Sindicatos
USO Galicia reclama máis axentes e un plan de seguridade para a Policía Local da Coruña
O sindicato pide recuperar a Policía de Barrio, mellorar os medios materiais, renovar as instalacións e reforzar a coordinación entre os distintos corpos policiais
O comercio de alimentación da provincia da Coruña afronta a súa terceira xornada consecutiva de folga para reclamar un convenio digno
Os sindicatos denuncian o bloqueo das negociacións e aseguran que supermercados e plataformas loxísticas están paralizados ou funcionando baixo mínimos
Tres novos días de folga para o comercio de alimentación da Coruña ante o bloqueo do convenio
CIG, CCOO, UGT e USO convocan paros o 15, 16 e 17 de agosto e anuncian unha manifestación para o luns 17 na cidade da Coruña
Un despedimento volve enfrontar a Carpintería Cerqueiro coa CIG por un conflito sindical
O sindicato reclama a readmisión dun delegado tras fracasar a conciliación no SMAC e lembra que a empresa xa tivo que recoñecer a improcedencia doutro despedimento relacionado cunha candidatura sindical
O comité de Tranvías da Coruña denuncia a ruptura das negociacións do convenio tras once reunións
A representación sindical acusa á empresa de bloquear o acordo pese aos avances e reclama que retome o diálogo para mellorar os salarios e as condicións laborais
A CIG intensifica as mobilizacións no comercio galego con concentracións o 7 de agosto e unha nova folga o día 15
O sindicato denuncia a precariedade laboral no sector e reclama máis persoal, melloras salariais e un acordo marco galego de comercio
ASAC lamenta a falta de acordo tras a mediación e destaca o esforzo para minimizar o impacto da folga
A asociación asegura que a maioría dos supermercados permaneceron abertos durante as xornadas de paro e confía en retomar a negociación para acadar un convenio equilibrado
A folga no comercio de alimentación da Coruña volve deixar supermercados baixo mínimos e plataformas loxísticas paralizadas
A CIG asegura que o seguimento da quinta xornada de paro foi masivo e responsabiliza á patronal do bloqueo das negociacións tras o fracaso da mediación
A CIG-Saúde denuncia a saturación das Urxencias do CHUAC e reclama reabrir máis de 130 camas pechadas
O sindicato atribúe o colapso á falta de planificación estival, á escasa cobertura das vacacións e á insuficiencia de recursos asistenciais
Roberto Vila (CIG): 'Se unha empresa reclama as pérdidas dunha folga, é porque recoñece que tivo éxito'
O responsable de Comercio da CIG na Coruña sostén que a negociación do convenio de alimentación sigue bloqueada, defende que os sindicatos rebaixasen as súas esixencias e asegura que a demanda de 1,25 millóns presentada por Gadis evidencia o impacto das movilizacións
Alarma en Arteixo polo anuncio de suspensión temporal para máis de cen operarios de Ferroglobe
O comité de empresa rexeita de plano a medida exposta na súa factoría de Sabón e os traballadores preparan xa un calendario de mobilizacións
Máis de cento cincuenta empregos colgan dun fío polo desmantelamento tecnolóxico na Coruña
O persoal de Concentrix vai á folga este mércores cunha gran mobilización para esixir que se free o traslado de actividade cara a terceiros países
Alarma sindical ante un novo paso no desmantelamento do histórico hospital Santa Teresa na Coruña
A CIG denuncia a externalización do departamento de rehabilitación e fisioterapia que deixa a once profesionais na incerteza ás portas da subrogación
O centro comercial Marineda prepárase para unha gran protesta polo futuro do comercio
O sindicato CIG convoca paros de 24 horas e concentracións na Coruña para esixir salarios xustos e melloras organizativas fronte á precariedade
O sindicato CIG reclama cambios no novo contrato da axuda a domicilio de Arteixo para protexer o cadro de persoal
A central sindical solicita o recoñecemento profesional das auxiliares do SAF e rexeita que se aplique un convenio estatal alleo ao sector
GaliciaXa
A loita das dependentas do téxtil na Coruña revívese ante a nova manobra da patronal para cambiar o convenio estatal
O sindicato CIG exixe a retirada total do marco estatal impulsado por ARTE fronte á convocatoria de urxencia dunha xuntanza telemática
Unha grave falta de persoal e desorganización colapsan a sección de violencia sobre a muller na Coruña
O sindicato CIG denuncia esperas de varias horas para as vítimas e xornadas laborais abusivas que superan as dez horas diarias debido ao colapso de xuízos rápidos
O conflito do transporte de mercadorías estoupa na Coruña cunha protesta no polígono da Agrela
As centrais sindicais denuncian unha perda de poder adquisitivo superior ao doce por cento e programan unha nova mobilización en Santiago para o vindeiro xoves
Unha protesta sindical contra o convenio estatal de grandes marcas rodea a xunta de accionistas de Inditex en Arteixo
Mentres a dirección aproba o dividendo e a reelección de Marta Ortega o exterior do complexo de Sabón acolle mobilizacións en defensa dos dereitos laborais
A refinería da Coruña encara tres novas xornadas de folga para reclamar emprego e investimentos
A CIG denuncia recortes de persoal, maiores cargas de traballo e unha aplicación abusiva dos servizos mínimos por parte de Repsol
O transporte de mercadorías da Coruña irá á mobilización tras romperse a negociación do convenio
CIG, CCOO e UGT convocan unha primeira protesta o 9 de xullo no polígono da Agrela e denuncian a falta de avances en salarios, xornada e condicións laborais
A folga do metal da Coruña segue no aire á espera dunha nova proposta da patronal
A CIG-Industria asegura que na mediación deste venres houbo avances, pero aínda insuficientes para desconvocar os paros previstos para o 30 de xuño e o 2, 7 e 9 de xullo
A negociación do convenio do metal da Coruña segue bloqueada tras unha nova xornada de mediación sen avances
A CIG acusa á patronal de manter unha postura inmobilista e confirma que continúan convocadas as folgas previstas para finais de xuño e comezos de xullo

