Novas de Oleiros
O PSOE de Oleiros volve reclamar un cambio no sistema de adxudicación de vivenda protexida
A formación denuncia que o prezo anunciado para as futuras vivendas protexidas dependerá en realidade do resultado dunha poxa de parcelas, o que ao seu xuízo desvirtúa a cifra ofrecida polo goberno local
‘NGOMA’ leva a danza contemporánea ao auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros
A proba partirá ás 12.00 horas da Casa do Pobo de Iñás e combinará tramos urbanos con camiños e sendeiros, incluído o paseo fluvial. As inscricións rematan este martes
Organizan unha xornada para retirar especies invasoras das dunas de Santa Cristina
A actividade será o venres 16 de outubro ás 17.00 horas, é gratuíta e está aberta a todos os públicos previa inscrición
Oleiros reclama á Xunta que cubra todas as vacantes nas escolas infantís
O Concello denuncia que, máis dun mes despois do inicio do curso, os centros de 0 a 3 anos seguen sen contar con todos os profesionais necesarios, unha situación que incrementa a carga de traballo e dificulta a conciliación familiar
O PSOE de Oleiros critica un contrato de 65.000 euros para editar un libro municipal
Os socialistas consideran que a publicación encobre propaganda política de Alternativa dos Veciños e cuestionan que se destinen máis recursos á imaxe do Goberno local que a servizos como a desratización
O pavillón Arsenio Iglesias de Oleiros estrea pavimento e cuberta tras un investimento de 296.650 euros
A actuación en Santa Cruz mellora as condicións das instalacións deportivas para clubs, escolares e persoas usuarias e busca evitar as filtracións de auga
O pleno de Oleiros sobre o director do Multiúsos de Bastiagueiro remata sen aclarar as principais dúbidas
PP e PSOE reclamaron explicacións sobre a selección, a renuncia do único candidato apto e as decisións do Concello, pero o Goberno local limitouse a repasar a cronoloxía do proceso
Oleiros destina case 500.000 euros á renovación do pavimento de varias rúas
Os socialistas denuncian que a falta de fresado elevou a calzada, reduciu a protección dos bordos e podería favorecer accidentes e problemas de drenaxe
Oleiros inaugurará o Paseo Pepe Mujica coa presenza da senadora uruguaia Blanca Rodríguez
A senadora do Frente Amplio participará no acto xunto ao embaixador de Uruguai en España, o alcalde Ángel García Seoane e Lucía Topolansky, que intervirá por videoconferencia
Oleiros denuncia problemas no transporte público para o alumnado do IES Miraflores e Cristo Rei
O Concello asegura que os autobuses circulan ateigados e que parte dos estudantes non pode chegar a tempo ás clases
O patio do colexio Parga Pondal de Santa Cruz pide unha reforma do teito mentres o Concello volve reclamar actuacións á Xunta
O Concello executará obras menores para mellorar o uso do centro nos días de chuvia e a seguridade nos accesos, mentres a comunidade escolar reclama cubrir o patio posterior
Mofa & Befa levan a Mera a súa particular visión de 'Os dous de sempre' de Castelao
A adaptación teatral, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Evaristo Calvo e Víctor Mosquera, abrirá este sábado o ciclo de teatro de outono de Oleiros
Máis de 770 maiores xa participaron nas actividades de envellecemento activo de Oleiros, que abren este xoven a inscripción
O prazo para incorporarse aos grupos de ximnasia, ioga, relaxación e memoria abrirase o 1 de outubro e permanecerá activo ata o día 7
Varios concellos de A Coruña extreman as precaucións ante un temporal con refachos de ata 80 km/h
Ordes pecha parques e paseos por seguridade mentres a provincia afronta avisos por vento, choiva e temporal marítimo
Renovar o DNI ou o pasaporte en Oleiros será máis sinxelo en outubro cunha unidade móbil
A Policía Nacional desprazará unha unidade á praza Esther Pita de Santa Cruz os días 13, 14 e 15 de outubro e será necesario solicitar cita previa
O PP e o PSOE de Oleiros reclaman un pleno extraordinario para aclarar a polémica pola dirección do Multiúsos de Bastiagueiro
Os dous grupos municipais piden acceder a toda a documentación do proceso de selección e reclaman explicacións sobre a renuncia do candidato elixido, os criterios empregados e os custos asociados ao equipamento
Oleiros aproba a bonificación do 50% no IBI das vivendas protexidas durante 13 anos
A medida amplía en dez anos o período previsto pola normativa estatal e elimina as taxas municipais para a construción de VPO a partir de 2027
Eventos
A dirección do Multiúsos de Bastiagueiro queda sen candidato e o PSOE denuncia que Oleiros prepara a desaparición da praza
O Concello declara deserto e arquiva o proceso tras renunciar a persoa seleccionada, mentres os socialistas aseguran que o Goberno local pretende eliminar un posto que fora creado hai poucos meses
O BNG reclama solucións para o caos de persoal nas escolas infantís da comarca da Coruña
A formación denuncia que os problemas derivados dos concursos e procesos de estabilización seguen afectando ás familias e ás traballadoras de centros de Oleiros e Culleredo
Santa Cruz acolle esta fin de semana unha nova edición do Festival Rockanroleiros
O evento reunirá durante o sábado e o domingo bandas de rock, grupos locais e un mercado na Praza de Esther Pita con entrada gratuíta
O comedor do Parga Pondal segue sen ser reformado e o Concello encargará un informe sobre o seu estado
O Goberno local asegura que as obras comprometidas pola Xunta non se executaron por segundo verán consecutivo e anuncia unha reunión coa ANPA
O Parlamento reclama un plan integral para reparar o litoral deteriorado de Oleiros
A iniciativa pide actuar en paseos, varandas, escaleiras, pasarelas e miradoiros e reclama sinalizar ou pechar as zonas que poidan supoñer un risco
As obras para mellorar o firme das estradas da comarca xa están en marcha con 3,5 millóns de euros
A actuación da Xunta afecta vías de Betanzos, Bergondo, Sada, Oleiros, Oza Cesuras e Ordes, dentro dun programa que permitirá renovar 65 quilómetros na provincia
O Concello de Oleiros asegura que o TACGAL inadmite o recurso do PSOE sobre a limpeza viaria de Santa Cristina
O Goberno local sinala que o tribunal considera que non se concretou o suposto incumprimento na tramitación da modificación do contrato










