntos de España e doutros países
Sada abre seis liñas de axudas para apoiar a educación, o deporte e a actividade cultural en 2026
Os prazos de solicitude comezan entre o 12 e o 18 de novembro e rematan entre finais de mes e os primeiros días de decembro, segundo cada convocatoria
A micoloxía toma protagonismo coa 33ª Exposición de Andoa, que celebra o seu 30 aniversario
A 33ª mostra micolóxica terá lugar o 15 de novembro no patio do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, de 11.30 a 17.30 horas, e permitirá coñecer a diversidade de especies da contorna da man de persoas expertas
A Escola Infantil Florita de Sada renovará a súa xestión cun contrato de 1,19 millóns de euros
O novo concurso, cunha duración de dous anos, busca mellorar as condicións laborais do persoal e reforzar a calidade educativa e asistencial das nove unidades, que contan con 128 prazas autorizadas
Policía Local e Emerxencias de Oleiros reforzan a súa formación ante condutas suicidas
O Concello organizou tres xornadas especializadas con simulacións prácticas sobre comunicación, negociación e primeiros auxilios psicolóxicos
A Coruña ofrecerá 335 prazas de formación especializada para profesionais do sector audiovisual
A Deputación e o Clúster do Audiovisual Galego impulsan un programa de cursos que se desenvolverá no Coruña Estudio Inmersivo e incluirá formación en produción virtual, montaxe, guión e posprodución
Un proxecto do IES Isaac Díaz Pardo de Sada leva a modelización matemática dun foguete de SpaceX a SIMO Educación
A experiencia coordinada polo profesor Francisco Martínez Seoane foi seleccionada entre as 35 propostas finalistas dos premios de innovación educativa, escollidas entre máis de 200 candidaturas
As familias da escola infantil As Galeras organízanse para denunciar a falta de persoal
A nova asociación, que está en proceso de constitución, asegura que cinco dos quince traballadores do centro de Oleiros están ausentes por baixas e permisos que, segundo denuncia, a Xunta non está cubrindo
A Casa Niño Barbarito abre a preinscrición para solicitar praza en Vilarmaior
O novo servizo ofrecerá atención gratuíta a un máximo de cinco nenos e nenas de entre tres meses e tres anos na parroquia de Vilarmaior
Os sindicatos aprazan as caravanas reivindicativas do ensino concertado en Galicia polo accidente ferroviario de Toledo
A nova data da mobilización comunicarase unha vez estea pechada
A Escola Veciñal da Coruña regresa con tres charlas sobre consumo, comunidades de propietarios e cultura
A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana inicia este xoves a segunda edición do programa formativo, con sesións gratuítas ata o 26 de novembro no Centro Cívico do Birloque
Vilarmaior ofrece un obradoiro de competencias dixitais para maiores de 55 anos
O programa Expertclick desenvolverase os martes 10 e 17 de novembro, de 10:00 a 12:00 horas, e require inscrición previa por teléfono
O COAG Coruña reúne cinco equipos de arquitectura para debater sobre vivenda e profesión
O faladoiro celebrarase este mércores ás 18.00 horas na sede colexial e contará coa participación de estudios da Coruña, Ferrol e Santiago e dun equipo de novas arquitectas da UDC
O 83 % das familias de Miño escolarizaría os seus fillos nun instituto no municipio
Unha enquisa impulsada polo Concello e a ANPA Castro Baxoi sitúa a construción dun centro de secundaria como a principal prioridade educativa para os próximos cinco anos
Eventos
O PSdeG levará ao Parlamento as deficiencias dos centros educativos de Cambre
Silvia Longueira denuncia problemas nos comedores, filtracións de auga e patios deteriorados nos sete colexios e institutos do municipio, onde as ANPA levan anos reclamando melloras
Un profesor da Coruña gaña a bolsa María José Jove-INGADA cun proxecto para mellorar a atención ao alumnado con TDAH
Carlos Iván Blanco Casal, do CEIP Eusebio da Guarda, propón incorporar pausas activas nas aulas de Primaria para favorecer a atención, a autorregulación e a aprendizaxe
Betanzos pon en marcha un novo obradoiro de emprego no ámbito sociosanitario con 15 participantes
Barral lembrou que a experiencia doutras edicións mostra que, cando chega a clausura, o alumnado xa conta con ofertas de traballo
GaliciaXa
Educación recoñece a excelencia de 20 estudantes cos premios extraordinarios de Bacharelato
A Xunta pon así en valor o traballo e esforzo do alumnado que mellores cualificacións acada ao remate desta etapa e mellores puntuacións obtén na proba específica para outorgar estes galardóns
Cuarta protesta veciñal en Miño pola falta de prazas no transporte escolar
Os veciños do municipio volven concentrarse para esixir unha ampliación do servizo, que na actualidade non cobre a demanda do alumnado que se despraza aos institutos de Betanzos
Oleiros reclama á Xunta que cubra todas as vacantes nas escolas infantís
O Concello denuncia que, máis dun mes despois do inicio do curso, os centros de 0 a 3 anos seguen sen contar con todos os profesionais necesarios, unha situación que incrementa a carga de traballo e dificulta a conciliación familiar
Tecnoloxía, intelixencia artificial e software libre protagonizarán tres días de actividade coa primeira WordCamp Galicia
A Coruña acollerá do 16 ao 18 de outubro este encontro internacional, con máis de 20 relatores e propostas sobre IA, desenvolvemento web, SEO, accesibilidade e negocio dixital









