Villa Melania (Culleredo) acolle o xoves un coloquio sobre o enfoque no acoso escolar para familias

ACoruñaXa
O coloquio terá como voces principais a Ana Rivera, jeda do departamento de Orientación do IES Eduardo Blanco Amor, e Iván Carril, formador do Plan Director da Comandancia da Garda Civil da Coruña
Imaxe recurso estudos
Imaxe recurso estudos
30 abr 2024

O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coas ANPAS dos centros educativos do municipio, unha serie de coloquios formativos para familias. O primeiro xa tivo lugar o pasado xoves baixo o título ‘Como poñer límites en idades temperás’. O seguinte terá lugar este xoves.

Para esta ocasión, Vila Melania volverá ser escollido escenario para a segunda destas actividades. Este xoves, 2 de maio ás 19.00 horas, todas as persoas interesadas en asistir poderán inscribirse no 981 65 00 77 ou de maneira presencial no Pazo de Vila Melania.

Como relatores, Ana Rivera, xefa do departamento de Orientación do IES Eduardo Blanco Amor, e Iván Carril, formador do Plan Director da Comandancia da Garda Civil da Coruña.

Coincidindo co Día Internacional Contra o Acoso Escolar, o principal obxectivo desta charla é dotar de ferramentas ás familias para loitar contra este tipo de situacións. Tamén o é o xerar espazos de convivencia, difusión da información e creación de experiencias en común.