AcorunaXA
A ciencia tamén se serve nos bares con catro charlas divulgativas en Arteixo
A localidade incorpórase por primeira vez ao festival Pint of Science, que levará a investigación ao Bar Latitud e ao Bar La Ventana os días 19 e 20 de maio
O CHUAC alcanza os 1.000 transplantes de pulmón desde o inicio do programa
O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña realizou a pasada semana unha intervención histórica dentro dunha xornada na que tamén se fixeron transplantes de ril, fígado e corazón
O conflito do metal esténdese en Galicia con novas folgas en Pontevedra e a primeira convocatoria na Coruña
O sector da provincia pontevedresa afrontará cinco xornadas de paro os días 13, 14, 19, 20 e 21 de maio e na Coruña será o 19
Un campamento tecnolóxico para nenos de 6 a 12 anos abre inscrición na Coruña
A Cátedra ALDABA-WIB da UDC organiza unha nova edición do ALDABA TIC-Camp, con robótica, programación, intelixencia artificial, drons, impresión 3D e ciberseguridade
Un investimento de 800.000 euros renovará o Conservatorio Municipal de Culleredo
A Deputación da Coruña achega 25.000 euros ao funcionamento dun centro no que se forman gratis 160 alumnos e alumnas
Unha mostra lembra medio século do desastre do Urquiola na costa coruñesa
A exposición 'Mareas Negras. O desastre do Urquiola' abriu na rúa Compostela para conmemorar o afundimento do petroleiro, ocorrido o 12 de maio de 1976
Os campamentos de verán abren 360 prazas para axudar á conciliación familiar en Miño
O Concello activa este mércores 13 de maio a preinscrición para 'Miño Respira' e para o campamento deportivo, que se desenvolverán en catro quendas entre xullo e agosto
GaliciaXa
Convocadas novas mobilizacións no sector da atención á discapacidade, menores e escolas infantís
Dentro das mobilizacións previstas, este mércores 13 de maio celebrarase unha concentración diante do edificio de Política Social na Coruña
Activada a busca dunha muller de 50 anos desaparecida en Sada
O Concello pide colaboración cidadá para localizar a Irene María Mosquera, de 50 anos, e solicita que calquera pista se comunique á Policía Local, á Garda Civil ou a Emerxencias
O patrimonio oculto da Coruña ábrese ao público por primeira vez
A I Semana do Patrimonio Invisible ofrecerá do 12 ao 15 de maio visitas guiadas gratuítas a dez espazos históricos normalmente pechados ou con acceso restrinxido
O litoral de Arteixo ábrese ao público con dez rutas guiadas
O Concello organiza dez andainas gratuítas entre o 15 de maio e o 21 de xuño para achegar á cidadanía a riqueza natural, marítima e cultural da costa
A Coruña reúne ás alcaldesas para debater sobre cultura, feminismo e cidade
O III Encontro de Alcaldesas celebrarase este mércores con representantes municipais, profesionais da cultura e expertas en memoria, igualdade e desenvolvemento urbano
GaliciaXa
A Xunta activará o día 1 de xuño o sistema de alertas por episodios de calor
MeteoGalicia emprega un modelo de predición cunha alta resolución con capacidade para prognosticar temperaturas con tres días de antelación
O PP de Oleiros acusa a García Seoane de aplicar un dobre criterio coas cesións viarias
Os populares comparan a aceptación dos accesos a Santa Cristina coa negativa a asumir un tramo en O Couto para mellorar a seguridade viaria
O Banco de Alimentos reúne as súas entidades colaboradoras en A Coruña
A sede da ONCE na Coruña acollerá este mércores, 13 de maio, o primeiro encontro provincial para recoñecer unhas alianzas que axudan xa a máis de 26.000 persoas
Novos tratamentos para protexer as palmeiras de Méndez Núñez
O Concello actuará esta semana contra o picudo vermello e reforzará o mantemento vexetal noutros espazos verdes da cidade
A viticultura sostible centra unha xornada técnica en Abegondo
O encontro ‘Infraestrutura verde e viticultura na IXP Betanzos’ celebrarase o 14 de maio na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Froita e leite para fomentar hábitos saudables nas escolas
Dezaoito centros da área metropolitana da Coruña participan este curso no programa da Xunta, que repartirá 26.875 quilos de froita e 79.958 litros de leite
O Open Náutico ESFUERZA volve reunir vela e piragüismo adaptado
A Fundación María José Jove organiza do 12 ao 14 de xuño na baía da Coruña a novena edición deste evento deportivo, único en Galicia, con inscrición aberta ata o 22 de maio
Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González pechan o Atlantic Pride de A Coruña
O festival gratuíto celebrarase do 5 ao 12 de xullo na Coruña cun cartel interxeracional que mestura pop, electrónica, talento galego e cultura drag
A seguridade do 'Cruce do París' chega ao Parlamento galego
O BNG reclama á Xunta unha intervención urxente no cruzamento da AC-840 coa CP-0160 e a estrada da estación, un punto con pouca visibilidade e tránsito habitual cara ao centro de saúde de Oza Cesuras
O Arteixo Balonmán pecha o curso cun título e un subcampionato
O sénior masculino asinou un curso de alto nivel coa Copa Federación e o segundo posto na Final 4 da Segunda Autonómica disputada en Bueu
Besteiro acusa ao PP de frear o galego e pide triplicar o orzamento lingüístico
O PSdeG abriu na Coruña a súa Semana das Letras Galegas cun foro sobre linguas cooficiais no que participou representantes socialistas de Cataluña, Euskadi e Europa
O Sada CF celebra o ascenso do Cadete A como campión de liga
O equipo sadense pecha unha tempada de forte crecemento no fútbol base e confirma o ascenso tras proclamarse campión da Primeira Futgal cadete




