O Club del Mar da Coruña organiza unha masterclass gratuíta de defensa persoal para mulleres polo 25N

O Club del Mar de San Amaro celebrará o sábado 28 de novembro unha masterclass gratuíta de defensa persoal para mulleres con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se conmemora cada 25 de novembro.
A sesión, que será impartida por Kaizen Defensa Personal, desenvolverase entre as 10.30 e as 13.30 horas nas instalacións do club, no paseo del Club del Mar número 1 da Coruña. A convocatoria está aberta a todas as mulleres, tanto socias como non socias da entidade.
Durante a actividade traballaranse aspectos como a autodisciplina, os reflexos e a autonomía persoal, co propósito de reforzar a confianza e a seguridade das participantes.
Inscricións a partir do 9 de novembro
As mulleres interesadas poderán apuntarse desde o luns 9 de novembro nas oficinas do Club del Mar ou a través da súa páxina web. As prazas son limitadas.
A iniciativa enmárcase na programación arredor do 25N e propón un espazo de aprendizaxe práctica para achegar ferramentas de defensa persoal e fomentar a seguridade das mulleres.