Sucesos
Un acto vandálico no parque de Cabildos acabará en denuncia en Betanzos
O Concello emprenderá accións legais tras romperse a pedradas unha pantalla informativa led instalada recentemente no recinto do casco histórico
A mostra 'De cando as vacas son vacas' despídese de Curtis tras máis de dous meses de apertura
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou na clausura da exposición de José Luis Míguez na Casa Museo de María Antonia Dans, un espazo que se foi consolidando como referente da actividade cultural no municipio
Fina Naveira recibe o Premio Úrsula Meléndez de Texeda 2026 pola súa entrega á veciñanza de Infesta
O Concello de Betanzos recoñece a traxectoria da histórica presidenta da Asociación de Veciños de Infesta, á fronte da entidade desde 1998 e impulsora dunha intensa actividade social, cultural e educativa
A presión veciñal medra contra o 'muro' de ADIF na estación de Teixeiro
A Plataforma Veciñal reúne xa 2.051 sinaturas para reclamar unha solución urxente ao peche do paso peonil, unha medida que consideran que parte o núcleo en dous e agrava os problemas de accesibilidade e seguridade
Piden colaboración veciñal para frear os roubos de cable no alumeado público en Oleiros
O Concello solicita á cidadanía que avise á Policía Local se detecta movementos sospeitosos nas inmediacións das farolas municipais, tras varios furtos rexistrados nos últimos días
Un desprendemento obriga a pechar un tramo do sendeiro Costa Doce en Sada
O Concello de Sada clausurou de forma preventiva o paso en Armenteiro, na parroquia de Carnoedo, tras detectarse risco de novos movementos no cantil
O comercio da Coruña sae á rúa para reclamar salarios dignos e frear o convenio estatal
A manifestación convocada para este domingo 15 de marzo partirá da Praza de Lugo ás 12.00 horas para esixir a renovación do convenio provincial e rexeitar o marco que impulsa a patronal ARTE
ACoruñaXa
Máis respaldo provincial para as protectoras de animais
A Deputación da Coruña impulsa unha nova convocatoria de axudas para apoiar o labor das entidades que atenden animais abandonados, cunha liña para actividades e outra para investimentos nas instalacións e no equipamento
Trinta anos ao carón da infancia para garantir fogares seguros
A Fundación Meniños, con sede na Coruña, conmemora tres décadas de traballo en protección infantil cunha mensaxe directa aos nenos e nenas aos que acompañou ao longo da súa traxectoria
A infancia de Oza-Cesuras rompe estereotipos nunha actividade polo 8M
Os nenos e nenas das propostas de conciliación participaron nunha xornada especial para reflexionar sobre os roles de xénero a través do xogo e da creatividade
Oito menores, sorprendidos tras acceder aos muíños de Acea de Ama para facer pintadas
A Policía Local de Culleredo identificou os mozos no marco da campaña de vixilancia sobre o patrimonio municipal e trasladou as dilixencias á Garda Civil
O calendario municipal de Paderne terá nova tiraxe tras detectarse erros na edición repartida polo Nadal
O Concello asegura que xa localizou e corrixiu varios fallos tipográficos e que volverá distribuír o almanaque nas vindeiras semanas sen custo para a veciñanza
Un incendio deixa fóra de servizo os aseos do paseo marítimo de Sada tras arder un carriño no interior
O Concello denuncia un acto vandálico nos baños públicos situados xunto ás pistas polideportivas e confirma que a Policía Local investiga os feitos
Aviso por posibles episodios puntuais de turbidez na auga tras traballos de mantemento en Cambre
EMALCSA deixará fóra de servizo este martes 3 de marzo a tubaxe de impulsión que abastece o depósito de Bergondo e o Concello de Cambre advirte de que as incidencias poderían notarse desde o mércores 4
Alerta por chamadas fraudulentas que suplantan ao Concello de Culleredo para vender depuradores de auga
O goberno local desminte calquera campaña deste tipo e pide á veciñanza que non facilite datos persoais e que avise ás autoridades se recibe o contacto
Quendas mixtas de taxi en Alvedro con licenzas de Culleredo e A Coruña a partir do 16 de marzo
A Xunta formaliza o convenio cos dous concellos para crear un réxime específico no aeroporto, cunha parada inicial de 35 vehículos e unha bolsa de reforzo para cubrir picos de demanda
Os veciños de Xora, en Coirós, reclaman solucións tras novos altercados pola presencia de cans soltos
A Asociación veciñal avisa de que o problema ‘ven de tempo atrás’ e fala de ‘un montón de denuncias’, mentres dous episodios dos últimos días impulsan unha recollida de firmas para pedir unha intervención efectiva
María Pan declara como investigada polo caso das horas extra da Policía Local
A exalcaldesa, que era responsable de Economía e Facenda cando se fixeron os abonos baixo sospeita, compareceu no Xulgado de Instrución número 5 da Coruña nun procedemento que analiza pagos por uns 565.000 euros e que tamén salpica ao seu antecesor, Óscar García Patiño
Un aniversario de 104 anos en Coruxou: Tomasa López Cagiao, a veciña máis lonxeva de Irixoa
O Concello felicitou á centenaria cunha visita do concelleiro de Servizos Sociais e do equipo técnico municipal, nun xesto de recoñecemento á memoria viva do rural




