AcorunaXA
Oleiros acollerá a I Copa de fútbol afeccionado Deputación da Coruña
Participarán os equipos da categoría masculina e feminina gañadores das Copas oficiais da Federación Galega de Fútbol da provincia da Coruña
A UDC presenta a terceira edición do Anuario de Estudos Marítimos
O documento está dirixido polo Instituto de Estudos Marítimos da Universidade da Coruña
A Fábrica de Oleiros acolle a exposición de pintura 'Terra Medida' de Alfonso Sanjurjo
Sanjurjo, pintor coruñés; foi un artista das marxes, na súa obra predomina a xeometría como unha arte vencellada á terra
A Deputación pon en marcha unha campaña lingüística para homenaxear a Luísa Villalta
Inclúe obradoiros en centros de ensino e contadas infantís nas que se repartirá a novela de Villalta ‘Tinta do mar’, a realización dun vídeo e a distribución dun libro sobre a vida e obra da autora e unha gala no Teatro Colón da Coruña, o día 15 de maio
A Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC organiza unha charla sobre a paisaxe
A xornada está dirixida ao profesorado do Grao en Paisaxe, compartido pola Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela
Coruña revisará os acordos plenarios do ano 1962 que supuxeron a usurpación da Casa Cornide
O Goberno municipal contará cun prazo de seis meses para resolver a revisión de oficio dos acordos plenarios correspondentes ao ano 1962
Coirós establece a súa primeira comunidade enerxética
Dezaoito veciños do municipio constituíron o pasado luns a primeira comunidade enerxética do municipio
O PP de Culleredo denuncia o estado lamentable do paseo do Burgo días despois da súa apertura
Os populares lamentan que o alcalde José Ramón Rioboo non esixise ao Estado a entrega do paseo en óptimas condicións
Tito Asorey e Galder Varas protagonizan o Encontro Mundial de Humorismo o mércores e o xoves
O Teatro Colón será testemuña da obra de teatro de humor 'Go Home', que aborda, desde a comedia, o turismo de masas
Ademais, o 2 de maio Galder Varas, un dos cómicos máis celebrados do momento, aterrará con 'Esto no es un show', no que ofrecerá dous pases cuxos billetes están esgotados
Curtis impartirá durante maio e xuño unha formación para a comerciantes
Os cursos estarán divididos en catro sesións co obxectivo de formar a persoas dedicadas á profesión de comerciantes e vendedores durante os meses de maio e xuño
ACoruñaXa | OurenseXa
Down Galicia empregou a máis de 200 persoas gazas ao programa “Emprego con apoio”
O Museo de Estrella Galicia organiza unha cata de cervexas monacais o 17 de maio
O próximo #PlanazoMEGA ofrece unha gastroexperiencia de tradición centenaria, cun menú especial que inclúe queixo trapense e Rillete elaborados por monxes, ademais de pratos inspirados en receitas monacales creados polos chefs de Pracer e Habaziro
ACoruñaXa | OurenseXa
Os sindicatos convocan manifestacións nas principais cidades polo 1 de maio
As cidades galegas vivirán unha xornada intensa de manifestacións polo Día Internacional do Traballo
A UDC celebra a inclusión do CITEEC e CICA na rede de excelencia de centros de investigación galega
A axenda co gallo das Letras Galegas, as modalidades docentes, a toma de coñecemento das táboas de ponderación da ABAU 2025 ou o cambio na Oficina de Medio Ambiente foron outros dos temas tratados na reunión do Consello de Goberno da UDC
Oleiros manterá pechado o novo tramo do paseo da ría mentres non se conecte co Paraíso e O Seixo
Por seguridade mentres non se constrúan os tramos de paseo do Paraíso e O Seixo, o Concello manterá pechado os accesos ao novo tramo de paseo
Coruña amplía o número de usuarios con iPhone na fase de proba do pagamento dos buses
A fase de probas arrincou a semana pasada coa apertura inicial da nova aplicación móbil a un milleiro de usuarios de iOS. Este cupo cubriuse en só 24 horas, sen que se rexistrasen incidencias técnicas ata o momento
O BNG da Coruña pide axustar o crédito do IMCE para saldar débedas sen afectar aos orzamentos
A proposta de crédito extraordinario non foi levada finalmente ao Pleno polo Goberno Local ao constatar que non contaba co apoio do BNG. “A alcaldesa non pode seguir actuando como se tivese maioría absoluta”
O PP da Coruña levará ao Pleno unha moción para que o Concello licite os contratos das instalacións deportivas
O partido denuncia que todas as instalacións deportivas municipais están co contrato caducado
Betanzos amplía os horarios dos campamentos de verán coa fin de favorecer a conciliación
Os campamentos serán para nenos e nenas empadroados en Betanzos e de municipios da comarca a condición de que queden prazas dispoñibles
Jordi Moltó protagoniza a xornada deste martes no Encontro Mundial de Humorismo 2024
Tamén haberá debate aberto ao público sobre os asuntos máis polémicos e delicados do mundo no humor no Auditorio da Sede Afundación da man de Alberto Olmos, Dani Alés, José María Rodríguez e Luis Álvaro
ACoruñaXa
A Asociación Española Contra o Cancro da Coruña pon en marcha os Clubs de Saúde
A iniciativa, deseñada especialmente para contornas rurais, pretende contribuír a mellorar os niveis de saúde integral das persoas participantes e achegar ferramentas para fomentar un maior benestar físico e social
ACoruñaXa
Invístense 775.000 euros no gasto de persoal das oficinas de turismo de Provincia
Beneficiaranse 48 concellos de menos de 50.000 habitantes, que recibirán axudas de entre 10.000 e 20.000 euros
Coruña comeza un tratamento preventivo en 85 palmeiras para facer fronte o picudo vermello
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas e o carreiro da Estacada
O venres 3 de maio terá lugar a XXIV edición do Correlingua
Un milleiro de nenos e nenas participarán nesta nova edición da iniciativa que pretende manter moi viva a lingua galega entre as próximas xeracións
A DOMUS foi o pasado sábado escenario do Congreso Científico inKrustado da UDC
Un centenar de participantes do proxecto Incrúst@te déronse cita no Museo para defender a súa experiencia ante a mirada de familiares, visitantes e un tribunal externo




