Un fallo na TDT deixa sen sinal a numerosos fogares en Sada e obriga a revisar o repetidor

ACoruñaXa
A incidencia afecta a distintas zonas do núcleo urbano de Sada e xa foi trasladada a Retegal, que enviará un técnico para localizar a avaría e recuperar o servizo
fallos tdt- televisor-linea
21 Apr 2026

Unha incidencia importante na recepción da TDT está a afectar desde esta fin de semana a veciños e veciñas de distintas zonas do núcleo urbano de Sada, onde numerosos fogares teñen dificultades ou, directamente, non poden visualizar varias canles de televisión.

As incidencias foron comunicadas ao Concello e a Retegal. Realizouse unha comprobación exterior da infraestrutura para descartar un posible fallo eléctrico na zona, paso previo á revisión técnica do sistema de emisión. Unha vez efectuada esa primeira verificación, Retegal confirmou o envío dun técnico para inspeccionar o repetidor e tratar de restablecer o servizo coa maior rapidez posible en canto se determine a orixe do problema.

Desde o Concello lembran que este tipo de infraestruturas de telecomunicacións non son de titularidade municipal e que o seu mantemento non corresponde á administración local, senón a Retegal, empresa dependente da Xunta de Galicia.

Por este motivo, o goberno local indica que calquera incidencia relacionada coa recepción da televisión debe comunicarse directamente a Retegal, a través do teléfono 981 546 723, co fin de axilizar a detección da avaría e a reposición da sinal.

0.1335608959198