Sindicatos
O comercio da provincia da Coruña afronta catro días de folga en plena campaña de San Xoán
Os sindicatos convocan paros entre o 21 e o 24 de xuño tras denunciar o bloqueo das negociacións do convenio colectivo por parte da patronal
As traballadoras das escolas infantís municipais da Coruña protestan contra uns pregos que consideran un paso atrás
O persoal denuncia que non se incorporan melloras laborais nin educativas e critica que se premie ás empresas que ofrezan ata 50 horas de traballo en fins de semana
A folga do metal forza á patronal a pedir unha mediación no conflito do convenio
Miles de traballadores secundaron a oitava xornada de paro na provincia da Coruña, con mobilizacións na Coruña, Ferrol e Compostela. Se non hai avances, haberá novas folgas o 30 de xuño e os días 2, 7 e 9 de xullo
A folga do metal paraliza de novo a actividade na provincia e eleva a presión sobre a patronal
A CIG denuncia o bloqueo do convenio e advirte de que o conflito continuará con novas mobilizacións este mércores, o 30 de xuño e o 1 de xullo
O metal mantén a folga na provincia da Coruña tras o bloqueo nas negociacións do convenio
A CIG denuncia “inmobilismo total” da patronal, que só propón unha subida salarial do 0,25% e rexeita avanzar en condicións laborais
A CIG acusa ao Goberno de Culleredo de impedir a súa voz na negociación do persoal municipal
O sindicato denuncia que a Mesa Xeral foi levantada tras un atraso de trece minutos por unha incidencia médica e fala dunha 'dobre vara de medir' do Executivo local
CIG, UGT e CCOO condenan a agresión a unha xornalista na marcha do metal
A profesional resultou ferida polo impacto dun petardo tras recibir insultos machistas durante a mobilización provincial celebrada na Coruña
O metal chega á sexta xornada de folga coa negociación de novo sobre a mesa
A mobilización provincial partirá hoxe ás 12.00 horas de Santa Cristina cara á sede da patronal na Coruña, antes da reunión prevista para este venres
O metal mantén o pulso nas rúas e prepara unha marcha provincial de Oleiros á Coruña
A folga no siderometal continuará este xoves cunha mobilización desde Perillo ata a sede da patronal, mentres os sindicatos denuncian o bloqueo do convenio
O TSXG avala o acordo de UGT no conflito do bus interurbano da Coruña
A sentenza desestima a demanda da CIG contra o pacto de eficacia limitada asinado tras meses de folgas, mediacións e división sindical no transporte de viaxeiros por estrada
A ameaza sobre os atrasos endurece o conflito do metal na provincia de A Coruña
CIG e CCOO acusan a patronal de bloquear a negociación do convenio e chaman o persoal a secundar masivamente a folga dos días 9, 10 e 11 de xuño
O comercio galego planta cara ao convenio estatal ARTE tras a súa firma en Madrid
A CIG alerta de perdas salariais e laborais e pide á patronal galega que blinde os acordos provinciais
A presión nas oficinas bancarias leva a CCOO ás rúas da Coruña
O sindicato convocou para este mércores, 3 de xuño, unha marcha contra as principais entidades financeiras tras unha enquisa que reflicte un amplo malestar entre os cadros de persoal
O comercio volve á folga este martes en defensa dos convenios provinciais
A xornada incluirá unha concentración ás 12.00 horas diante da CEC, na Coruña, e unha manifestación en Vigo contra a aplicación do convenio estatal de ARTE
Unha caravana do ensino concertado percorre A Coruña e Vigo para esixir melloras laborais
O persoal reclama á Consellaría de Educación que sente a negociar condicións salariais, carga lectiva, xubilación parcial e complementos para administración e servizos
O Encontro do Noroeste de CCOO reclama un plan económico e social para territorios 'con dereito a futuro'
As direccións sindicais de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León reuníronse na Coruña para esixir máis investimento en infraestruturas, enerxía, vivenda, industria e servizos públicos
Tres días de folga desbloquean a negociación do convenio do metal na Coruña
CIG, UGT e CCOO valoran un cambio de actitude tras tres xornadas de folga, aínda que consideran insuficientes as primeiras propostas empresariais para o convenio provincial.
O metal mantén a presión antes da reunión coa patronal e deixa no aire novos paros en xuño
A CIG asegura que a terceira xornada de folga paralizou boa parte da actividade na provincia da Coruña e chama ao empresariado a negociar un convenio con avances reais
O comercio de alimentación irá á folga na provincia da Coruña este venres
CCOO, CIG, UGT e USO convocan paros o 29 de maio e anuncian concentracións na Coruña, Ferrol, Santiago e Ribeira ante o bloqueo na negociación do convenio
Novos paros no metal os días 9, 10 e 11 de xuño se non avanza a negociación
A CIG asegura que o seguimento da segunda xornada de folga na provincia da Coruña foi superior ao da semana pasada e chama a manter a presión polo convenio
A falta de policías centra unha denuncia sindical na Coruña polo aumento da criminalidade
A Confederación Española de Policía reclama máis axentes na rúa e nos grupos de investigación tras comparar os datos de delitos de 2019 e 2025
O metal mantén a presión na Coruña na segunda xornada de folga
Os sindicatos elevan o pulso polo convenio provincial tras unha primeira mobilización con piquetes en A Grela, Sabón e Alvedro e unha marcha ata a sede da patronal
Novas protestas da CIG fronte ao Quirón pola sanción a dous membros do comité
A central sindical reclama a retirada dos expedientes á presidenta e ao secretario do comité de empresa e a readmisión deste último, despedido mentres estaba de baixa



