Asociacións
Seis proxectos sociais reciben o recoñecemento da Deputación polo seu impacto e innovación
Padre Rubinos, ASPRONAGA, AECC, Fundación Hospitalarias, POIG e Érguete foron distinguidas nos V Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais, dotados con 42.000 euros
ACoruñaXa
Case 200.000 euros para reforzar o labor de 39 asociacións veciñais e de mulleres rurais da provincia
A Deputación da Coruña publica a concesión provisional dun programa de axudas para melloras en locais sociais, eficiencia enerxética, accesibilidade e renovación de equipamentos
Seis entidades sociais renovarán a súa frota con apoio da Deputación para mellorar a atención a persoas vulnerables
O programa FOIEV 2026 mobiliza 264.796,57 euros para financiar novos vehículos adaptados, furgonetas e turismos de nove prazas destinados a servizos sociais e sociosanitarios da provincia
ACoruñaXa
A Deputación mobiliza máis de 625.000 euros para reforzar a igualdade desde as asociacións
A institución provincial dá apoio a decenas de entidades sen ánimo de lucro para impulsar proxectos de conciliación, emprego, empoderamento feminino e loita contra as violencias machistas, ademais de mellorar equipamentos e servizos
A ACR Collantres reforza a antiga escola de Queirís cun novo almacén auxiliar
A entidade incorporou unha construción anexa ao galpón exterior do seu local social, na Antiga Escola de Queirís, nunha actuación subvencionada pola Deputación da Coruña
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica leva ao Goberno a batalla polas indemnizacións do Pazo de Meirás
A ARMH rexistrou este venres, 13 de marzo, un escrito na Presidencia do Goberno no que pide sancións para a familia Franco polo uso durante décadas do inmoble de Sada e reclama que se combata a compensación económica recoñecida polo Tribunal Supremo
A Deputación abre 225.000 euros en axudas para asociacións veciñais e de mulleres co foco no rural
O prazo para pedir as subvencións remata o luns 16 de febreiro, ás 14.00 horas, e a tramitación faise por vía telemática a través de SUBTEL
A Mancomunidade de Ordes leva ás aulas a ‘Escola de Novos Cooperativistas’ para promover emprendemento con valores
O programa achégalle á mocidade o cooperativismo e a economía social con actividades prácticas e traballo en equipo, e arrinca con sesións en centros de Ordes, Oroso e Tordoia
A veciñanza de Eirís inicia unha rolda de xuntanzas para frear as expropiacións ligadas ao PIA de Monte Mero
A asociación Uxío Carré busca apoios e recolle sinaturas mentres alerta do impacto sobre 38 vivendas e arredor de 180 persoas
O Banco Solidario de Produtos de Apoio axudou en 2025 a 60 familias en situación de dependencia en Culleredo
O recurso, impulsado por Agaela e o Concello de Culleredo, presta de balde material como camas articuladas, grúas de traslado ou cadeiras de ducha e anima a aumentar as doazóns
Irixoa pon en marcha os 'Xoves de coidados' con saídas terapéuticas ao balneario de Guitiriz
O programa de envellecemento activo, en colaboración coa Deputación, ofrece unha xornada ao mes para persoas pensionistas de 60 ou máis anos con 30 prazas por sesión e un copagamento de 10 euros
Queirís acolle un curso de percusión tradicional con Kinhos o 31 de xaneiro
A ACR Collantres programa a formación na Antiga Escola de Queirís, en Coirós, con quendas para público infantil e para xuventude e persoas adultas
Betanzos baila por unha causa solidaria coa 'Xornada solidaria de Brigodanza'
O Edificio Liceo acollerá este sábado, 17 de xaneiro, dous pases ás 18.00 e ás 19.30 horas, con entrada baseada na doazón de produtos de hixiene e alimentos non perecedoiros
Bemantes abre inscricións para un curso de poda de inverno que arrinca o 22 de xaneiro
A Irmandade organizará sesións todos os xoves ás 16.00 horas con contidos sobre fruticultura, pragas, tratamentos ecolóxicos e técnicas de formación
Culleredo abrirá un proceso de diálogo para consensuar a venda de alcohol nos centros sociais
O Concello reunirase coas directivas para escoitar as partes e buscar fórmulas que compatibilicen convivencia veciñal, actividades infantís e o papel social destes espazos
A Compañía de Teatro El Ruiseñor celebra 20 anos de escenario
Nacida en 2006 e dirixida por Susana Crespo, a formación consolidou un selo propio impulsado polo éxito de 'A xuntanza', gañadora do premio á mellor representación no VII Certame de Teatro de Lourenzá
A Casa dos Xoguetes supera as 10.000 doazóns nun mes na Coruña
O centro solidario pechou a campaña con 8.837 xoguetes entregados e 1.275 reservados para entidades benéficas, ademais dun ciclo de obradoiros gratuítos con 117 menores participantes
'Cada Neno, Un Xoguete' pecha a primeira fase de Nadal con máis de 15.000 xoguetes entregados en Galicia
A campaña solidaria repartiu 5.000 unidades a entidades sociais e outras 10.000 a máis de 300 familias atendidas de forma directa
O Concello da Coruña doa a entidades sociais obxectos e diñeiro non reclamados da Oficina de Obxectos Perdidos
A cesión, tramitada pola Policía Local, inclúe moeda estranxeira e un amplo lote de utensilios que se entregará a Cáritas e a Fitas do Vento
O polígono dos Capelos recada máis de 700 quilos de alimentos e produtos de hixiene para 20 familias de Carral
Empresas do parque empresarial impulsaron unha nova campaña solidaria e entregaron as doazóns aos Servizos Sociais na semana previa ao Nadal
A Federación Veciñal da Coruña convoca unha xornada aberta sobre reciclaxe e o quinto contedor
A cita será o 18 de decembro, ás 19.00 horas na sede da entidade e participarán Luisa Varela, Yoya Neira e Rodrigo López
O Centro Cívico dos Mariñeiros acolle unha mostra dos obradoiros veciñais da cidade
A exposición abrirá o venres 19 de decembro desde as 17.00 h e reunirá traballos de cinco asociacións, con entrada de balde
Soavila Rural abre a aldea para todos: ‘Queremos recuperar o espazo comunitario e protexer a infancia’
O proxecto comunitario de Soavila Rural, en Carral, está impulsado por tres socias que combinan formación, traballo con animais e programas de apoio a colectivos vulnerables





