A Garda Civil ensinará en Culleredo como previr estafas e outros delitos frecuentes

ACoruñaXa
As charlas, especialmente pensadas para persoas maiores, celebraranse os días 17 e 24 de setembro e tamén haberá unha sesión no Centro de Día
GARDA CIVIL XENÉRICA
15 Sep 2026

Previr estafas, roubos e outras situacións delituosas que poden afectar especialmente ás persoas maiores será o obxectivo das charlas que a Garda Civil impartirá nas próximas semanas en Culleredo. As sesións forman parte do Plan Maior de Seguridade e contan coa colaboración do Concello.

A primeira das citas terá lugar este xoves 17 de setembro, ás 18.00 horas, no Centro Social de Celas. Unha semana despois, o xoves 24, a actividade trasladarase ao Edificio de Servizos Múltiples, onde a charla comezará ás 19.30 horas.

O programa inclúe ademais unha terceira sesión, prevista para o luns 21 de setembro en horario de mañá, que estará dirixida especificamente ás persoas usuarias do Centro de Día de Culleredo.

As actividades pretenden ofrecer recomendacións prácticas para identificar situacións de risco e actuar ante diferentes tipos de delitos, así como facilitar pautas para mellorar a seguridade no día a día.

Desde o Concello animan especialmente ás persoas maiores a participar nestas sesións, nas que poderán coñecer de primeira man medidas de prevención e resolver dúbidas relacionadas coa súa seguridade.

A Garda Civil lembra que, ante unha emerxencia ou no caso de ser vítima dun delito, se pode contactar co corpo a través do teléfono 062. Tamén está dispoñible a aplicación AlertCops para comunicar determinados incidentes e solicitar axuda.

0.15995001792908