PP e BNG frean a addenda do convenio para a cesión do polígono de Pocomaco

ACoruñaXa
A súa aprobación regularizaría as parcelas facilitando a concesión de licenzas nun polígono que aínda ten pendente a cesión das súas vías ao Concello desde a súa construción
Polígono-Pocomaco-Coruña
Polígono-Pocomaco-Coruña
2 may 2024

No pleno celebrado este xoves no Concello da Coruña, o PP e o BNG impediron a aprobación da addenda ao convenio cos empresarios de Pocomaco para a regularización do polígono.

O Goberno municipal chegou a un acordo coa dirección dos empresarios de Pocomaco para poñer fin a unha situación irregular que dura xa máis de 50 anos. Dito acordo permitiría unha mellora substancial do polígono con investimentos públicos e privados, garantindo así o desenvolvemento futuro da área industrial.

Ademais, a súa aprobación regularizaría as parcelas facilitando a concesión de licenzas nun polígono que aínda ten pendente a cesión das súas vías ao Concello desde a súa construción.

Sen embargo, o voto en contra do PP e a abstención do BNG á addenda ao convenio, dificultan así a regularización do polígono acordada entre o Goberno municipal e os representantes dos empresarios.