Novas de Vilarmaior
Un ambicioso plan busca recuperar o patrimonio etnográfico de Vilamaior coa mellora de elementos históricos en Grandal
O rexedor Carlos Vázquez solicita o apoio da Dirección Xeral de Turismo para restaurar de xeito integral a fonte e o lavadeiro da Igrexa e dos Cabalos
O Peque Coro do Xan Viaño ofrece hoxe un concerto na Casa da Cultura de Vilarmaior
A formación infantil de Ferrol actuará ás 17.00 horas cun repertorio que combina música coral clásica, pezas populares e temas contemporáneos
Un obradoiro forestal dará formación e emprego a 20 persoas en Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior
O programa Lambre Mandeo durará nove meses e permitirá actuar en rutas, áreas recreativas, espazos naturais e zonas de uso social dos catro concellos
A Xunta activa a alerta vermella por calor en 13 concellos da comarca de A Coruña
As altas temperaturas obrigan a suspender a actividade deportiva ao aire libre nas horas centrais do día mentres Sanidade pide extremar as precaucións
O Plan Único impulsa novas melloras viarias en Vilarmaior con máis de 642.000 euros en 2026
Cristina García Rey visitou co alcalde, Carlos Vázquez, algunhas das actuacións financiadas pola Deputación da Coruña no municipio
As persoas maiores celebran a convivencia no Pasatempo e en San Xurxo de Torres
Betanzos reuniu preto de 350 asistentes na súa segunda xuntanza, mentres Vilarmaior celebrou a novena edición dunha cita xa asentada no calendario social do municipio
Unha charla gratuíta en Aranga axudará a previr os riscos do cancro de pel antes do verán
A actividade celebrarase o mércores 27 de maio no pavillón polideportivo do CEIP A Castellana, coa participación do dermatólogo Jesús del Pozo Losada
Un obradoiro gratuíto ensinará exercicios para coidar o chan pélvico en Vilarmaior
A actividade desenvolverase os días 3, 10 e 17 de xuño na Casa da Cultura e abordará hábitos posturais, exercicios hipopresivos e técnicas de Kegel
Un curso axudará ás persoas maiores a manexar o móbil e facer trámites dixitais en Vilarmaior
A formación celebrarase os luns 1, 8, 15 e 22 de xuño na Casa da Cultura, en horario de 10.00 a 12.30 horas
Flores, cabalos e cans encherán O Tres nunha das grandes citas tradicionais de Vilarmaior
A XXXVII Feira das Flores celebrarase o domingo 17 de maio cun programa de exposicións, concursos, xantar popular e espectáculos ecuestres
Unha excursión a Portugal marcará a próxima saída da Asociación de Mulleres Rurais de Vilarmaior
A entidade organiza para o sábado 2 de maio unha viaxe a Vilanova de Cerveira con visita á feira, tempo libre e percorrido pola fortaleza e as tendas típicas
A Xunta reforza con Vilarmaior a cooperación para impulsar emprego en tarefas de interese social
José González reuniuse co alcalde Carlos Vázquez para avanzar en iniciativas como Galicia Suma Talento: Rural Activo e os obradoiros duais, dous programas chamados a mellorar a inserción laboral no rural
'A Mula de D. Pedro' levará o teatro afeccionado de Vilarmaior ata Monfero o 22 de marzo
O grupo 'La Segunda Juventud', da Asociación de Mulleres Rurais de Vilarmaior, actuará no local social das Travesas cunha entrada solidaria de 3 euros
Máis de 416.000 euros para mellorar camiños rurais en 14 concellos da comarca de Betanzos
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisou en Oza-Cesuras as obras no camiño de Burricios, incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026
Identificado o responsable do vertido ilegal de 42 pneumáticos no monte de Goimil
A Garda Civil e o Seprona localizaron o autor tras a denuncia do Concello de Vilarmaior e os restos xa foron retirados, recuperándose a normalidade na zona
Un servizo para detectar e tratar a tempo dificultades no desenvolvemento infantil
Vilarmaior mantén en marcha a atención temperá para nenos e nenas de 0 a 6 anos, con logopedia, terapia ocupacional e psicoloxía, a través de COGAMI no Centro Social de Leiro, en Miño
A rede de mecos do Entroido medra na comarca: 'O obxectivo é consolídalo'
A Asociación Chalana Cultural de Miño impulsou #entroidizaoteurueiro para recuperar os 'entroidos de palla', sumar asociacións e colexios e facer que a festa se note no rueiro antes e despois do martes grande
Eventos
OcioenGalicia
XLI Festa ó Emigrante de Pol
OcioenGalicia
VII Fiesta del Peregrino de Triacastela
OcioenGalicia
IX Ares Indiano
Cocido, música en directo e baile nun xantar popular que quenta motores en Vilarmaior
A Comisión de Festas de Vilarmaior convoca a veciñanza o sábado 7 de marzo de 2026 no pavillón polideportivo, con sesión vermú, tardeo e cañóns de calor
A Deputación leva a Navartur a súa aposta por un turismo con territorio, sostibilidade e identidade
A institución provincial estrearase na feira de Pamplona coa CMAT, o xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo e catro Plans de Sostibilidade
A Deputación dá luz verde á ampliación da DP-3903 entre Irixoa e Vilarmaior cun investimento de preto de 1 millón de euros
A actuación, xa aprobada de forma definitiva no BOP, permitirá duplicar o ancho da vía (de 4 a 8 metros) nun tramo de arredor de 2 quilómetros e executar melloras de drenaxe e nunha intersección
A borrasca Oriana deixará un sábado con vento e mar axitado na costa da Coruña
MeteoGalicia mantén avisos por fenómeno costeiro no tramo Coruña Noroeste e prevé ondas de 5 a 6 metros, mentres no interior o tempo irá a menos co avance das altas presións
Paderne xestiona coa Deputación a retirada dunha árbore que dificultaba o tráfico na estrada cara a Betanzos e Vilarmaior
O Concello lembra que moitas incidencias similares afectan a fincas privadas e requiren trámites legais antes de actuar, aínda que asegura que seguirá facendo as xestións necesarias
Vento forte e medidas preventivas polos avisos laranxas na comarca coruñesa
A Xunta suspende as actividades escolares no exterior e a práctica deportiva federada ao aire libre desde as 12.00 horas do mércores 11 ata as 0.00 do xoves 12, e varios concellos activan peches en instalacións municipais
Máis horas de axuda no fogar e reforzo dos equipos sociais en 2026 na provincia da Coruña
A Deputación investirá 8.855.329 euros para financiar 377.991 horas do SAF e a contratación de 177 profesionais en concellos de menos de 20.000 habitantes






