Novas de A Coruña
Miguel Lorenzo plantea un bus urbano gratuíto para os menores de 23 anos se chega á Alcaldía
O candidato do Partido Popular critica a xestión do transporte ao inicio do curso universitario e reclama melloras nas paradas e nas frecuencias
A Coruña rexeita a nova parada do bus metropolitano proposta na rolda de Outeiro
O Concello trasladará á Xunta a súa oposición a situala xunto a Pérez Ardá porque suporía eliminar un tramo do carril bici e afectar a unha zona de carga e descarga
Un novo espazo no barrio Oza-Gaiteira-Os Castros facilita a conciliación das familias polas tardes
A iniciativa da asociación veciñal ofrecerá de luns a xoves xogos, contacontos, obradoiros e actividades educativas para nenas e nenos
57 equipos e tres campións mundiais: así será o décimo EcoRallye A Coruña
A proba celebrarase do 17 ao 20 de setembro, percorrerá 35 municipios galegos e converterá María Pita nun centro de mobilidade eléctrica
López Campos destaca o impulso á arte contemporánea gallega coa programación de ‘Aberto26’
Nove galerías das cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Vigo e Ourense participan neste proxecto con mostras simultáneas entre o 17 e 19 de setembro
Coruña Educa abre as inscricións para decenas de actividades escolares gratuítas
Ciencia, teatro, robótica, seguridade viaria, medio ambiente e prevención son algunhas das propostas para o curso 2026-2027
A investigación da UDC dá un salto e capta máis de 4 millóns de euros para proxectos de excelencia
A Universidade da Coruña aumenta un 37% os fondos obtidos na convocatoria da Xunta e logra financiamento para 19 candidaturas de investigación
Un milleiro de corredores toman Os Castros, O Castrillón e Eirís na Volta a Oza
Jorge Sieira e Noa Mirantes impoñéronse na categoría absoluta na quinta proba do circuíto Coruña Corre, que regresou tras o parón do verán
Sete sábados de espectáculos familiares para despedir o verán en Marineda City
Marineda Kids regresa este sábado con teatro, humor, música e maxia gratuítos para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos
O Teatro Colón recupera o seu pasado como sala de cinema cun novo ciclo de sete clásicos
Colón Cinema ofrecerá entre setembro e decembro películas de Lynch, Berlanga, Tarkovski, Mizoguchi, Chaplin, Bergman e Varda acompañadas de coloquios con figuras da cultura
Cinco barrios da Coruña e Cambre encheranse de contos e actividades para fomentar valores sociais
'Cultura Veciñal' levará propostas gratuítas para familias a diferentes puntos da área metropolitana entre setembro e novembro
O alugueiro modérase na Coruña, pero a zona tensionada segue rodeada de dudas e críticas
O Gobierno de Inés Rey asegura que os prezos frenaron a súa escalada un ano despois da declaración, mentres a oposición cuestiona a redución da oferta e reclama máis vivenda pública
O PP alerta do risco de caída na praza de Monte Alto e acusa ao Goberno local de ignorar un informe policial
Os populares aseguran que o documento, elaborado o 21 de xullo, advirte de 'grave risco' polos desniveis de ata 32 centímetros situados no exterior do mercado
ADEGA denuncia que máis do 90% dos residuos de SOGAMA acaba en vertedoiros ou na incineración
A organización ecoloxista alerta, 30 anos despois da catástrofe de Bens, do escaso uso das plantas de compostaxe e do estancamento da reciclaxe
O comercio de alimentación da Coruña volve á rúa con novas protestas, unha manifestación e tres días de folga
O persoal reclama melloras salariais e laborais mentres denuncia o bloqueo das negociacións por parte da patronal
A Casa Cornide dá un novo paso cara ao seu regreso ao patrimonio municipal da Coruña
O pleno aproba por unanimidade anular os acordos de 1962 que permitiron a saída do inmoble da titularidade municipal e a súa posterior chegada á familia Franco
O BNG da Coruña denuncia que o PP impide unha declaración institucional de apoio ao persoal do comercio de alimentación
Os nacionalistas aseguran que os populares non aceptaron asinar o texto, que reclamaba melloras laborais e salariais e máis diálogo coas empresas
Os sindicatos do ensino concertado cifran en máis do 60 % o seguimento da folga e anuncian novas mobilizacións
CCOO, FSIE, UGT, FeUSO, SNEP e CIG denuncian uns servizos mínimos «abusivos» e reclaman á Xunta a apertura de negociacións para mellorar as condicións laborais e salariais do sector
Jorge Drexler, Depedro e Maldita Nerea poñen en marcha un novo festival de música en Galicia
O Latidos Festival celebrará catro concertos entre novembro e xaneiro en A Coruña, Santiago e Pontevedra, con propostas que buscan achegar artistas e público
Sorteadas 50 vivendas públicas en Xuxán con alugueiros desde 138 euros e prioridade para menores de 36 anos
A promoción da Coruña inclúe pisos de dous, tres e catro dormitorios e permitirá seleccionar 50 adxudicatarios e 154 reservas
A creatividade toma forma na nova edición do Laboratorio de Cómics, Lettering e Ilustración da Fundación María José Jove
A proposta está dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos e comezará o 5 de outubro, con prazas limitadas e opción de gratuidade para familias que cumpran os requisitos
O Concello da Coruña reivindica o seu investimento nos centros educativos en plena polémica polas escolas infantís
O Goberno de Inés Rey mobilizou máis de 800.000 euros este verán en 23 centros e reclama á Xunta un plan para a rehabilitación dos colexios públicos
98 vivendas públicas sairán a sorteo esta semana para acceder a alugueiros accesibles na Coruña e Ferrol
A Xunta sorteará 50 pisos no barrio de Xuxán e outros 48 no Bertón, cun 40% das vivendas reservadas para menores de 36 anos
Novo cambio no tráfico de Alfonso Molina: desde este mércores haberá un acceso que quedará pechado
As obras de remodelación da AC-11 obrigarán a modificar o acceso desde a rúa Lamelas e tamén cambiarán a localización de dúas paradas de autobús




