O Seminario de Estudos do Valadouro presenta na Coruña o seu caderno número 20

AMariñaXa | ACoruñaXa
A obra, asinada por Antón Xosé Meilán García e Carlos López Fernández, darase a coñecer o 18 de novembro na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
caderno-valadouro-2026-traizons-e-pranto-da-frouseira
15 Nov 2026

O Seminario de Estudos do Valadouro dará a coñecer o vindeiro mércores 18 de novembro o seu caderno número 20, unha nova publicación dedicada á investigación, á historia e á memoria do territorio. O acto terá lugar ás 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña (UDC).

O volume leva por título 'Traizóns e pranto da Frouseira' e está asinado por Antón Xosé Meilán García e Carlos López Fernández. A presentación contará coa participación de Miro Casabella, Delfina Ruibal, M.ª Isabel Andrade, Sara Petrizzo e Erea Estévez.

Esta nova entrega súmase ao labor que desenvolve o Seminario de Estudos do Valadouro para recuperar, preservar e divulgar o patrimonio histórico e cultural da comarca, a través de publicacións e iniciativas de investigación.

A edición conta co apoio económico da Deputación de Lugo e coa colaboración do Grupo de Investigación ILLA da Universidade da Coruña. O caderno número 20 continúa así a colección coa que a entidade contribúe ao coñecemento e á difusión da memoria e da identidade do territorio.

0.1496570110321