Sindicatos
O taxi en A Coruña sobe a presión e chama á rúa contra os VTC
Radiotaxi e Teletaxi convocaron para o 25 de marzo unha manifestación entre o Obelisco Millennium e O Parrote co foco posto no control dos servizos urbanos e na demora dunha ordenanza específica
Javier Caínzos, alcalde de Curtis, reclama a adhesión da Coruña á fronte común para salvar Losán
O alcalde de Curtis pide a Inés Rey que o Concello coruñés se sume ao acordo impulsado por oito municipios para reforzar a presión sobre a SEPI e os ministerios de Industria e Economía ante a crise do grupo madeireiro
O comercio sae á rúa para esixir salarios dignos e blindar o convenio provincial
Centos de traballadoras e traballadores manifestáronse este domingo na Coruña para reclamar a negociación inmediata do marco laboral da provincia e rexeitar a vía dun convenio estatal impulsado por ARTE
ACoruñaXa
CCOO pide recuperar a xubilación especial aos 64 anos no convenio da limpeza da provincia
O sindicato diríxese ás partes asinantes para que rectifiquen a supresión do artigo, unha medida que considera clave nun sector moi feminizado e con alta parcialidade
O persoal do bus por estrada decide hoxe, 2 de marzo, os seguintes pasos tras o pacto de eficacia limitada
A CIG reúne este luns 2 ás traballadoras e traballadores do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña para explicar o acontecido na mediación e debater accións, incluída a posíbel impugnación do acordo asinado por patronal e UGT
O persoal do autobús leva a Santiago a súa esixencia dun convenio 'digno' e que se respecte o referendo
Centos de traballadores e traballadoras manifestáronse entre a estación intermodal e a Praza do Toural para rexeitar que se reactive un acordo que o 70% do cadro de persoal tombou nas urnas
O conflito do convenio do transporte en bus na Coruña chega ao Parlamento e convoca unha marcha en Compostela este domingo
O BNG acusa a Xunta de ‘poñerse do lado de Monbus’ mentres o acordo segue bloqueado e chama a participar na manifestación do 22 de febreiro, con saída ás 12.00 horas da estación
A CIG encérrase na sede da CEC na Coruña para forzar o desbloqueo do convenio do bus interurbano
Unha vintena de delegados, co secretario xeral Paulo Carril, denuncia que a patronal segue sen responder á última proposta na mediación e advirte dunha negociación 'paralizada'
Losán entra nunha fase decisiva: presión política e xudicial mentres continúan os impagos nas plantas de Curtis e Vilasantar
A Deputación da Coruña aprobou unha declaración institucional que pide condicionar calquera apoio público ao emprego, e o BNG levará o caso ao Congreso nun momento no que a reestruturación do grupo segue condicionada por frontes nos tribunais
García Seoane reclama á Xunta unha solución urxente ao caos do transporte público na comarca da Coruña
O Concello de Oleiros anuncia que chamará á unidade a alcaldías, entidades veciñais, sindicatos e empresas tras meses de incidencias e a falta de reunión comprometida para xaneiro
O persoal de Losán pide en San Caetano un plan de viabilidade e máis acompañamento institucional
Traballadores das plantas de Curtis e Vilasantar concentráronse en Santiago para reclamar información clara sobre o futuro do grupo e medidas que permitan reactivar a produción e manter o emprego
O persoal de Losán leva a Madrid a súa protesta tras catro nóminas sen cobrar: 'Basta de non cobrar, queremos traballar'
Un centenar de traballadores das plantas de Curtis e Vilasantar e dos servizos centrais da Coruña concentrouse ante a SEPI para reclamar ao Ministerio de Facenda unha saída inmediata que garanta o emprego de arredor de 700 familias
Os comités de Losán reclaman á SEPI un plan industrial ‘real e vinculante’ para garantir emprego e produción
A representación social advirte de que a incerteza afecta a preto de 800 persoas e lembra o peso das plantas de Curtis e Vilasantar, con máis de 200 traballadores, polo que convocan mobilizacións o 5 e o 12 de febreiro
O 'non' da plantilla mantén aberto o conflito do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña
A votación en urna tumba o preacordo entre UGT, CCOO e a patronal e devolve a negociación á mediación, coa ameaza dunha folga indefinida no horizonte
A falta de persoal agrava os atrasos no reparto postal na Coruña e acumula milleiros de envíos pendentes
As unidades de distribución traballan por baixo de mínimos e as demoras afectan cartas e notificacións administrativas, nun contexto de reorganización interna e medidas de captación de persoal
En suspenso a folga indefinida do autobús na Coruña tras un preacordo entre patronal e sindicatos
UGT e CCOO avalan o texto mentres a CIG o rexeita; a última palabra terana as asembleas do persoal, que poderían celebrarse este mércores
O comité de Industrias Losán convoca dúas concentracións para esixir unha saída 'urxente' que asegure futuro e emprego
As mobilizacións serán o 5 de febreiro diante da Delegación do Goberno na Coruña e o 12 de febreiro no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago
O BNG pide á SEPI que garanta o mantemento do emprego no Grupo Losán
Néstor Rego reclama ao Goberno do Estado canles de comunicación coa empresa, o comité e a Xunta e un plan de viabilidade para asegurar a actividade en Curtis e Vilasantar
Patronal e sindicatos vólvense sentar hoxe, 30 de xaneiro, para tentar evitar a folga indefinida dos autobuses na provincia da Coruña
A mediación está convocada no Consello Galego de Relacións Laborais, en Santiago, a tres días do paro anunciado para o 2 de febreiro se non hai acordo




