Melloras na rede de abastecemento obrigarán a cortar a auga en varias rúas de Arteixo

Os traballos de mellora na rede xeral de abastecemento provocarán un corte temporal do subministro de auga en varias rúas de Arteixo durante a tarde do martes 14 de abril. A interrupción do servizo está prevista, salvo imprevistos, entre as 15.30 e as 18.30 horas.
As zonas afectadas serán a avenida de Arsenio Iglesias, a avenida da Prensa, a travesía do Rañal, a rúa Praia da Salsa, a rúa Praia de Repibelo, a rúa Praia de Sabón, a rúa Praia de Alba, a rúa Pedra do Xiro, a rúa Punta do Aguillón, a rúa Monte San Tirso, a rúa Illote Pedra da Herba, a rúa Illote de Galdrana, a rúa Punta da Traviesa e a rúa dos Casteletes.
Desde o servizo de abastecemento recomendan á veciñanza revisar que ningunha billa quede aberta durante o corte para evitar perdas innecesarias de auga e posibles incidencias nas instalacións interiores cando se restableza o servizo.
Tamén se aconsella non utilizar electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas durante o tempo que dure a interrupción. O aviso remata cunha petición de desculpas polas molestias que poidan ocasionar estes traballos.