Educación
Educación e sostibilidade danse a man nunha xornada de portas abertas no IES Francisco Aguiar
O centro educativo de Betanzos reunirá o 16 de outubro alumnado, familias, profesorado, empresas e cidadanía para falar de economía circular e responsabilidade ambiental
Paderne reclama á Xunta comedores escolares nas unitarias para atender máis de 20 familias
O alcalde, Sergio Platas, denuncia a falta de resposta ás peticións municipais e alerta de que algunhas familias tiveron que matricular os seus fillos en centros doutros concellos
LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa | ACoruñaXa | FerrolXa
Os GDR galegos impulsan comedores escolares máis saudables e sostibles
Cociña, aprendizaxe e diversión para a rapazada de Paderne cun novo ciclo de obradoiros
'Cociña divertida' reunirá escolares de 6 a 16 anos durante catro sábados no Local Social de Quintas para descubrir hábitos saudables e produtos de proximidade
As familias de Coirós xa poden solicitar as axudas para material escolar e transporte do curso 2026/2027
O Concello reserva 11.500 euros para estas dúas liñas de apoio, con achegas de ata 150 euros para material e de ata 900 euros para transporte
As familias de Zalaeta esixen á Xunta os informes sobre o amianto e garantías para o alumnado
A comunidade educativa concéntrase ante a Delegación Territorial na Coruña para reclamar información sobre a calidade do aire e coñecer o estado das obras que continúan no instituto
O PSOE denuncia que as obras do IES de Pastoriza levan máis dun ano de atraso
Os socialistas de Arteixo reclaman explicacións ao Goberno local e á Xunta pola demora dun novo aulario de 2,1 millóns de euros previsto para xullo de 2025
Raíña Paraíso impulsa en Vilasantar un curso de iniciación á carpintería metálica
A formación comezará o 6 de outubro na Escola de Agricultura Ecolóxica e está incluída no Programa Rural e Lóxico VII
Arteixo ensinará a converter os residuos orgánicos da casa en compost para hortas e xardíns
O Parque Municipal de Monticaño acollerá o 2 de outubro un taller de iniciación á autocompostaxe doméstica con 15 prazas
O inicio do curso devolve o foco ás actuacións pendentes nos centros educativos de Cambre
Alternativa reclama atender problemas de mantemento, saneamento e seguridade e recuperar o Consello Escolar Municipal
As familias das escolas infantís municipais da Coruña volverán mañá a María Pita para reclamar certezas
A concentración será ás 12.00 horas e pedirá transparencia na licitación, estabilidade dos equipos e continuidade dos proxectos educativos
Carral crea un novo espazo para compartir experiencias sobre crianza en comunidade
O primeiro 'Encontro Crianza' será este sábado 26 de setembro no Centro Social de Ans e estará centrado no porteo e na creación de redes de apoio entre familias
O BNG reclama que os orzamentos de 2027 inclúan por fin fondos para reformar o CEIP de Prácticas da Coruña
A formación nacionalista leva ao Parlamento unha iniciativa para pedir un proxecto integral, un calendario de obras e un novo convenio entre Xunta, Ayuntamiento e Universidade da Coruña
As escolas infantís municipais volven á rúa na Coruña entre as protestas das traballadoras e as dúbidas das familias polo cambio de xestión
A mobilización deste xoves reclamou menos ratios, máis persoal e melloras educativas, mentres as familias preparan outra concentración para o 26 de setembro ante o relevo das empresas que xestionarán seis centros a partir do 1 de outubro
A Xunta anuncia unha reforma integral de 2 millóns para o Colexio de Prácticas tras novas protestas polo seu deterioro
A comunidade educativa volveu mobilizarse despois da caída de cascallos no patio e reclama medidas inmediatas mentres se tramita unha rehabilitación que non estaría rematada ata o curso 2028-2029
O futuro da FP Básica no IES de Carral chega hoxe ao Parlamento tras meses de conflito e sen chegar a impartirse
A Comisión 4ª de Educación e Cultura aborda este mércores as preguntas do PSdeG sobre a decisión da Xunta, a falta de espazos e a planificación dun ciclo que finalmente quedou sen alumnado suficiente
O BNG reclama á Xunta que corrixa o horario da ESO no CPI Castro Baxoi e cumpra a normativa educativa
Os nacionalistas denuncian que o alumnado perde 50 minutos lectivos á semana por unha organización condicionada polo transporte escolar e levarán a reivindicación ao Parlamento e ao Pleno municipal
Catro propostas gratuítas permitirán descubrir e protexer o litoral de Arteixo este mes de setembro
O Centro Mar de Sorrizo acollerá contacontos, obradoiros e actividades sobre vida mariña, ecoturismo e lixo no mar
Eventos
As escolas infantís de Oleiros seguen sen todo o persoal máis dunha semana despois do inicio do curso
O Concello advirte de que a falta de profesionais mantén reducidos os horarios e reclama á Xunta que cubra de inmediato as prazas pendentes
Carral reúne o 26 de setembro a xogadores de toda Galicia no seu XII Torneo de Xadrez de Verán
A competición celebrarase no Pavillón Municipal O Espiño e contará con categorías Sub-10, Sub-14, Absoluta e Mellor Local
Paderne volve reclamar un comedor escolar para as súas unitarias ao inicio do novo curso
O Concello considera o servizo esencial para facilitar a conciliación das familias e reclama que o alumnado do rural teña as mesmas oportunidades ca o resto
Teatro, pintura, olaría e artes plásticas toman protagonismo cun novo curso de obradoiros en Oleiros
A inscrición para as actividades infantís e xuvenís abrirá o 15 de setembro, mentres que os maiores de 18 anos poderán anotarse a partir do día 22
Cinco barrios da Coruña e Cambre encheranse de contos e actividades para fomentar valores sociais
'Cultura Veciñal' levará propostas gratuítas para familias a diferentes puntos da área metropolitana entre setembro e novembro
Galicia inicia o curso con máis docentes mentres o alumnado segue á baixa
O sistema educativo galego contará con 298.436 estudantes e unha cifra récord de profesores, mentres a Xunta anuncia 2,5 millóns de euros para a segunda fase da reforma do IES Eusebio da Guarda
Os sindicatos do ensino concertado cifran en máis do 60 % o seguimento da folga e anuncian novas mobilizacións
CCOO, FSIE, UGT, FeUSO, SNEP e CIG denuncian uns servizos mínimos «abusivos» e reclaman á Xunta a apertura de negociacións para mellorar as condicións laborais e salariais do sector









