Entregan os premios aos escolares que gañaron o concurso de carteis 25N

GaliciaXa | TerraChaXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Os autores das obras galardoadas son alumnos de centros educativos da Coruña, Santiago de Compostela, Teo, Ames, Melide, Guitiriz, Ourense, Pontevedra e Vigo
premios-25N
25 Nov 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, participou esta mañá na entrega de premios do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais sobre o 25N organizado pola Xunta, onde animou aos escolares premiados a seguir concienciando contra a violencia de xénero.

A conselleira puxo en valor a capacidade dos participantes para invitar a través dos seus traballos a facer unha reflexión sobre a violencia de xénero. Iniciativas que, destacou, poñen o foco na prevención, na detección e na intervención para amplificar o ‘non’ á violencia de xénero. Neste marco, resaltou de forma especial a visibilización das manifestacións de violencia contra as mulleres no ámbito dixital, na que se centra a campaña do 25N da Xunta este ano. Así, lembrou que “non hai violencia invisible, mesmo aínda que se oculte tras unha pantalla”.

Esta idea de combater a violencia en internet centrou a maioría dos traballos gañadores do concurso. O xurado, configurado por representantes da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Comisión Asesora de Publicidade non Sexista, tivo en conta na súa valoración a transmisión dunha mensaxe clara de rexeitamento fronte á violencia contra as mulleres e primou a calidade técnica, orixinalidade e creatividade das iniciativas.

Na modalidade de deseño dunha imaxe gráfica, os premiados na primeira categoría, para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, 1º e 2º de ESO e de Educación Especial, o primeiro premio foi para un grupo de alumnos de 2º de ESO do IES de Cacheiras (Teo), o segundo para un equipo de escolares de 6º de Primaria do CEIP A Maía (Ames) e o accésit para un grupo de estudantes de 1º de ESO do IES Carlos Casares de Vigo.

Nesta mesma modalidade, na segunda categoría, destinada aos estudantes de 3º e 4º de ESO, de 1º e 2º de Bacharelato, e de FP básica, de ciclos de grao medio e superior, o primeiro premio foi para un equipo de alumnos de 4º de ESO do IES de Melide, o segundo premio para un grupo de estudantes de FP de Farmacia e Parafarmacia do IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) e o accésit para una parella de alumnos de 1º de Bacharelato do IES de Sar (Santiago de Compostela).

Na terceira categoría de imaxe, reservada aos alumnos de Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño, a gañadora foi unha alumna da EASD Pablo Picasso (A Coruña).

Na modalidade de pezas audiovisuais, na primeira categoría o primeiro premio foi para un equipo formado por escolares de 5º e 6º de Primaria do CEIP Plurinlingüe de Lagostelle (Guitiriz) e o segundo para un grupo de alumnos de Educación Especial do CEE Pontevedra. Na segunda categoría, os gañador do primeiro premio foi un grupo de estudantes do Grado Superior de Administración e Finanzas do IES García Barbón (Verín) e o segundo premio recaeu nun equipo de alumnos de 3º e 4º de ESO do IES Agra do Orzán (A Coruña).

Os premios consistiron nun cheque regalo para investir no comercio local en material didáctico, deportivo ou tecnolóxico, para cada unha das persoas integrantes do equipo gañador valorado en 100€ e 50€, respectivamente, para o primeiro e o segundo postos, así como un lote de libros para o centro educativo.

0.15219902992249