Empresa e industria
GaliciaXa
O emprendemento gaña peso como ferramenta para crear emprego na provincia de A Coruña
A Deputación da Coruña destaca nunha xornada de AJE Galicia o valor das novas iniciativas empresariais para dinamizar a economía local
Tres días de folga desbloquean a negociación do convenio do metal na Coruña
CIG, UGT e CCOO valoran un cambio de actitude tras tres xornadas de folga, aínda que consideran insuficientes as primeiras propostas empresariais para o convenio provincial.
O futuro das plantas de Losán en Curtis e Vilasantar queda pendente da decisión xudicial
A compañía asegura apoio suficiente ao seu plan de reestruturación, que prevé pagar os salarios pendentes, reordenar a débeda e recuperar actividade industrial de forma progresiva
O metal mantén a presión na Coruña na segunda xornada de folga
Os sindicatos elevan o pulso polo convenio provincial tras unha primeira mobilización con piquetes en A Grela, Sabón e Alvedro e unha marcha ata a sede da patronal
A Xunta autoriza a explotación mineira de Ordes a Erimsa malia as 177 alegacións presentadas
A DIA, emitida o pasado 30 de outubro, concluíu que o proxecto é “ambientalmente viable”, sempre que se cumpran as medidas recollidas no estudo de impacto ambiental
A plantilla da refinería sae á rúa contra os recortes e reclama investimentos a Repsol
A CIG advirte do deterioro das condicións laborais no complexo da Coruña e iniciará os trámites para convocar folga a finais de maio
GaliciaXa
Empresas da provincia poderán optar a 80.000 euros nos Premios PEL 2026
A Deputación da Coruña mantén aberta a convocatoria ata o 12 de maio e anima especialmente aos proxectos do rural a presentar candidatura
Yolanda Díaz reivindica na Coruña o papel das cooperativas nos coidados, a vivenda e a inclusión
A vicepresidenta segunda do Goberno participou nun encontro organizado por EspazoCoop con entidades galegas que traballan en servizos esenciais, vivenda colaborativa e intervención social
Losán gaña tempo para presentar o seu plan de viabilidade nun momento clave para as plantas de Curtis e Vilasantar
O grupo obtén unha ampliación de prazo tras rematar o período de preconcurso, mentres a plantilla segue pendente de solucións e reclama información sobre o futuro da compañía
Losán esgota o preconcurso entre protestas e incerteza polo futuro de Curtis e Vilasantar
O cadro de persoal concéntrase ante o xulgado no día límite para presentar un plan de viabilidade, mentres reclama garantías para o emprego e a continuidade das fábricas
Acesada renova a súa directiva e abre unha nova etapa de apoio ao comercio local de Sada
A asociación de comerciantes e empresarios de Sada mantén a Irene Ventura na presidencia e propón colaborar na sinalización provisional de beirarrúas deterioradas para mellorar a seguridade e a imaxe urbana
O PPdeG leva ao Senado a demanda dun plan 'sólido' para reactivar Losán
A formación insta ao Goberno central e á SEPI a validar unha saída para o grupo antes de que remate o prazo do preconcurso, nun contexto de crecente preocupación polo emprego en Curtis e na contorna
O conflito de Losán chegará ao pleno de A Coruña cunha petición de apoio institucional
Miguel Lorenzo anuncia unha iniciativa para que o Concello da Coruña se adhira ao acordo impulsado polos 12 municipios máis afectados pola crise do grupo, que tamén mantén 40 traballadores na cidade
Dobre campaña en Ordes para impulsar o comercio local polo Día da Nai e do Libro
AECOR activa dúas iniciativas simultáneas co apoio do Concello de Ordes e da Xunta para premiar as compras de proximidade con agasallos tecnolóxicos, unha sesión fotográfica, entradas para un contacontos e pases para inchables
Losán eleva a presión sobre a Xunta cun aviso de fondo: 200 empregos seguen pendentes dunha saída urxente
O comité reclama unha mesa negociadora inmediata para desbloquear a crise nas plantas de Curtis e Vilasantar e denuncia que a empresa non presentou un proxecto industrial crible
Losán leva a protesta a Teixeiro para pedir unha saída industrial
O comité convoca este mércores, 18 de marzo, ás 12.00 horas unha concentración diante da Casa do Concello de Curtis e reclama á Xunta e á SEPI unha mesa urxente sobre o futuro da planta
Un 'tesouro' para celebrar o Día do Pai e mover o comercio local
AECOR pon en marcha en Ordes unha campaña con máis de 80 establecementos e un sorteo dunha Smart TV de 50 polgadas valorada en 376 euros, no que se pode participar ata o 21 de marzo
Nova protesta da plantilla de Losán para esixir salarios e garantías de continuidade
O comité convoca unha concentración o xoves 26 de febreiro ás 12.00 h diante das oficinas centrais do grupo na Coruña, mentres continúa a falta de información sobre a viabilidade das plantas
San Valentín dálle pulo ao comercio do Centro Comercial Aberto de Ordes coa campaña 'O amor está no escaparate'
A Xunta subliña o efecto dinamizador da iniciativa de Aecor, que implicou á clientela na valoración dos escaparates e sorteou un vale de 150 euros
A Xunta anima os concellos a pedir axudas para modernizar parques empresariais
Belén do Campo visitou o polígono de Coirós, que o ano pasado recibiu preto de 51.000 euros para habilitar un aparcadoiro, e lembra que o prazo para solicitar a nova convocatoria remata o 3 de marzo
O BNG leva ao Congreso a crise de Losán e pide un papel activo da SEPI para salvar o emprego
A iniciativa pon o foco nas plantas de Curtis e Vilasantar, con preto de 200 postos directos en xogo e atrasos salariais, e reclama coordinación co comité e coa Xunta para un plan de viabilidade
CCOO move ficha para reactivar o convenio do bus interurbano na provincia da Coruña
O sindicato presenta sete cambios sobre o preacordo rexeitado pola plantilla e agarda pola resposta da patronal e pola convocatoria dunha nova xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais
A CIG encérrase na sede da CEC na Coruña para forzar o desbloqueo do convenio do bus interurbano
Unha vintena de delegados, co secretario xeral Paulo Carril, denuncia que a patronal segue sen responder á última proposta na mediación e advirte dunha negociación 'paralizada'
Losán entra nunha fase decisiva: presión política e xudicial mentres continúan os impagos nas plantas de Curtis e Vilasantar
A Deputación da Coruña aprobou unha declaración institucional que pide condicionar calquera apoio público ao emprego, e o BNG levará o caso ao Congreso nun momento no que a reestruturación do grupo segue condicionada por frontes nos tribunais


