Sucesos
A rotura dunha marquesiña en Cencasas eleva a preocupación polos actos vandálicos en Vilasantar
O Concello condena un novo ataque contra o mobiliario público e pide colaboración veciñal para identificar ás persoas responsables
Varios lugares das parroquias de Ambroa e A Viña quedarán sen auga o luns pola mañá
O corte producirase entre as 07.00 e as 13.00 horas por traballos de mantemento na rede de distribución
Reclaman unha auditoría independiente tras difundirse imaxes de maltrato nunha granxa de visones de Abegondo
A Fundación Franz Weber critica a resposta da Xunta e pide inspeccións sorpresivas nas granxas de visón que continúan activas en Galicia
Un incendio nunha nave abandonada mobiliza os servizos de emerxencia en Culleredo
O lume produciuse nun inmoble situado en Cordeda e non causou danos persoais
Unha granxa de visón de Abegondo, denunciada por suposto maltrato animal e deficiencias sanitarias
A organización Arde Global levou os feitos á Fiscalía Provincial da Coruña tras documentar animais enfermos, cadáveres, sucidade e posibles fallos de bioseguridade nunha explotación peletera
Localizada con vida a muller desaparecida desde o luns en Sada
O Concello confirmou este mércores o achado de Irene María Mosquera, veciña de 50 anos, tras o chamamento á colaboración cidadá
Un manifesto reclama en María Pita máis recursos para a fibromialxia
Entidades sociais conmemoraron o Día Mundial da Fibromialxia e da Síndrome de Fatiga Crónica nun acto ao que asistiron representantes do goberno local, do BNG e do PP
Activada a busca dunha muller de 50 anos desaparecida en Sada
O Concello pide colaboración cidadá para localizar a Irene María Mosquera, de 50 anos, e solicita que calquera pista se comunique á Policía Local, á Garda Civil ou a Emerxencias
A Liga Maker Drone reúne na Coruña a máis de 170 estudantes de toda Galicia
Resultaron gañadores dous colexios de Vigo, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos, o IES Isaac Díaz Pardo de Sada e o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz
A banda municipal de Oleiros aspira a un dos Premios Martín Códax da Música
A formación da Escola Municipal foi elixida finalista na categoría de Bandas de Música Popular entre máis de 400 candidaturas de toda Galicia
Irixoa amplía ata o 9 de maio a inscrición para a saída ao balneario de Guitiriz
A actividade celebrarase o xoves 21 de maio e as prazas asignaranse por orde de solicitude, tras a valoración técnica do perfil das persoas usuarias
O corte da auga obrigará a reorganizar servizos no centro histórico de Betanzos
A reparación dunha condución na rúa Travesa deixará sen subministración varias rúas de Betanzos entre as 22.00 horas deste luns e as 3.00 horas do martes
O conflito polo Parque da Agra leva o barrio de novo á rúa
A manifestación convocada para este sábado chega tras décadas de reclamacións veciñais, a apertura parcial do Observatorio e o choque co cambio urbanístico que o Concello quere aprobar
A seguridade aérea obriga a limitar drons e fogos en Oza Cesuras durante máis dun mes
O Concello traslada á veciñanza que o peche do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, entre o 23 de abril e o 27 de maio, desviará parte do tráfico a Alvedro e endurecerá as restricións para determinadas actividades especiais
Cae unha parella investigada por varios roubos con forza na contorna de Bergondo, Sada, Cambre e Oleiros
A Garda Civil detivo un home de 32 anos e unha muller de 26, ambos veciños de Bergondo, no marco da operación 'Audel', aberta tras detectar desde decembro un aumento de asaltos con pautas similares en varios concellos da área metropolitana coruñesa
Un fallo na TDT deixa sen sinal a numerosos fogares en Sada e obriga a revisar o repetidor
A incidencia afecta a distintas zonas do núcleo urbano de Sada e xa foi trasladada a Retegal, que enviará un técnico para localizar a avaría e recuperar o servizo
Riazor perde o regreso de El Último de la Fila en plena carreira do Dépor polo ascenso
O concerto previsto para o 13 de xuño na Coruña queda sen o estadio municipal cando o Deportivo segue en postos de promoción, cun partido pendente, e co 'play off' de ascenso situado oficialmente entre o 7 e o 21 de xuño
Final feliz tras a busca de Daoud, o mozo desaparecido en Vilasantar
O rapaz de 17 anos foi localizado ás 6.30 horas deste martes na estrada entre Teixeiro e Sobrado dos Monxes, á altura das Cruces, por unha patrulla da Garda Civil de Curtis
Activan a busca dun mozo de 17 anos desaparecido en Guillereu
SOS Desaparecidos difundiu este luns a alerta por Daoud B. C., visto por última vez na parroquia de San Vicente, en Vilasantar, mentres o Concello pide colaboración cidadá para tratar de localizalo
Claudia López leva o nome de Aranga ao máis alto na Moexmu 2026
A moza da gandería López Fontela gañou o Concurso Internacional de Xóvenes Preparadores de Gando e pechou a feira cun novo recoñecemento en Muimenta
Un corte temporal de auga afectará o martes a varias rúas de Arteixo por obras de mellora na rede
A interrupción do subministro está prevista para o 14 de abril entre as 15.30 e as 18.30 horas e alcanzará a avenidas como Arsenio Iglesias e da Prensa, ademais doutras vías da zona
ASPACE Coruña alerta dun novo intento de estafa usando o nome da entidade porta a porta
A asociación advirte de que non ten a ningunha persoa solicitando cartos polas vivendas e pide á veciñanza que denuncie ante as autoridades se se atopa con esta situación
Seis novas multas en Oleiros por deixar cartóns e mobles fóra dos contedores
O Concello sancionará con 600 euros a cada unha das persoas identificadas en Perillo e no Seixo por incumprir as normas de depósito do lixo
A febre dos paquetes sorpresa aterra en Marineda con dez toneladas de envíos perdidos
A firma francesa King Colis abrirá do 6 ao 11 de abril unha tenda efémera na Coruña na que venderá paquetes 'ao peso' e sen revelar o seu contido ata despois da compra




