Encarna Rodríguez Barca toma posesión como nueva subdelegada do Goberno na provincia da Coruña

GaliciaXa | ACoruñaXa
A docente, natural de Ponteceso, reuniuse con Pedro Blanco, que lle pediu unha Subdelegación eficaz, aberta e próxima á cidadanía e ás administracións
A CORUÑA subdelegada Encarna Rodríguez Barca
4 Nov 2026

A provincia da Coruña conta cunha nova subdelegada do Goberno. Encarna Rodríguez Barca reuniuse este mércores co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen lle deu a benvida ao cargo e lle encomendou continuar o traballo desenvolvido polos seus antecesores.

Durante o encontro, Blanco pediulle que traballe por unha Subdelegación «eficaz, aberta e próxima á cidadanía», así como ás administracións e institucións da provincia.

Rodríguez Barca naceu en Ponteceso en 1976 e é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade da Coruña, onde tamén cursou o Diploma de Estudos Avanzados (DEA). Exerce como profesora de inglés de educación secundaria desde 2002 e, na actualidade, é xefa do departamento desta materia no IES Eduardo Pondal de Ponteceso.

A súa traxectoria profesional estivo vinculada ata o momento ao ámbito educativo, antes de asumir esta nova responsabilidade na Administración xeral do Estado.

0.17738318443298