Novas de A Coruña
A negociación do convenio das axencias marítimas da provincia da Coruña queda bloqueada tras oito reunións sen acordo
A patronal mantén unha proposta de suba salarial do 2,7 % para 2026 e do 3 % para 2027, que a CIG considera insuficiente nun contexto de encarecemento dos prezos
Carlos Blanco compartirá na Coruña as claves do emprendemento nunha charla solidaria co cancro infantil
O encontro, organizado pola asociación Ágora Valor, celebrarase o xoves 19 de novembro ás 19.00 horas na Confederación de Empresarios da Coruña e apoiará a investigación da Unidade CRIS de Terapias Avanzadas para Cancro Infantil do Hospital La Paz
A Praza do Nadal de María Pita avanza nos preparativos dos seus cinco postos gastronómicos
Trece establecementos participarán na oferta gastronómica, que se renovará en tres quendas ao longo das festas
A Unidade de Queimados do CHUAC renova o seu selo de calidade e reafirma o seu papel como referente europeo
En 2025 atendeu arredor de 145 ingresos, realizou preto de 2.500 consultas externas e levou a cabo case 150 intervencións cirúrxicas
A folga de Renfe suprime sete dos dez trens diarios entre Ferrol e A Coruña
Os servizos mínimos garanten o 65 % das circulacións de Media Distancia e o 72 % das de Alta Velocidade e Longa Distancia
A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña esixe un calendario real para as obras do novo CHUAC
O órgano de representación dos traballadores rexistrou un escrito ante a Consellería de Sanidade para reclamar financiamento, solucións aos problemas de aparcadoiro e medidas urxentes fronte á saturación asistencial
O filme galego 'Garabato', de Alicia Úbeda, chega a ZINEBI tras a súa estrea internacional na India
A curtametraxe, a única produción galega seleccionada na sección Spain Shorts, proxectarase o 21 de novembro no Teatro Arriaga de Bilbao
O Seminario de Estudos do Valadouro presenta na Coruña o seu caderno número 20
A obra, asinada por Antón Xosé Meilán García e Carlos López Fernández, darase a coñecer o 18 de novembro na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
A Coruña recoñece seis proxectos destacados na XXXIX edición dos Premios Prismas
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega dos galardóns, que recoñecen traballos de comunicación científica en diferentes formatos e ámbitos
Fronte Ampla comprométese a nacionalizar a AP-9 e eliminar as peaxes
A formación defende que a nacionalización inmediata da infraestrutura permitiría evitar o pagamento de 3.400 millóns ás concesionarias ata 2048
ICONAS dá voz ao talento feminino con Elena Merlotti e Eugenia Tenenbaum nun encontro na Coruña
O proxecto de LesCoruña reunirá este sábado 14 de novembro, en A Tobeira de Oza, á artista e escritora italiana e á historiadora da arte galega para abordar a creación, a cultura e as perspectivas feministas en dúas conversas conducidas por Estela López
Fronte Ampla arrinca en A Coruña a campaña electoral para o 29N coa pegada de carteis
A candidatura, encabezada por Xosé Lois Piñeiro e con Trinidad Palacios como número dous, reivindica unha esquerda transformadora e a defensa dos dereitos sociais e laborais
Danza 10 e Tribo gañan os XXVII Premios Emprende Coruña, que reuniron catorce proxectos empresariais
A gala, celebrada onte no Club Cámara Noroeste, recoñeceu iniciativas vinculadas á innovación, a tecnoloxía e o benestar social e distinguiu o empresario Daniel Ramos Lobón como Padriño de Honra
O PSdeG sitúa a vivenda, as pensións e os servizos públicos no centro da súa campaña na Coruña
Inés Rey, Obdulia Taboadela e Bernardo Fernández participaron na presentación do cartel electoral de cara ás eleccións xerais do 29 de novembro, nun acto no que os socialistas advertiron dun posible retroceso en dereitos e liberdades
A Asociación Baltasar Pardal organiza en A Coruña unha charla sobre como envellecer con saúde
A terapeuta ocupacional e profesora da UDC Pilar Marante Moar impartirá a conferencia este venres, 13 de novembro, ás 19:30 horas, na sede da entidade
O persoal de Eulen que mantén os ríos para Augas de Galicia mobilízase ante o risco de perder os seus empregos
A CIG convoca unha concentración este venres diante da Xunta na Coruña tras anunciar a empresa a extinción dos contratos ao rematar a concesión
O PP presenta na Coruña as súas candidaturas para as eleccións xerais do 29 de novembro
Miguel Tellado sitúa entre os obxectivos da formación lograr un quinto deputado pola provincia e gañar nos 93 concellos
O Concurso de Escaparates de Nadal repartirá ata 24.000 euros entre os comercios da Coruña
Os establecementos poderán inscribirse de balde ata o 21 de novembro, cun límite de 400 participantes
O Banco de Alimentos busca mobilizar a provincia da Coruña para alcanzar os 200.000 quilos na Gran Recollida
A campaña celebrarase este venres e sábado en supermercados de toda a provincia
A folga xeral remata con manifestacións multitudinarias nas principais cidades galegas
Partiron ás 18.00 horas e estiveron convocadas conxuntamente polo Comité de Folga Territorial, a CIG, CCOO, UGT e a Plataforma Galega Vivenda Xa!
A folga xeral paraliza o porto e altera o transporte e o comercio na Coruña
Os piquetes concentráronse nas cocheras de Tranvías, A Grela, Sabón e os accesos portuarios, mentres miles de persoas participaron nas dúas manifestacións sindicais que percorreron o centro da cidade
Cancelado o concerto de Belén Aguilera previsto para o 29 de novembro na Coruña
A actuación ía celebrarse no Palacio da Ópera e a organización devolverá automaticamente o importe das entradas nun prazo máximo de dez días
A folga xeral deixa hoxe 48 autobuses en circulación na Coruña, o 53,93% do servizo habitual
A liña UDC 2 non prestará servizo, mentres que as conexións coa Universidade e os centros sanitarios contarán cunha maior dotación
As cámaras da Cidade Vella comezarán a controlar os accesos o vindeiro luns, pero non sancionarán inicialmente
O Concello da Coruña activa un novo portal para tramitar as autorizacións de vehículos na zona histórica e tamén na Mariña, O Parrote e Pescaría



